A historia do Concello de Narón está directamente vencellada co esforzo realizado desde a Administración local para coñecer o pasado da que hoxe é a oitava cidade de Galicia. Foi precisamente este Consistorio pioneiro a nivel autonómico en crear unha historia factográfica, isto é, partindo das súas propias fontes documentais. Hai que remontarse ao ano 1987 para situarnos nos tempos nos que os labores de investigación do pasado desta localidade se intensificaron grazas á decidida aposta económica do goberno local naronés, que non escatimou recursos para paliar a falta de estudos sobre a historia da cidade. MARIÁN FERREIRO DÍAZ, ALCALDESA DO CONCELLO DE NARÓN