Nosas Tradicións Celtas do Ciclo de Inverno. Samain, Magosto e o Carballo do Couto de Pedroso

 MOZOS E  CICLO DE INVERNO

ANTECEDENTES

2 paneles magosto( mesa)Quintá y maio castro de Vilasuso (tejadillo) para imprenta

BANDAS E ROUBETAS

 Galiza é Berce dos Celtas da Europa Atlántica

O Território Político celto-atlántico -chamado Treba, “Tribo” ou Toudo [Túath] “Povo, Estado”-  e o seu , “rei”, contavam en Galiza e en toda a Europa Celta con un exército permanente, o *corio voz que provén de *co “xuntos”, e *wiros, “mozos, xóvens”, integrado por moços solteiros, dentre 14 e 20 anos de idade organizados em confrarias, baixo o mando de xovens nobres.

Corio do Castro de Vilasuso e peza do xogo celta de Fichel representando a Bandua de Bande

Corio do Castro de Vilasuso, O Val, Narón, realizado polo artista profesor de Belas Artes, Carlos Alfonzo baixo a miña dirección, para Camiños Milenarios, O Val, Narón,  transcorrendo a acción a véspera do Samhain 1º de Novembro. A dereita  ficha de marfil do xogo  de estratéxia chamado Fichel  [orixe do Xadréz segundo monstrei , fai uns anos, representando, segundo o penso (Pena Graña), o ari, corono, ou breno, “nobre príncipe”, “Xefe do Exército“, ou “Xeral” celta, vestido coa corda no peito,  atributo do deus celto-galaico artífice da estratexia bélica, tamén no xogo, asociado  a Marte (Deo vexil[orum] Martis socio Bandua:  Bandua [Rairíz da Veiga]), raíz *bhend “atar, ligar”  “o que ata”, ou “o que se ata[para morrer loitando de pe]”.  O lugar do achado, Bande, consagrado au deus da milicia, Bandua non é inocente. Sendo o fichel xogo de estratexia e das artes da guerra,  practicado pola aristocracia guerreira,  Non é casual que a extraordinaria, refinada e luxosa peza  proceda de  Baños de Bande (seica lugar de asueto termal do corio galaico) imediato ao campamento militar galaico-romano de Aquis Querqennis posiblemente da Cohorte I Gallaica ( em realidade unha Vexillatio de cabaleiría e infantería) . Non coñocéndose ningunha outra, nin sequera o taboleiro,  a aparición desta ficha, unica no mundo antigo, permítenos identificar este xogo.  A marabillosa peza ex more céltico, pars pro toto, é o testemuño do xogo do fichel ou xadréz, seguramente orixinado en Europa, moi estimado na sociedade celta, irlandesa escocesa e galaica [ Norte de Portugal Galicia e Asturias]. Esta peza polo arriba exposto sería a correspondente ao rei. A sofisticación e bela factura da ebúrnea ficha ilustra a alta consideración social dos xogadores profesionais de fichel ou xadrez celtas, consideración sinalada en Irlanda con prestixiosos xentilicios: Mac Ficheallaig, ou McFeeley, “fillo do xadrecista”. O Ficheallaigh, “profesional do xadrez, campión de fichel”, tiña entre os oficios na xeraquizada sociedade, Áes Dána, “Xente das Artes”, cos arpistas e fístores (bardos) elevado rango,  ocupando postos honrosos na corte real e nobreza celta, irlandesa e escocesa.  Os reis das trebas e toudos, e principes celtas tiñan ben pagos seus mestres de fichel. Se campion de fichel ou axedrez é unha das profesións declaradas polo politécnico Lugh [“Brillante”, epíteto como Bandua ou Coso, do Marte galaico]-. A ficha de Baños de Bande ten enorme importancia permitindo establecer a identidade entre o fichel e o xadrez -resultando outras atribucións, indocumentadas especulativas-. Sen dúbida os conservadores do Museo de Ourense tomarán nota.

BANDUA, BANDAS, BANDIDOS E BANDEIRAS

Estas bandas atuaban como polícia da crica, “fronteira”, unha parte do ano, no verán, e outra parte do ano, no inverno, colocándose fora da lei, se adentrando trás a crica inimiga, para vingar as mortes dos seus compañeiros, saldar dévedas pendentes e, se facendo cunha dote para o casamento, cometer roubetas de vacas e gando menor. A compañia adotando como vexillum, “bandeira”, animais simbólicos, como o lobo, o porco bravo, o cervo, a pita do monte ou a serpe, resaltava seu juvenil mortífero caráter. Así as describe Diodoro:

Hai um costume peculiar entre os Iberos e os Lusitanos segundo o cual chegando os xóvens à idade adulta, aqueles que destacam polo seu vigor e o seu denodo vendose mais faltos de recursos, reúnense cheos de valor, e ben armados, no alto dos vizosos montes, constituíndo ali considerávels bandas, recorren a Ibéria acumulando riquezas pelo roubo ao que se dedican con a maior destreza.

Similares aos outros grupos indo-europeus, germanicos [mannerbund], latinos, gregos, etc., as bandas celtas vivindo coma lobos, roubando e fazendo incursións –como os Hirpi Soriani desde a montaña de Soracte-, consagradas ao deus infernal, levaban unha vida marcial, aventureira e licenciosa, inda  na Europa do Medievo, estudando Duby este mozos errantes na França Medieval e López Ferreiro en Galicia referindo que “nin as mesmas cidades, inclusive a de Santiago se viram libres dos atentados daqueles foraxidos”.

DEO VEXILORVM MARTIS SOCIO BANDVAE

Diodoro non menciona expresamente (os engloba con os lusitanos) aos xóvens galaicos, pero non fai falta, en Rairiz de Veiga, na Limia, o epígrafe Deo Vexilor[um] Martis socio Banduae “Para Marte Socio de Bandua,  Deus dos Estandartes [das bandas]”, proclama a existencia das bandas e das vexilla, bandeiras. Tiñan estes mozos por patrón a un campeón, invocado cós epítetos, Coso ou Bandua  ‘socio Martis‘ -‘socio de Marte’, como quen dis un igual. Bandua, significa “o que ata”, “que vai atado”, “que se fai atar”,  como o amosa a iconografía (real probe) da ficha de fichel ou axedrez.

Bandúa é un óptimo patrón, as bandas ou cofradías non o podían escoller mellor. A raíz  envolve unha idea vinculante *Bhend “atar” [Blanca García Fernández-Albalat] (da que procede psbl. o vocablo venda ‘para atar as feridas’] reiterada na iconografía galaica e Irlandesa, e na ‘haxiografía do deus celta’ que ao tempo que ata ao grupo que o sigue ao combate, ata ao corio da treba a sua bandeira o vexillum, e, seguramente -sendo Universal Religión Celta– , ferido de morte como o Cuchúlainn irlandés se ata, a unha pedrafita para morrer de pé.

Bandua, raíz *bhend, "atar", o que se ata [para morrer loitando de pe]. As bandas de bandidos e os bandoleiros estan atadas ao seu xefe. O mesmpo poder vinculante o teñen os vexilla ou bandeiras. A título de curiosidade os cabaleiros crearan en tempos de Alfonso XI, a Orden da Banda

Bandua, segundo a doutrina consagrada, raíz *bhend, “atar”, o que se ata [para morrer loitando de pe], representado seguramente a esquerda, nunha ficha do xogo celta de Fichel, antepasado do axedrez, atopada en Baños de Bande, xunto ao río Limia. Centrado, Cúchulainn morre loitando de pe atado a unha pedrafita [o  lugar do pasado pagano foi ocupado por San Roque e San Sebastian, no presente cristián (Pena Graña)]. Igual que as bandas de bandidos e os bandoleiros se atan ao seu xefe as bandeiras ou vexilla, se caracterizan polo seu enorme poder vinculante. A título de curiosidade os cabaleiros crearan en tempos de Alfonso XI, a Orden da Banda

O deus da guerra inspirador das bandas celtas e xermanas  loitando polo seu pais e  seus camaradas, morre. Axiña resucita, e rescatando aos caídos, os conduce ao Paraíso. Do Bandua celtogalaico derivan as voces bandidos grupo organizado de xente armada con fines delictivos’banda, grupo organizado de xente armada’,   en Galego-Portugués e en Castelán bandeira, lat. vexillum, estandartes con enorme poder vinculante -equivaldrían hoxe as cores dun club de futebol- sobre as bandas ou vexillationes. E porque o pasado da sabor ao presente, lembro a título de curiosidade que casualmente chámase “da banda” a orde de cabaleiría de Afonso XI, e “da banda“, as dobras que nos reinos de Galicia, León e Castela, lembran esta orden

Dobra de ouro 'da Banda' do rei de Galicia, León e Castela Juan II

Dobra de ouro ‘da Banda’ do rei de Galicia, León e Castela Juan II (1406-1454)

Aos, reis e nobles e oficiais militares gustalles moito locir as bandas – como a que lle quitou o capitán trasanqués Alonso Pita da Veiga en Pavia o rei Francisco I de Francia.

[…]I fuisteis en prenderle, juntamente con las otras personas que le prendieron, i uos le quitasteis la manopla hizquierda de su arnès, i una vanda de brocado que traia sobre sus armas, con quatrro Cruzes de tela de plata […] de lo qual el mismo Rei de Grancia hizo fee, i testimonio, por una cedula suia firmada de su propia mano […] in Gándara p.450

E lembrando a banda engolada dos Freire ou Andrade, con antecedente áureo na fibela luso-galaica de Braganza con representación dos traballos de Hércules, remato o tema das moinantadas dos mozos que cesaban cuando  herdando as terras á morte dos seus pais se integraban como labregos propietarios na Sociedade da Treba [Grád Túaithe].

Mesnada Altomedieval. Beato de Liébana. Biblioteca Morgan

Mesnada Altomedieval. Beato de Liébana. Biblioteca Morgan. Obsérvese a pervivencia da vexillatio celta.

Nas unidades militares celtas existía unha figura do campión, arco ou argo [c/g], representado na arte, usualmente espido, e representado cunha banda atada ao peito, como na ebúrnea ficha [raíz incerta que alude seguramente ao feito de afincar, poñer de pé] de Baños de Bande.  Simbolizando a banda que se ata para morrer de pé. O deus celta Bandua -foi substituido no presente cristián [noutro lugar explicareilles como] polas figuras de San Roque e de San Sebastián [figuras que sempre aparecen asociadas, así na arte como no culto, incluso compartindo un mesmo camarín no retablo da igrexa ou capela]. Dende entón as bandas son sempre moi caras aos militares.

Infanteria celtogalaica de élite. Por Carlos Alfonso, asesorado por A. Pena. Desenho para a Película Galaicos

Argos, ou campión. Infanteria celtogalaica de élite. Por Carlos Alfonso, asesorado por A. Pena. Desenho para a Película Galaicos.

SI O CELTOGALAICO BANDUA TEN A OSTE ATADA, AO XERMANO ODÍN  COSTOULLE UN OLLO DA CARA

 Famoso condutor de exércitos é o solar deus dos xermanos Odin [a raíz ódr, con ‘ð‘ aspada, envolve a idea de frenesí guerreiro, de desatada violencia, de tolemia, e de furia] con un só onividente ollo, por sacrificar o outro ao gigante Mimir guardián da fonte proxima ao freixo de Ygdrassil [senpre en Galiza un carballo, árbore a carón dunha fonte que en Pedroso se chamaba no S. XII, Fonte de Gaván  (< Gaw[arji]and), e logo Fonte do Carballo, e Fonte de Auga Quente], para beber a agua  do coñecemento que lle custou un ollo da cara.

Aasgaardreien, por Peter Nicolai Arbo, 1872. Nasjonal galleriet. Oslo

Aasgaardreien, por Peter Nicolai Arbo, 1872. Nasjonal galleriet. Oslo

FREIXO DE YGDRASSIL, CARBALLO DE EDRATIL

Esus, Paris, pilier_des_nautes_mus_cluny

Esus. Baixorelevo  formando parte do monumento chamado Pilier des Nautes, achado baixo a Catedral de Notre Dame de Paris. Como precursor de Xesús, O bendito Esus (o Sol) celta corta as táboas, o madeiro  onde será cravado, aceptando de modo vontario a súa morte, garantíndonos coa sua resurrección a Salvación

Esus [pp, 61-165] “, O Bon, encarnaría” -Pena Graña- entre os Galos a idea do deus que voluntariamente acepta a súa morte e véncea logo, renacendo vitorioso de entre os mortos, escena representada nun baixorrelevo de Trèves onde […] sobre a árbore por él tallada figuran tres ánades.

O […] solar deus crepuscular Esus (se a idea é tolerable), aceptando intencionalmente e de bo grado a súa morte, feito suficientemente transcendente para que a plástica celta expresamente o representase coa súa propia brosa ou machada desgaxando, non invitus, voluntariamente da Árbore da Vida as madeiras nas que [este precursor do noso Señor Xesucristo, si é tolerable a comparación] ía ser non pendurado senón cravado e logo alanceado no corazón, para que coa súa deliberada morte e posterior posterior resurrección a Terra, a Treba, o Teuta, o País, renovase os seus froitos e se reconfortasen os homes coa promesa certa da inmortalidadeposterior resurrección a Terra, a Treba, o Teuta, o País, renovase os seus froitos e se reconfortasen os homes coa promesa certa da inmortalidade 197. Esus trier
Esus, o brilante xoven heroe solar, comparable ao Agni 198, ao Lume 199 fillo de Deva, ao sumo “Deus”, ao puxante sol nacente que elevándose como poderosa lapa no verso védico quitaba o mal do mundo

promptema Agni

KRIOPHOROS HERMES, AGNI DEVAI, AGNUS DEI, ANCOM. O bendito lume, Agni, lat. ignus, -i, por corrupción da linguaxe cedeu o seu lugar a un Agnus, un año. Pero non é un añal calquera: o Agnus Dei qui tollis pecata mundi, como no verso védico: “Adoremos a Agni (o lume) o fillo de Deus, de Dyaus (Diváh sisus), o Fillo da forza, Arushá, a brillante luz do sacrificio” […] . Pola confusión Agni/Ignus/Agnus ,  o mozo brillante heroe solar, o Agni, o nacente sol que elevándose como poderosa chama no verso védico quitaba o mal do mundo, convértese por deturpación da linguaxe nun año destinado ao sacrificio cando o vello mito na longa viaxe das fábulas, no seu paso de Europa á India, perdeu o seu prístino frescor e sentido. E por este Camiño  de conversión do Agni,’lume’, en Agnus, ‘añoo, recibiron o noso San Juan e o propio Jesucristo  seus atributos solsticiais, por compartillar ambos a solar simboloxía  e o común destino do sacrificial añal, sendo, en calquera caso vítimas inocentes. Agni, o lume bendito e cheo de virtudes, persiste aínda en Galiza no noso Leño de Nadal .

forxou iluminando a exemplar vida do galileo a simboloxía que o cristianismo atribúe ao año destinado ao sacrificio (200) cando, tras un posible longo viaxe desde a India ata Europa -ou seica desde Europa ata a India?- o brillante Agni, fillo de Deva, inocente vítima do seu anual sacrificio, legou no século IV os seus flamíxeros atributos do ano solar tanto a San Xoán como ao seu dobrete solsticial, ao propio Xesucristo, compartindo ambos entón baixo a simboloxía dun ardente año, dun agnus, os incandescentes atributos do agnis sánscrito e do ignis latino.

Odín Santa Claus - Cópia

Fonte: wytchofthenorth.wordpress.com

Entre os xermanos Odín, solsticial deus solar, crepuscular condutor de mortos, señor do fantasmal exército rumo cara ao Outro Mundo, sucesor de Tyr, representando ao ceo coa sua azulosa capa e co seu só ollo, co seu solar omnividente ollo, tras dar na súa mocidade a Mimir como prenda o outro ollo a cambio do dereito a beber no delicioso manancial da sabedoría -pois ao sempre politécnico deus solar agrádalle sabelo todo aínda custándolle un ollo da cara-, foi de xeito similar, segundo o poema Hávamál, aforcado na Árbore do Mundo 201.

Freixo de Ygdrassil. A Árbore da vida dos xermanos.

Freixo de Ygdrassil Árbore da Vida dos xermanos. Desenho do manuscrito islandés do século XVII AM738 4to, do Instituto Arni Mágnússon. Islandia. Ex Wikipedia sub vocabulo Ygdrassil. Documentamos  o freixo de Ygdrassil, do mito xermano, convertido en Narón no Carballo de Edratil no século XII, nos límites de Doso, non lonxe da fonte  chamada ‘ do Carballo’, e  [pola Passio de Odín,  Ga(argi)and>], fonte Gaván, e  Fonte do Carballo de Auga Quente” cuatro séculos despois [cecais por corresponder, como o amosan as Castigas, a voz Fonte Fria,  á Fonte da [A]Moura. Para visitar este Carballo de Edratil, desviabanse pola Ponte de Pielas, un ramal do Camiño Francés, os peregrinos xacobeos do Camiño do Norte, ou normando, na Idade Media

PONTE DE PIELAS E CAMIÑO FRANCÉS DAS ÁNIMAS

Pola ponte medieval de Pielas, reedificada na Idade Media tal e como hoxe a coñocemos, se desviaban no século XII, polo chamado “camiño francés das ánimas”, vía secundaria do Camiño Francés os peregrinos que facían o camiño costeiro do Norte por Cedeira, dende Inglatera, Normandía, e Flandes.

Ponte de Pielas, no camiño francés das ánimas. Doso

Ponte de Pielas, no Camiño Francés das Ánimas en Doso, Narón. Peregrinos celtas das Illas Británicas, irlandeses, galeses, escoceses, bretóns, os mencionados anglonormandos, xermanos, francos e nórdicos, procedentes de Porto do Cabo ou de Santa Mariña do Monte, tiñan motivos para pasar polo Camiño das Ánimas cara a Ponte de Pielas. A razón  do desvio, a Fonte Gavam e o Quercus Edratil,  estaba a menos de dous kilómetros da ponte, nun lugar entre Carballo Furado, Santá e Bustelo.

¿Por qué se desviaban os peregrinos? porque o paso pola Ponte de Pielas, segundo o penso, estaba vinculado a celebérrima árbore sagrada do Paraíso, para os pobos celtoatlánticos o Carballo de Hy Brasil, o Freixo de Yggdrasil para os xermanos, cuxo poder e forza a facía o centro do mundo,  o sacrosanto Quercum Edratil,  ou “Carballo de Edratil”, que rexistra acoutando o couto de Pedroso, Don Alfonso VII,  o rei de Galicia criado en fosterage en Trasancos, no ano 1120

Munia Froilaz con o Rei de Galicia Afonso Raimúndez na Villa Quintana. Quintá, O Val (Narón).

Munia Froilaz con o Rei de Galicia Afonso Raimúndez [escena trasladada a Uilla Quintana. Quintá, O Val (Narón]. O Ygdrassil galego aparece mencionado nun cirógrafo -un documento real redactado en primeira persoa- do ano 1111 do rei de Galicia Afonso VII, o rei da divisa do León de Galicia, que sería Totius Hispaniae Imperator, nun dos dous acoutamentos do Mosteiro de Pedroso que o noso rei fai “[…] pro Deo amore et partim commotus tui obsequio et dilectione” a Dona Munia Froilaz, monxa hirmá do seu titor o conde de Trava Don Pedro Froilaz. Na ilustración de Carlos Alfonso, o xoven rei Alfonso Raimundez, corre aos brazos de Munia Froilaz, na porta [aquí por motivos didácticos] da  Uilla Quintana, “Quintá”, en presencia do conde don Pedro Froilaz, seu hirmao, e titor do rei, do fillo de este, Fernando Perez de Traba, primeiro conde de Trastámara, e do can Ulgario.

Et per [fonte] Gaván [*gaw(argj)and] et inde ad quercum Edratil, et revertitur aquam Iuvie

QUÉ É O QUERCUM EDRATIL?

Odín aforcou voluntariamente, como Xesús, para resucitar e conducir ao Asgard, da cabalo de Sleipnir, aos heroes mortos. Pendurouse do Freixo de Ygdrassil nove noites, ata que aburrido lle arrancou unha pola e fabricando unha lanza perfeita lla  fincou en seu corazón.

wolodinhanging (1)

Nos lindes do acoutamento do Mosteiro de Pedroso feito polo rei se menciona con claridad facendo de marco divisorio a celta Árbore da Vida, Edrasil:

et per (fonte) Gavam et inde ad querquum Edratil“.

Non era este un carballo calqueira. Chamada a árbore cuatro séculos despois Carballo da Auga Quente, a sua sombra acobillaba, como en Guernica, o conventus publicus vicinorum do couto do mosteiro de San Salvador fundado en 1111 por Munia Froilaz, himán do titor do rei emperador Alfonso VII,  elexíndose baixo as suas ramas os alcaldes de vara de Pedroso todavía no século XVI. E tamén-como se aforcou Odín-  aforcaba nel os malfeitores.

San Bonifacio corta o Carballo de Donar ou Thor en Hesse, edificando no seu lugar unha capela dedicada a San Pedro. Por Emil Doepler, ilustración ca. 1905. in Walhall, die Götterwelt der Germanen. Martin Oldenbourg, Berlin. Page 16 Fonte: Wikipedia sub uocabulo "Roble de Thor"

San Bonifacio corta o Carballo de Donar ou Thor en Hesse, edificando no seu lugar unha capela dedicada a San Pedro. Por Emil Doepler, ilustración ca. 1905. in Walhall, die Götterwelt der Germanen. Martin Oldenbourg, Berlin. Page 16 Fonte: Wikipedia sub uocabulo “Roble de Thor”

AFORCAMENTO DE XEROME FRANCOS

 E do carballo pendurou un peregrino francés Xeromé Francos que optou, por algún motivo, botar raíces e  establecerse en Pedroso,   -un testigo ocular que depon no Apeo de Pedroso de 1549 dice que “veu alí aforcar a un francés e aforcouno a xusticia posta por Ares Pérez de Villadonga prior do mosteiro de Pedroso”-. Xerome Francos fíxose criado  dun tecelán de mantas da fraga de Narahío, e por motivos desconocidos presuntamente matou ao seu patrón. Patron, é vocablo que provén de pater,  “pai”, no Antigo Réxime a morte do señor natural é penalmente un parricidio, un dos tres terrivels delitos, que con a violación e a traición, se paga na Idade Media coa pena de morte. Encerrado nunha gaiola, na torre do prior do Mosteiro de Pedroso,  confesou baixo a terrible tortura do delgado chorro de agua caendo da alta billa sobre o inmovilizado Xerome Francos con ‘troncos e prisións, grilos e cadeas de ferro e unhas esposadas’ chamada trono ou torno.  E reo convicto de homicidio, foi conducido por Garcia Rodríguez morador de Santá (Doso), pai de Xan do Pereiro fora do confín da parroquia de Pedroso, do territorio da comunidade, segundo unha ancestral tradición provinte da Idade do Ferro que conta Estrabón (III. 3. 7)   “a outra parte do dito río de Jovia sobre o Camiño Francés onde dicen Santan (Santá) e alí sobre a Casa da Costa arriba, no monte do Seixo, feligresía de Doso”  ao chegar ao mítico Quercus Edratil tamén chamado Carballo de Auga Quente e  Carballo Furado, no couto de Pedroso [dito couto, como veremos noutro lugar, comprendía varias parroquias], pero ao outro lado da crica, “fronteira” da anterga feligresía de Vineola [Pedroso], por orde do prior Ares Peres que tiña dereito de forca e coiteloo Xustiza maior García Rodríguez aforcou o infelíz Xeromé Francos na milenária árbore, tal vez similar en porte a aquel carballo consagrado a  Donar ou Thor que cortara en Hesse San Bonifacio.   

 VIRTUDES DA AGUA DA FONTE DO CARBALLO

Entre os actuais topónimos de Carballo Furado, Santá e Bustelo, ergeu un día a árbore do Mundo chamada Yggdrasil polos xermanos, a árbore do Paraíso, que os celtas situaban na bretemosa illa atlántica Hy Brasil, Hy Breasil, Hy Breasail, Hy Breasal, Hy Brasil, o Brasil. A árbore onde, segundo os Eddas,  aforcou o deus Odín, desapareceu hay moitos siglos. Pero a memória perdura  na Fonte do Carballo.

Fonte do Carballo, sempre con moito caudal, e agua excelente reputada de moitas virtudes.

Fonte do Carballo, sempre con moito caudal, e  excelente agua reputada de moitas virtudes. A Memoria do noso Carballo de Edratil ten este monumento en Narón, entre Pedroso e Doso. A Fonte do Carballo feitoa polo artista pontevedrés Xurxo Barreiro, “Xobaba”.

E O ODÍN DO PASADO PAGANO CONVERTIUSE NO PRESENTE CRISTIANO EN SANTA CLAUS

Do mesmo modo que hoxe lembra a monumental Fonte do Carballo de Narón  a memoria do Quercus de Edratil onde aforcara Odín, do “Carballo de Auga Quente” onde os veciños escollían Alcaldes, da  Árvore da Vida,  que atraendo peregrinos no camiño francés do Norte -e para un francésresultou  atracción fatal- ,  Odín e tamén lembrado, como Xesús cada nadal, pois os cristián xermanos o converteron, como sinalou George Harley McKnight en 1917,  en o famoso Santa Claus, Sinterklaas ou St. Nicholas.

Santa Claus @ Macys Thanksgiving Parade

Santa Claus @ Macys Thanksgiving Parade

Que toda a Europa Atlántica celebre nas mesmas datas, separadas por periodos de noventa días, as mesmas festas celtas non é casualidade. É, segundo o penso, cousa dos cregos. Dos cregos do Pasado Pagano, e, tamén, dos cregos do presente cristiano.

Chamados seguramente Durvedes em Gallaecia, Tal vez [significando psbl. durv “agua”, véxase comparativamente a voz celta duvra, “río”,  e *uid “coñocemento, sabiduría”, cecais mantendo nosa epígrafíaa  original denominación alusiva ao coñecemento pola agua sinalada ao falar do manantial de Mimir], os “Druidas” eran a clase máis influinte e poderosa da sociedade Celta. Acostumaban as familias nobres de todas e cada unha das as trebas, “bisbarras/tribos” da Europa Celta, dar estudios aos fillos segundóns era unha honra para as suas Casas según conta César,  mandándoos a formar en centros  escollidos pola sona e prestigio dos profesores de Inglaterra e as Galias durante vinte anos.

Depositarios da cultura, da poesia, da ciencia, da medicina, da religión do direito, dunha  matéria institucional, seguramente englobada por Boecio e Casiodoro baixo dos nomes trivium e quadrivium  na época Tardo Antiga.

A existencia da igrexa universal celta, verticalmente, posibilitou, un dereito e ciencia Común [Celtic Universal Law], un común calendario coas mesmas festas e tradicións que ainda hoxe compartimos os paises celtas de Europa. O coñocemento de esta circunstancia, permitiu crear unha nova rama inter e multidisciplinar da Arqueoloxía, a Etno-arqueoloxía Institucional, e deseñar as accións para o primeiro de maio, reflectidas neste deseño de Eva Merlán, feito baixo a miña dirección, para Camiños Milenários de O Val. Narón.

Celebración dos Maios no Castro de Vilasuso. Quintá, O Val. Narón. Por Eva Merlán Bollaín.

Celebración dos Maios no Castro de Vilasuso. Quintá, O Val. Narón. Por Eva Merlán Bollaín.

Os nossos avos os Celtas, primeiros construtores de Europa, herdaron dos seus avós neolíticos, construtores dos megálitos o costume de dividir o ano numa estação clara, o “Verão”, e uma estação escura o “Inverno”.

Maios en Pontevedra. Foto juantiagués 2009

Maios en Pontevedra. Foto juantiagués 2009

Segundo Sir James George Frazer a razão das festas dos Maios e das festas dos defuntos, na mais pura tradição celta, responde a que “a divisão celeste” do ano dos solstícios e dos equinócios vinha precedida pela “divisão terrestre” separada por ciclos de 60 dias, Inbolc ou Candeloria a víspera do 1º de Fevereiro; Beltaine a víspera do 1º de Maio; Lughnasad, a víspera do 1º de agosto; Samhain, a víspera do 1º de novembro: sinalando claros momentos de viragem climática a percepção humana do Verão no Atlântico  a víspera do 1º de Maio, e a percepção do Inverno a víspera do primeiro de Novembro, anunciando Maio, – a festa dos Maios ou do Green Man-, a rica vegetação  estival, a chegada do calor e das flores com as promessas dos próximos frutos, em tanto que Novembro vem co frio e a escuridão invernal.

Expulsión do inverno representado pola coca ou dragón con alas e cunchas, polo Corio do Castro de Baroña, o primeiro de Maio. Detalle de unha pintura de Carlos Alfonzo dirixida polo arqueólogo de Narón Andrés Pena

Expulsión do inverno representado pola coca ou dragón con alas e cunchas polo Corio do Castro de Baroña en Lughnasadh, o Primeiro de Maio. Detalle de unha pintura de Carlos Alfonzo dirixida polo arqueólogo de Narón Andrés Pena

Os sessenta dias do 1 de Novembro até o 1º de Fevereiro, representam um limite no que o tempo e o espaço ficavam congelados e as leis suspensas, um momento de grande perigo, o sono ou a morte da terra e a dissolução das fronteiras deste mundo e do Além, assinalando Miranda Green que em Samaín ou Samhain [“fim do Verão”, pronuncia-se “sau an”], desde Novembro começava uma época de luto pela morte do Verão.

Samaín, Magosto popular en Raxó

Samaín, Magosto popular en Raxó

Na Escócia ao 1º de Novembro chamava-se-lhe Véspera de Todos os Santos”Hallowe’en ou All Hallow’s Evening “. A noite de 31 de Outubro começava o Aninovo Celta, celebrando-se, coma inda se celebra na Illa de Man, a morte da terra, um espaço de grande perigo com três meses: Novembro, Dezembro e Janeiro, fora do tempo.

Placa do Caldeiro de Gundestrup atopado en dinamarca, amosando o paso dun difunto pola porta do Alén (Pena) mentras chega a Herlatingui ou Mesnada Fantasmal. Mentras o oficiante ou psychopompos introduce ao difunto pola porta do Alén - similar á de Oburíz- chega a mesnada precedida dun can. Os animais, can, serpe con cornos de cordeiro, corvo, conos de rebeco, media lua (cos cornos para abaixo), inciden, no imaxinario celta, nunha atmósfera. psychopompa

Placa do Caldeiro de Gundestrup atopado en dinamarca, amosando o paso dun difunto pola porta do Alén (Pena) mentras chega a Herlatingui ou Mesnada Fantasmal

Era quando o corio, banda armada de jovens solteiros da tribo de *co  “juntos” e *wiros “jovens”,  facía mascaradas e se punha temporariamente à margem da lei como mesnada fantasmal, Estadiña, Mesneé d’Hellequin ou Herlatingui.

bandas e roubetas de mozos

Samaín no castro de Quintá, O Val, por Carlos Alfonzo, asesorado por A. Pena.

Samaín no castro de Quintá, O Val, por Carlos Alfonzo, asesorado por A. Pena.

A “morte da terra” simbolizava o fim do reino, e as entronizacións tinham lugar o 1º de Novembro, cena que recolhe a imagem do corio, “tropa do castro de Vilasuso, O Val”, de Carlos Alfonzo.

Druida por o profesor de Belas Artes Carlos Alfonzo, dirixido por André Pena

Galaico Durvede ou Druida por o profesor de Belas Artes Carlos Alfonzo, dirixido por André Pena

Os galaicos Durvedes, “Druidas” testemunhados na epigrafia –Deo Durvedico, “Deus dos Druidas” [mellor que “do da húmedas ensoñacións”], Castello Durvede “castro do druida” (Cossue) – , apagando os lumes das casas cobrando uma taxa a cada fogar – origem do imposto medieval da fumádega- os acendiam de novo com o lume sagrado, coma hoje o fai a Igreja Católica que trasladou a festa ao dia da Candeloria. O primeiro de Novembro os lavradores também pagavam impostos aos senhores.

Marcando a transição ao Inverno para os celtas esta noite de 1 de Novembro as animas dos finados voltam às suas casas, ao lado da lareira, para esquentar ao lume, sentar no escano, e comer dos alimentos que com agarimo prepararam os parentes.

A PERVIVENCIA GALEGA DO SAMHAIN

Samhain

No século VII o papa Bonifacio IV para substituir esta festa pagán dos mortos introduciu o día 13 de Maio como festa de Todos os Santos, mais logo, Gregório III mudou a data para o 1º de Novembro a reajustando às tradizóns celto-atlánticas.

kid11Os nenos e nenas galegos, irlandeses, escoceses, galesas e bretóns, suplantaron aos defuntos com disfraces, e portando os cabazos ou calacús acesos a Véspera de Todos os Santos, percorrian os rueiros, vilares e casais, petando nas portas das casas  unha a unha. É a da Kaltia ou Gallaecia, a vella tradizón dos celtas do Atlántico.

Personalized Halloween Candy Bowl en USA. Esencialmente larpeiradas para os nenos. Os emigrantes do Atlántico Europeu, sobre todo irlandeses, levaron nosa tradición celta a América.

Personalized Halloween Candy Bowl en USA

Na Galiza entraban os rapaces e rapazas ata a  cociña onde lles aguardaban as mesas cheas de pan,  doces,  freixós, de carne e  finezas como os pichónsAs larpeiradas e a comida toda desaparecía, apañada nas bulsas que levaban as pícaras fantasmas para comelas logo nas suas casas, marchando logo tan axiña  como entraban.

A Orixe do Magosto I

As máscaras unicamente se demoraban cantando cantigas de agradecimento, acompañadas de bailes, para os dadivosos hospedeiros, pero, se não se lhes dava nada aos rapaces, as cantigas eran de escárnio.  C0n a chegada do Cristianismo, extendéronse todo o inverno, integrándose nos Cantos de Reis, Reises ou Aguinaldos. O costume foi prohibido temporalmene na Diócese de Mondoñedo polo Bispo Inquisidor Antonio de Guevara.

En tanto a igrexa se mantén en mans  de cregos do país o cristianismo integra as tradicións, mais cuando o clero é alleo as destrue por ignorancia. Aconteceu con o bispo de Mondoñedo Don Antonio de Guevara, que no século XVI achando que este  costume celta era xudeu ou mourisco o prohibiu na diócese por um tempo:

Constou pela visita que o dia de Todos os Santos e o dia seguinte de defuntos  andam todos os mozos da freguesia a pedir pelas portas e danlles pan  e carne e viño e freixós e pichóns e outras cousas, e que peden asi os fillos dos ricos que os pobres; e por ser mais este rito xentil que cristián, ordenamos e mandamos que, de aqui en adiante, que ningúnmozo vaia aqueles dous dias de porta en porta a pedir, senón que o beneficiado, o reitor e o primiclero e outro que nomease a freguesia pida aquel pan e todo o demais que lles deren, o repartan na igrexa o día dos finados entre os pobres e necesitados, sob pena que o pai ou a mai que enviara ao seu fillo a pedir aqueles días pague mil maravedís […] [ex Segundo L. Pérez López, CEM].

Asi desaparecerian milenárias costumes de non ser porque os nenos salvaran as celebracións reclamando a continuidade.

The 9th Annual Community Samhein event at Levis Park. Florida. Celebration of the Celtic end of Summer and beginning of the dark Season.

The 9th Annual Community Samhein event at Levis Park. Florida. Celebration of the Celtic end of Summer and beginning of the dark Season.

Podemos imaginar aos nenos galegos con os cabazos ou calacús celebrando con os outros nenos da Europa Celta a véspera de Todos os Santos ou o Samain, en inglés All Hallow’s Eve ou Hallowe’en, e a ambas beiras do mar, considerando os máis de 10 millóns de fillos e netos, e bisnetos descendentes do millón comprido de galegos emigrados, moitos a América  desde o século XIX; dos emigrantes irlandeses, etnia majoritaria norte-americana; dos milleiros de galeses que conservan a sua língua na Patagonia; com os filhos e netos dos que nas fisterras atlánticas, celebrando Santos ou Samhain, a nossa tradição celto-altántica, non importamos o “American Way of Life” (Pena Graña. Atenea)

UMAS NOTAS SOBRE O MAGOSTO

Castiñeiro de Pumbariños. Foto Josep Álvarez Pérez 2004. Common.wikimedia.org

Castiñeiro de Pumbariños. Foto Josep Álvarez Pérez 2004. Common.wikimedia.org

Considerando esta celebración galega do Magosto  cunha orixe prehistórica, unha das máis antigas festas da Europa Atlántica, a nosa opinión limítase a unha achega ao tema, e o exposto aquí non deixa de ser unha hipótese de traballo, baseada, iso si, en converxentes indicios.

Testemuñándose, sen precisarse nin negarse a existencia de variedades cultivadas, o castiñeiro na Galiza desde o Neolítico, está estendido o tópico de que chegaría  da man do conquistador romano. O costume  de que os romanos nas inmediacións das minas de ouro plantaran castiñeiros para alimentar aos forzados non quere dicir que eles introduciron a castaña. Non se fai introdutor das berzas o labrego por sementalas na horta.

A esencia do Magosto é a castaña que durante miles de anos foi alimento básico dos labregos galegos e, en xeral da beira Atlántica, man a man co cereal até a introdución da pataca hai escasamente douscentos anos. A pataca por vir ocupar o seu lugar na dieta labrega é chamada “castaña da terra”.

ETIMOLOXÍA DA CASTAÑA
Esta presenza cadra coa etimoloxía da castaña que o sábio Monteagudo García, contradizendo a opinión aqui mais fraca de Corominas, associa-a a característica específica deste fruto que está envolto num ourizo, circunstancia que non pasaría despercebida aos observadores indo-europeus que empregaron a raiz *Kars, “raspar, cepilhar, cardar”; lat. carduus; “cardo”; ai. karsati “frota, esfrega, raspa”; lat. carro, -ere “cardar a lá”; lit. carshiu “peitear, cardar, cepillar”, para designar a árbore.

Castaña (Wikipedia)

Castaña. Wikipedia

  As Nyphae Carstaecae, “as raspadoras”, limpaban raspando, as crostas da psoríase nas águas termais. Chamando-se em bearnés carrop o ourizo das castañas.

Apolo atendido polas nifas. Gruta de Tetis Versalles.

Apolo rodeado de ninfas» grupo escultórico de François Girardon and Thomas Regnaudin para a desaparecida Gruta de Tetis do Pazo de Versalles

Os indo europeus aproveitaram a castanha silvestre, mais, segundo nos conta Luis Monteagudo García, estas poderiam ser da variedade cultivada importada do Próximo Oriente no que se chamam World Economic systems em 1900 a C.

Precisamente esta antiga data cadra coa etimologia de Magosto, procedente seguramente do proto Celta, alteuropaïsche ou “antigo europeu”. É o Magosto uma festa ou reunión, xeralmente no Souto, durante a colleita das castañas que se asan nunha cacharela, e se comen bem moladas de viño ou sidra etc. Esta celebración colectiva e festiva derivaría dun rito pre-histórico de ofrenda compensatória e acción de grazas á divindade dos soutos e bosques, e receptor dos mortos no Alén, das primeiras castañas da colleita (a.gal. Berobreo, Breogo-co, gael. irl. Breoga, Briugú “hospitaleiro”, Cernunnos; Vestio Alonieco, de Gwestio “Hospedeiro”, Alon-i-eco “alimentador, do Alén”.

kid28

O día propio do Magosto é o primeiro de Santos, cando se abren as Portas do Alén -e veñen os difuntos á casa a comer con nos-, e cando os ouriços aínda están verdes e non abrirán espontaneamente, polo que para extraerlles as castañas tiñan estas que ser pisadas e os ouriços abertos cos pés (nus da Idade do Bronce). Moitos ritos relixiosos, mesmo actuais para potenciar o efecto propiciatório, imprecatório, de agradecimento, tiñan a súa expresión o travesso da dor física e do punimento.

É posíbel que os nosos avós indo-europeos considerasen que as castañas ao seren un froito espontâneo, de temporada, non producido polo seu traballo, senón polas ganas da divindade do bosque, (a quen pertencían) tentasen compensala deste xeito. Aínda que Corominas considera Magosto como un adxectivo semellante a “male cotto” mal cocido”, esta voz non se explica polo italiano e polo contrario encaixa mellor nun proto-celta ou alteuropäische *mag-vor-sto mag-  “piso, esmago? e vorsto “barro, arrastro pisando”· lat. varro- vorstum, vervativo que describe exactamente a acción mentres un pé pisa ou esmaga a metade do ouriço, o outro pode arrastrar o pel ceivando as castañas:

Magosto II

As ilustracións do proxecto Camiños Milenários do Plan de Dinamización Ferrol Ortegal. Deputación da Coruña e Concello de Narón son de Carlos Afonzo Fernández baixo a miña dirección

Esta exactitude descritiva, sempre segundo o mestre Luis Monteagudo García, lembra a de outros nomes de lugar e, sobre todo, nomes de ríos, e a precisión da mesma voz castanea. O Magosto viría a ser unha das máis antigas e arraigadas tradicións galegas.
(As ilustracións son de Carlos Afonzo Fernández baixo a miña dirección para un proxecto Camiños Milenários do Plan de Dinamización Ferrol Ortegal, da Deputación da Coruña e do Concello de Narón ).

Sobre fidalgosdenaron

André Pena, funcionario de carreira historiador, arqueólogo e arquiveiro do Concello de Narón, é doutor en arqueoloxía e historia antiga e decano do Instituto Galego de Estudos Celtas IGEC. Especializado no estudo das Relixións da Antigüidade; a Relixión Celta e a súa influencia no presente Cristián; da Mitología comparada; das Institucións Celtas e Indoeuropeas; dos Santuarios Celtas, e da Orixe pagana e o presente cristián do Camiño de Santiago e de San Andrés
Esse post foi publicado em ETNOARQUEOLOXÍA e marcado , , , , , , , , , , , , , , , . Guardar link permanente.

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s