Dez cosas que debes saber sobre o Carnaval, Antroido, Entrudo, Peliqueiros, Pantallas, Ursos, Lobishomes…

1  ESCENIFICA SEGURAMENTE A *EXPULSIÓN DO INVERNO E DO CICLO INVERNAL

*De forma parcial por trasladarse a temática do Dying God,  Esus  [Treba y Territorium 2004, 161ss; 136-172] Celta á  Semana Santa.

 Os sesenta días do 1 de novembro até o 1º de febreiro, representan un límite no que o tempo e o espazo ficaban conxelados e as leis suspensas, un momento de gran perigo, o sono ou a morte da terra e a disolución das fronteiras deste mundo e do Alén, sinalando Miranda Green que en Samhain [“fim do Verão”, (pronuncia-se /ˈsɑːwɪn/ sah-win ou /ˈs.ɪn/ sow-in[1] irlandés[sˠaunʲ]) ], desde novembro comezaba unha época de loito pola morte do verán. Na Escocia ao 1º de novembro chamábase-lle Hallowe’en ou All Hallow´s Eve, “Véspera de Todos os Santos”. A noite de 31 de outubro comezaba o Aninovo Celta, celebrándose, coma inda se celebra na illa de Man, a morte da Terra, un espazo de gran perigo con tres meses: novembro, decembro e xaneiro, fóra do tempo.

Era cando o corio, banda armada de mozos solteiros da tribo de *co “xuntos” e *wiros “mozos”, facía mascaradas e se puña temporalmente á marxe da lei como mesnada fantasmal, Estadinha, Menié ou Herlatingui. A “Morte da Terra” simboliza o fin do reino, e as entronizacións tiñan lugar o 1º de novembro, escena que recolle a imaxe de Carlos Alfonzo.

festadocorioinverno

Feralis Exercitus de Carlos Alfonzo, asesorado por A. Pena. O Territorio Político Celta, a treba galaica ou toudo, (air. túath) correspondendose con a bisbarras galegas de hoxe como a Terra de Trasncos, e o seu príncipe da terra, rí, contaban cunha clientela, de mozos en idade militar: o corio, tropa, mesnada ou banda armada(chamados em irlanda fianna), integrada por compañías de xóvenes solteiros, baixo mando de fillos de nobres (air. maic rig, “fillos de reis”), de entre 14 e 20 anos de idade que facían nunha parte do ano función de policía de fonteira e exército permanente o tempo que con outra situabanse fora da lei o pasaren as cricas ou fronteiras (fer tar crich, un home tralo Territorio) do reino (similares aos descritos para o NO -lusitanos- por Diodoro (5, 3, 4, 6, 7), por mor de varias circunstancias entre as que estaba o exercer o direito de vinganza (Crith/Gablach 72) dos homicidios (6) e mortes de homes da sua treba ou bisbarra polos doutro territorio; asemade cometían roubos aos inimigos da sua bisbarra facendose de paso cunha dote para as suas mulleres ou un peculio personal. Tiñan o lobo -como cecais amose o caldeiro de Gundestrup de factura celta (Mc. Cone. 1987; 112-4)- como animal totémico.

2  ILUSTRA O COMPORTAMENTO DAS BANDAS DE MOZOS

O exército ou mesnada da treba [- dentro da Common Celtic Law, universal para todo o Atlántico-] estaba integrado por bandas, bandeiras ou confrarías de xóvenes solteiros, baixo mando de xóvenes nobres (airl. maic rig, fillos de reis), de entre 14 e 20 anos de idade que facían nunha parte do ano función de policía de fonteira e exército permanente o tempo que con outra situabanse fora da lei o pasaren as cricas ou fronteiras [fer tar crich, un home trala crica “fronteira do territorio”] do reino [similares os irlandeses aos lusitanos descritos para o NO por Diodoro (5, 3, 4, 6, 7)], por mor de varias circunstancias entre as que estaba o exercer o direito de vinganza dos homicidios, as mortes de homes do seu túath, toudo, ou treba polos mozos doutro territorio; asemade cometían roubos aos inimigos da bisbarra treba ou túath, facendose de paso cunha dote para as suas mulleres ou cun peculio personal. Tiñan o lobo -como cecais amose o caldeiro de Gundestrup de factura celta – como animal totémico.

Peliqueiros - Laza

Estas bandas son similares a outras que coñecemos no mundo indoeuropeu céltico, xermánico, latino, grego […] e caracterizabánse por unha vida marcial, aventureira e licenciosa que ten un paralelo nos xóvenes errantes que rexistra Duby (George Duby 1977: Chap. VII) na franza medieval, e na Galicia pode servir de exemplo o caso que conta López Ferreiro  de Sisnando Galiariz. As correirías destos mozos cesaban trala adquisición de propiedades por herdanza trala morte dun pai ou ao obter un “prestamo de uso vasalático” -unha especie de pequeno “feudo” ou dote territorial- o instalarse na clientela dunha “casa” nobre pasando do fian a integrarse na sociedade da treba, bisbarra, toudo ou túath.

As correrías de estas bandas están segundo o penso no berce do antroido celta, o do Atlántico, do norte peninsular e da Europa insular e continental. Tamén na base do antroido das áreas reconquistadas (toda a España muslime) e dos paises receptores de emigración europea procedente dos paises celtas. Todo ven sendo o mesmo segundo o penso, e vimos contando dende hai mais de vinte anos no Concello de Narón.

3 PASADO O ANTROIDO PASADA A MOINANTADA

Os integrantes das bandas, mesnadas ou corios  celtas  que cruzando no inverno a crica ou fronteira  da sua treba pillaban e vingaban mortes nas veciñas  non eran precisamente uns anxiños . Nin moito menos. Así descrebe unha destas bandas no século XI López Ferreiro :

folión vilariño de conso

Conta Lopéz Ferreiro, que nin o país, e nin as mesmas cidades, incluso a de Santiago, vianse seguras dos atentados daqueles foraxidos”. Un deles foi un cabaleiro chamado Sisnando Galiariz que cos seus hirmaos estaba o fronte dunha numerosa banda de salteadores que actuaban entre Santiago e o Rio Ulla nas propiedades da Igrexa compostelán. O longo de sete correrías apoderouse da Villa de Oza, destruiu a Iglesia de San Felix de Salas levando cautivos a 21 homes, 50 cabezas de gado maior e moitas de gado menor por valor de 500 soldos; na villa de Sales apoderouse de 10 homes valorado en 390 soldos. Na villa de Rial colleu homes imbuciatos (= bo aire, infanzóns) e gando por valor de 50 soldos, saqueou o mosteiro de S. Miguel de Rarís, levandose ó presbitero Aspadio e cinco monxes, dous cabalos que valian 200 soldos, 31 bois e vacas, 100 cabezas de gando menor, 31 porcos e diverso inmobiliario do mosteiro, na Villa de Reis roubou 200 bois e vacas e 500 cabezas de gando menor. Da casa de Vimara Visteraci sacou 6 homes que vendeu como escravos e un cabalo de 200 soldos. Asesinou ó Presbitero Odoario, ó monxe Alvito e a dez homes. A Sisnando e Paio cortoulles ambalas mans e a lingoa, e os pes a unha muller chamada Toda. Unha recua de 25 mulos que levaban o viño o Rei Bermudo III da sua adega de Gomaríz, no Riberiro, foi asaltada por Sisnando e tras apalear os conductores ata dalos por motos cortou os rabos e as orellas a tódalas cabalgaduras” (Florez T. XX da H. S., copia no Tumbo A) Un fillo do Conde de Galicia D. Pedro Froilaz comandou, no século seguinte, outra cadrilla de bandoleiros na terra de Santiago atacando no Camiño Francés os intereses do arcibispo inimigo do seu pai. Fonte da imaxe  [image] http://www.avalonc.com/aregueira/galerias_de_fotos/fiestas/carnavales/2004/vilarino_do_conso/jpg/IMG_0006.jpg [/imag]

 (28) Cuadrillas de aventureiros, ou máis ben de salteadores infestaban por todas partes o país e nin as mesmas cidades, incluso a de Santiago, víanse seguras dos atentados daqueles foraxidos. Para que poida formase algunha idea das fazañas de tales bandoleiros, e de (29) ata onde chegaba a súa osadía, referiremos aquí, tomándoos dun Diploma que publicou Flórez , no tomo XIX da España Sagrada [Apéndices, p 394. Está insiro este Documento no Tombo A, fol 25], as atrocidades cometidas por un cabaleiro chamado Sisnando Galiáriz [dá terra dá Barcala], que, cos seus irmáns, capitaneaba unha numerosa banda de salteadores. O principal teatro das malfeitorías deste monstro, no cal o seu rapacidade só era comparable á súa crueldade inaudita, foi a comarca que se estende entre Santiago e o rio Ulla, e que toda era do patrimonio da Igrexa compostelana. Nas seis ou sete correrías que levou a cabo naquel distrito, fixo os danos seguintes: apoderouse da vila de Aocio (Oza), destruíu a igrexa de San Félix (de Sales), onde cativou a vinte e un homes e recolleu cincuenta cabezas, entre bois e vacas, e moitas outras de gando menor, ata valor de 500 soldos; na Vila de Sales, da mesma parroquia, apoderouse de dez homes imbuciatos (bó aire) e gando ata valor de 50 soldos; saqueou o monasterio de Ranaríz (San Miguel de Rairís), levando consigo ao prebítero Aspadio e a outros cinco Monxes, a dous cabalos valuados en 200 soldos, trinta e un porcos, unha uenape pallea, un colchón pallium, outro tramisirgo, unha campá, un manto, dúas mantas e dous fieltros; na uilla de Reis, roubou douscentos bois e vacas e cincocentas cabezas de gando menor; e da casa de Vimara Visteraci sacou seis homes, que vendeu por escravos, e un cabalo apreciado en 200 soldos. Isto, polo que toca á rapiña; respecto de ferocidad e barbarie, velaquí as suas fazañas. Asasinou ao presbítero Oduario, ao monxe Alvito e a outros dez homes, Alfonso, Hermogio, Ramiro, Ecta, Sisnando, Gomarico, Argemiro, Alamiro, Vimara e Arraldo; a outros dous homes, Sisnando e Pelayo, cortoulles as mans e a lingua, e os pés a unha muller chamada Toda. Habendo o rei D. Bermudo III enviado unha recua de vinticinco mulos para recoller o viño da sua adega de Gomaríz, no Riveiro, Sisnando saír ao camiño, e logo de apalear aos condutores ata deixalos por mortos, cortou as colas e as orellas [costume extendida pola Europa Atlántica na Idade Media, de berzo celta] a todas as cabalgaduras. A sua osadía foi crecendo, en fin, ata tal punto, que máis dunha vez intentou dar un asalto á cidade de Santiago. Non era xa posible que quedase impune tanta enormidade. D. Bermudo III fixo sentir todo o peso da súa autoridade sobre os culpables, e castigounos con man firme. Ignórase o que faría o Rei da persoa de tan insolente criminal e dos seus cómplices; dos seus bens sabemos que os confiscou todos, e que no anos 1032 doounos á Igrexa compostelana, que era contra quen dirixía principalmente os seus tiros o infame Sisnando”. [Historia da S. A. M. Iglesia de Santiago de Compostela (1899) TII, cap. XXII, 933-935 ]

folion de vilariño de conso2

 Un fillo do Conde de Galicia D. Pedro Froilaz comandou, no século seguinte,  outra cadrilla de bandoleiros na terra de Santiago atacando no Camiño Francés os intereses do arcibispo inimigo do seu pai.

Os feitos e comportamento de Sisnando Galiariz e os  irmáns ou as aventuras do principe dos Longobardos Alboino e seus compañeiros a comenzos da Alta Idade Media que rexistra Pablo Diacono amosan a homoxeneidade indoeuropea na extensión e a longa pervivencia do comportamento xuvenil dos celtas e seus primos xermanos celtizados.

4 NON É FESTA GRECO-ROMANA, É FESTA CELTA E DO CRISTIANISMO CELTA

promptemasetantianieco

Promptema galaico-irlandês dos epítetos do solar deus [Dying God, Lugh] Setanta, “Anda Caminho”, e de Bandua ,“O Atado”, estes nomes ou epítetos non son deuses, sinalan unha específica vocación do deus. Esquerda, ara galaica votada por Caudio ao [Deo Lari?] Setandianieco [c/g]. Centro esqu. Morte de Setanta por Stephen Reid; Centro. dir. Peza, seguramente de fidchell [un xogo de axedrez similar ao descrito por Afonso X o Sabio  para catro xogadores], possivelmente a primeira ficha [sic, non peza, que da nome ao xogo: Fidchell ] conhecida deste xogo   de cabaleiros  representando (Pena Graña) seguramente a Bandua raiz *bhnd , “vendar, atar” -olhem a corda rodeando o peito- , de Banhos de Bande, Galiza. Direita. Morte de Setanta, estatua de Oliver Sheppard, GPO, Dublin.

Remontándose a celebración [cf. Wikipedia sub vocabulo Entroido ]  a tiempos precristianos celtas, do ritmo de las estacións e dos traballos agropecuarios, en calqueira caso entre o que se pode contar unha, sociedade de oratores, bellatores e laboratores, pasou de escenificar rituais iniciáticos da morte  e resurrección do Dying God Celta (2004, 148ss), xefe do corio, dos mozos, lider indiscutible das bandeiras, mesnadas ou tropas,

Escena dunha placa do Caldeiro de Gundestrupp,  representando, segundo o penso, ao corio ou xovéns guerreiros escenificando a morte  e paso da porta do Alén do seu lider Esus -trasunto da morte do deus solar celta-. Mais é unha morte é temporal, Esus, morre cravado nos madeiros que el mesmo talhou da Árbore da Vida – como Odín da lanzada en Edratíl (Ygdrassil)-. E trasunto do solar deus, que aceptando voluntariamente súa morte,  proclama morrendo na Árbore da Vida a posterior solsticial resurrección, ao terceiro día. Como mostra Gervasio de Tilbury na tradición medieval o lignum crucis, os madeiros da cruz de Cristo, Luz do Mundo, casualmente procedían da Árbore da Vida [Et hoc lingnum asserunt esse crucem domini. (Sed et alii dicunt Adam de Paradiso tulisse pomum uel surculum ligni uettiti, ex cuius semente fuit crux, unod mors oriebatur, ide uita resurgeret […]). Como eu tambén teño dereito a equivocarme, esta célebre escena da placa do Caldeiro de Gundestrupp, mostra (Pena Graña), acompañado do seu enmascarado corio, o paso e descenso do solar deus Esus ao Alén. Foto Via Wikipedia. Licensed under CC BY-SA 3 , via Commons

 https://commons.wikimedia.org

 como o amosa segundo o penso, unha célebre escena (Pena Graña) do Caldeiro de Gundestrupp, alcumado, Bandua, “Atado”, a celebrar e  escenificar o cristianismo celta de modo maxistral a morte e resurección de Cristo na cruz mantendose,  para o que sabe ver, o vínculo entre a data de Carnaval;  á data da Semana Santa;  o tema da expulsión do inverno (a coca ou a tarasca e danzas de espadas),  e o triunfo da luz e da primaveira.

5 CONECTA AOS CARPINTEIROS ESUS

Esus celta, casualmente carpinteiro, cortando os madeiros da cruz da árvore da vida onde seria cravado.

Esus celta (esquerda Trier, Tréveris, a cidade da treba celta dos treveros; dereita peza do monumento dos bateleiros de Paris atopada baixo a Catedral de Notre Dame) , casualmente carpinteiro, cortando os madeiros da cruz da árvore da vida onde seria cravado.

solar deus

O triskel, en clave de continuidade -documentada dende o Neolítico (New Grange), representa segundo o penso como síntese do monoteismo trinitario celta (Pena 2004) os Tres Pasos do Sol. No Primeiro Paso matutino toma posesión do Ceo; no segundo paso vespertino toma posesión do Mar; no terceiro paso nocturo toma posesión do Alén, do inframundo.

Esus, segundo Josepht Vedryès, skr. Asura (190), tal vez “O Bo”, podria ter un caracter solar de diying god de sir James Frazer, expresado eo segundo paso do sol cun mito no que o deus aparece cortando cunha machada os taboleiros do seu propio tormento ou tal vez o hastil da lanza cosa que se ocasionou a través do costado unha ferida no corazón, ou da madeira na que non invitus sed propia voluntas segundo parece sería pendurado (ou cravado) talvez para que a terra prospere e a vida floreza coa proclamación, logo da súa reaparición, da sua gloriosa resurrección, e renovado dominio diario e anual sobre o ceo, a terra e o mar.

Museo Nacional del Prado PradoMedia - Google Chrome 26062014 112304

3 Seus tres pasos eternos, cheos de ambrosia. […] Sen dúvida el contén os tres elementos, o Ceo, [o Mar], e a Terra. 4 E por esta razón o Fillo, na rexión superior do Ceo, ten un nome tamén superior: e ten un nome inferior [: Espíritu]; e tamén ten un terceiro nome: o Pai. 4 […] Nos celebramos o poder do único poseedor de todas as cousas; deste Sabio que cruza, nestes tres pasos, as tres rexións, e o fai para manter a existencia de todas as criaturas. 5 O home que glorifica a Visnu cruza dous dos pasos dados por Deus, pero non o pode seguir ao terceiro paso [onde ningún ser vivo pode ir], e nen sequera os paxaros de máis veloz vó poderían traspasar ese límite. [Isto nada ten que ver, claro está, co misterio da Santisima Trinidade]

Esus encarna entre os galos (e todos os celtas) a idea do deus dando a vida polos seus amigos – companheiros do corio, nunha sociedade celta indoeuropea-, aceptando vontariamente a súa morte [escena representada no baixo relevo de Trier, Tréveris,  máis antiga cidade de Alemania con o  solar touro, o deus tallando a árbore, e “Tregaranus”, ex corruptio lingua, tres ánades ]  para resucitar logo, renacendo vitorioso da morte.

O Aendia,  solar deus crepuscular Esus (se a idea é tolerable) acepta intencionalmente e de bo grado a sua morte. O trascendente feito e universalmente representado pola plástica celta de modo expreso, aparecendo Esus, desgaxando vontariamente as madeiras da Árbore da Vida, as táboas do seu tormento, os madeiros nas que ía ser, non pendurado, máis cravado, coa súa propia brosa ou machada, non invitus, para que  súa deliberada morte e posterior resurrección [a primavera que entra na Candeloria] a Terra, a Treba, o Teuta, o Pais, renovase os froitos,  confortándo aos homes a promesa da inmortalidade.

mapa con galicia2

Esus o brilante xoven heroe solar comparable ao Agni, “lume”, fillo de Deva, ao sumo Deus, ao puxante sol nacente que elevándose como poderosa lapa no verso védico quitaba o mal do mundo, forxou iluminando a exemplar vida do galileo a simboloxía que o cristianismo atribúe ao año destinado ao sacrificio cando tras un posible longa viaxe do celta e indoeuropeo dende o Atlántico cara á India, o brillante Agni, inocente vítima do seu anual sacrificio,

Cristo crióforo

Xesus Crióforo. Bom Pastor

legou no século IV os seus flamíxeros atributos do ano solar tanto a San Xoan como ao seu dobrete solsticial, ao propio Jesucristo, compatindo ambos entón a simboloxía dun ardente año, dun agnus, os incandescentes atributos do agnis sánskrito e do ignis latino.

Hermes Crióforo

Hermes Crióforo, representando, segundo o penso, a idea do Sol marchando ao Oeste

Lembremos que tamén Odín facendo o propio decidiu aforcarse no freixo (un carballo no orixen) de Yggdrasil, e infligirse a mortal lanzada no corazón, una morte parangonable ao sacrificio e morte vontariamente aceptada do ‘Bom Deus’ Celta Esus,  o  cortar él mesmo non invitus sed propia voluntas as taboas do madeiro,  onde foi cravado e suspendido.

Entre os Xermanos Odin, solsticial deus solar, crepuscular condutor de mortos, señor do fantasmal exército rumo cara o outro mundo, sucesor de Tyr, representando ao ceo coa súa azulosa capa [caelulea, azulosa, da cor do caelum, “ceo azul”, como a Cailleach, algo así como “velada con o ceo azul” tamén coa mesma raiz],  e co seu só ollo, co seu solar omnividente ollo, tras dar na sua mocidade a Mimir como prenda o outro ollo a cambio do dereito a beber no delicioso manancial da sabedoría – pois sempre ao politécnico deus solar agrádalle sabelo todo ainda custándolle un ollo da cara-, foi de xeito similar segundo o poema Havamál, aforcado an Árbore do mundo Ygddrassil:

wolodinhanging2

E tomando Odín unha rama de Yggdrassil, partiuna e fabricando coa sacra madeira a hasta perfeita inflixiuse con ela un mortal lanzazo no costado (203). Non en balde chámaselle a Odín o “Señor da Forca” e a “Carga da Forca”, adicándoselle lembrando o seu tormento, o que se coñecía como gawargjand ina dauthau e poderia traducirse como “o tormento do lobo”. Nas execucións de Upsala penduraban aos que ían ser executados dunha árbore alanceándolos.

Sei que pendurei nove noites enteiras

da árbore que avala o vento [Ygddrassil]

ferido de lanza e a Odin ofrecido

– eu mesmo ofrecido a min mesmo-

da árbore pendurei do que ninguén sabe de cales raices arrinca.

A título de curiosidade diremos que o freixo de Iggddrasil, deriva do tema celta de  Hy-Brasil, que  foi un carballo como o que lle cortou a Donar San Bonifacio en Hesse-, e que o seu emplazamento orixinal estaba en Sedes (de Set, “camiño”) accedendose a él polo chamado Camiño das Ánimas (unha variante do Camiño Costeiro do Norte de Santiago). En efecto estudando un acoutamento do Mosteiro de Pedroso do rei Alfonso Raimúndez e da súa nai a raiña Urraca feito a Munia Froilaz en 1120 ” Et per Gaban, et inde as quercum Edratil […] DDP nº 2, ACM Cal Pardo, 1984, 237] decateime da importancia deste demarcatorio carballo, denominado a finais do século XV “Carballo de Auga Quente”, (posiblemente conserva a sua memória hoxe a Fonte do Carballo), onde “los jueces eran nombrados por los priores” -di Cal Pardo, 1984, 71-  “de acuerdo con los vezinos, a tal fin solían reunirse “cabo del carballo de Auga Quente y allí acordaban poner a un nuevo juez o deponer el existente-, nun conventus publicus uicinorum  e contexto cultural celtoatlántico, sen dúbida mantido na árbore de Guernica (terras de celtas vardulos, caristios e autrigones).  Eu reparei no Quercus Edratil, comentandolle o tema ao mestre L. Monteagudo, este fíxome reparar tamén que a carón do Quercum Edratil no nome da fonte cecais estaba “Gauan” [Ga(wargj)and – o celta descompón as palabras polo centro-] o “lobo”.

Sen nengunha dúbida   Ulfilas, o tradutor da Biblia ao Gótico, quixo intencionadamente asociar e asociou a Iesu Chisto cravado na cruz con Odín, traducindo que “Cristo sufriu o tormento do lobo ata morrer pendurado na cruz”: para que o pobo captase o significado teolóxico da crucifixión, Ulfilas presenta con fins didácticos o sacrificio de Cristo como Gawargjiand ina dauthau, dicindo pois que “Cristo sufriu o tormento do lobo colgado da cruz ata a morte, sinalando Mari R Gerstein como ainda no poema Hêliand, “O Salvador” de pincipios do século IX empréganse referíndose á crucifixión, fórmulas pagás de castigo.

Das wutendenherr2a

 Coa morte do Bon Jesús, fillo do carpintero, cravado da cruz, ao que tamén deron unha lanzada no costado a igrexa atopou o pretexto perfecto para continuar coa celebración no presente cristián -ou por decir as cosas na orde en que ocurriron, a iglesia celta triunfou ao amoldar o presente cristiano a realidade pagana preexistente [ Pena 2004, 161ss].

Resumindo Qué ten que ver todo este rollo co antroido,  André Pena?

Ten que ver, ten que ver, ten, ten que ver, e moito.

Pois os mozos do corio, os mozos en idade militar estaban conducidos por un deus, de caracter solar, guerreiro e salutífero. Si ollades o primeiro dos mapas, o chamado Mapa do Psalterio, da British Library,  podedes observar a división do mundo en  termos de xeografía sagrada, con Xerusalén no centro, e  o Sol (Cristo) saindo polo leste [o mapa está convencionalmente virado, orientado non Norte-Sur, mais Leste-Oeste] Jesús porta o orbe tripartito na man.

O mapa representa na outra extrema o nome de  Galicia: o final do traiecto. En España só figuran tres nomes, Barcinona, Hispania, e Gallaecia. O sol como dying god morre e resucita no Fisterra en Galicia, Cristo a Luz do mundo  -nado no solsticio de inverno- fai o mesmo. Morre, resucita de novo e colle folgos.

Resulta que entre os celtas e Germanos, as bandas das que falamos arriba, de mozos en idade militar que constituían o corio o exército das galaicas trebas, eran arrastrados por un deus guerreiro de caracter solar. E ao chegar o inverno, outubro novenbro e decembre  se encontraban conque este Deus – a luz do mundo e a natureza- decaia e morria. Pero por Natal ou Navidad voltaba a recuperarse de novo.

Esto é o que, segundo o penso, escenifican os rapaces, a morte e resurrección do seu lider, representando entre os germanos por Odín e entre os Celtas por Essus (O Bon). As moinantadas, a morte do líder, e a resurrección do líder rescatando aos guerreiros caidos no combate para levalos con el ao Paraiso. Ese é o motivo, ao meu modo de ver,  de que a celebración do antroido dependa do Domingo de Ramos.

6  O PRESENTE CRISTIANO INTERPRETA O PASADO PAGANO

Unha cousa é compatible con a outra, así en Wikipedia sub vocabulo   “Carnaval”:

¿Por qué el Carnaval cambia de fecha cada año?[editar]
El carnaval es una celebración pública que tiene lugar inmediatamente antes de la cuaresma cristiana, con fecha variable (entre Febrero y Marzo según el año), y que combina algunos elementos como disfraces, desfiles, y fiestas en la calle.
Sabiendo esto, podemos ver que la fecha del carnaval va a depender de la cuaresma, y que como bien sabemos ésta también cambia cada año en función del calendario litúrgico. Profundizando más en el tema encontré que las fechas de dicho calendario están relacionadas con el ciclo lunar y acomodan los días para que el Jueves Santo siempre sea luna llena (escogen el primer jueves de luna llena entre Marzo y Abril).
Ahora, ¿Por qué es tan importante que sea luna llena el jueves santo? pues cuenta la historia, que la noche en la que el pueblo judío salió de Egipto, había luna llena y eso les permitió prescindir de las lámparas para que no les descubrieran los soldados del faraón. Este acontecimiento lo celebran en la pascua judía, la cual siempre concuerda con noche de luna llena. Con esto la iglesia puede asegurar que el jueves santo (cuando Jesús celebraba la pascua judía con sus discípulos) era una noche de luna llena.
Por lo tanto concluyendo, el carnaval siempre se va a acomodar de tal manera que el último desfile sea un día antes del Miércoles de Ceniza, el cual va a moverse de acuerdo al ciclo lunar.

7  VINCÚLASE AO DOMINGO DE RAMOS

??????????

E, como eu tamén teño dereito a equivocarme, entre o que é lícito contar, sinalo que a data de celebración do Martes de Carnaval non dependende do calendario gregoriano  e é sempre variable, polo seu carácter celta, ao vir condicionada polo calendario druíco celtocristian ou calendario luni solar Comenza 40 días [sen contar os domingos] antes do Domingo de Ramos.

Arado ritual (Litsleby, Ksp. Tanum) (De Vries, 1975. I_ p 197 )

Circunvalación da crica na inauguratio do arante rei. O ramo que porta certifica seu pleno rango real. Litsleby. De Vries, 1975, p 197

Sendo unha festa do cristianismo celta, o  domingo de Ramos [o ramo é entre os celtas o símbolo da condición real do Dying God, feito que aumenta o valor penal do seu sacrificio, cousa entón importante e, por casual casualidade, que os camiños de Deus son inescrutables, recibíndoo como rei tamén levaron ramos a Jesús ao entrar este en Jerusalén] sempre o seguinte á primeira lua chea posterior ao  equinoccio (caendo sempre entre o 22 de marzo e o 25 de abril). O Martes de Carnaval  caerá sempre entre o día 11 de febreiro e o día  9 de marzo [de caer en febrero  en ano bisiesto, un día más tarde].

8  A LUA PINTA E METE MEDO

É farto notorio que desde antigo pénsase que a lúa ten poder para cambiar a forma das cousas.
Licántropo é palabra grega (likos, “lobo”; anthropos “home”), pero o licántropo é coñecido en todo o mundo antigo e medieval documentándose nos registros tanto literarios como históricos do área indoeuropea. Así o Licaón nas Metamorfoses de Ovidio ten como contrapunto en Pausanias, relatando a historia dun soado boxeador grego, o arcadio Damarco Parrasio convertido en lobishome durante nove anos tras un sacrificio a Zeus Liceo.
No soado capitulo do Satiricón do Banquete [as malas linguas din que Petronio o autor, quixo facer disto un trasunto dos banquetes de Nerón, esquecendo que Nerón era a persoa máis cultivada do seu tempo] comendo con Trimalción [sosteñen malas linguas sen fundamento algún que peronio retrata nel a Nerón, o home máis culto e refinado do seu tempo] e os hóspedes , Agamenón, Encolpio e os seus amigos escoitaron historias de lobishomes c. 62 e de meigas chuchonas c. 63 entre outras cousas.
Como o seu nome Lobishome indica, werwolf de wer “home”, wolf, “lobo”, pola parte humana nas linguas indoeuropeas, germánicas, celtas e latinas, germánico waird, nord. wer, sancr. wira, lat. vir (versipelio, chámase o home lobo dos romanos), irl. fer; litu. viras, galés gwr (de onde psbl. o burrus galaico e dona [b]Urraca; pola parte peluda, wolf/wol, a. ing. weri (de onde ven to wear, “levar posto”) wearer of wolfsking, “levar unha pelica de lobo”, como Berserker, “embutido nunha pelica de urso”.

Sutton Hoo Museo Británico

Pero que ten isto que ver co Antroido, André Pena? Pois mire vostede, caro lector, ou lectora, ao meu modo de ver, si ten, e moito, que ver co corio e con as hostes, teno que ver todo.

úlhèthnar/sing; úlhèthinn, aparecen mencionados na Völsunga saga

levando sobre as súas cabezas a pel dun lobo ao entrar en batalla. No mundo eslavo e arredores (Lituania, Estoniana, Bulgaria, Servia, Rusia e Polonia, reciben o nome de varstolak/vulkolak, etc.

Prácticas rituais de Bersekers representando a iniciación dos guerreiros envolven a loita co oso, presente sempre nos nosos antroidos atlánticos, e de toda a europa celta en xeral. Estes guerreiros estaban integrados en fratrias locais (os efectivos dun ou catro castros dun mesmo señor ou familia), compañías generalmente de 12 membros, agrupadas en batallóns ou centenas celtas de 120 membros, e formando 10 batallóns os efectivos dunha treba. A tribo dos Harii (cóntao Tácito na Germania) ten un lider Bjorn, “oso”, e o mesmo sucede cos coronos dos corios tribales celtas, habitualmente chamados Matugeno (a galia, p. e.), ou Mathamainn (en irlanda) literalmente “Fillo do Mato” tendo mato (como en Galicia chámalle Pondal no seu poema dos seres vagamundos), o bicho do mato, o sentido de Oso (Arktos; Arturo; Ártico).

9-  SEN OSO O ANTROIDO DOS CELTAS ESTÁ SOSO

OSO DE SALCEDO

Oso de Salcedo, A Poboa de Brollón. Fonte: La Voz de Galicia

 

A loita co adversario que é un oso, é un dos elementos fundamentais do antrudo ou antroido, galaico, ibérico, atlántico e europeo continental; e onde non o hai, o houbo e xa se perdeu – doulles a miña palabra de honor- e a pouco que se investigue a cousa (temos agora moitos e moi bos investigadores que o farán voando, non me cabe dúbida), verase que o houbo.

Entronización (3)

ollen o osiño no bronce votivo entronizatorio de Monforte de Lemos, conservado no Instituto de Valencia de Don Juan, Madrid, e nunha sítula con escena circunvalatoria dun arante rei

Convén non esquecer o que dicía H. Hubert, que cando un galo chamábase Matugeno ou cando un Irlandés chamábase Mathamainn, “Fillo dun Oso”, non quería dicir que fosen fillos dos osos, senón que pertencían á estirpe real.

bronce Monforte de Lemos

Bronce da entronización real celta procedente de Monforte de Lemos, ollen o oso coa soga ao colo arrastrado a escena (Instituto de Valencia de Don Juan, Madrid), aquí o oso é arrastrado á escena entronizatoria, na sítula de Bisenzio o arrastre é á escena da circunvalación da crica, “fronteira”, polo arante rei. Observen que a crica está representada pars pro toto polo trenzado da egua (A Deusa Nai, a Terra), a brosa ou machada para matar ao circumvalatorio touro, machada sobre a que descansa o grande torques entronizatorio aos pes do rei; e polo prótomos de touro. A unidade da Universal Celtic Common Law permite entender a nosa Arqueoloxia Institucional (A. Pena) estas piacula. A Arqueoloxía tradicional e coisa morta, incapaz de revelar as institucións.

A asociación entre os reis e os osos é constante en toda a Europa celtica e indoeuropea, os exemplos son infinitos, no século XVIII

Escort of His Majesty Albert II, King of the Belgians. Wikipedia

Escort of His Majesty Albert II, King of the Belgians. Wikipedia

As gardas reais de Europa levaban eses simpáticos puchiños de tradición celta confeccionados con pele de oso que ainda residualmente levan as gardas reais de Inglaterra, Bélgica, Canada, Holanda, Suecia, e as presidenciais de USA e Italia.

François-Isidore Darquier (fr), officer of the French grenadiers of the Imperial Guard wearing a bearskin cap. Fonte Wikipedia

François-Isidore Darquier (fr), officer of the French grenadiers of the Imperial Guard wearing a bearskin cap. Fonte Wikipedia

Unha boa trama entronizatoria leva o preceptivo oso arrastrado ao lugar da entronización, e tamén  o leva arrastrado á toma de posesión jurisdiccional do rei da treba: a  circunvalación da crica “fronteira” da terra seguido dos seus homes de armas e do pobo. Vendo pantallas, peliqueiros, etc,  desfilando marciais, facéndose respectar, e olhando o oso repartindo, contemplo ao corio celta, despedindo as moinantadas do inverno coa chegada Candeloria, ata o ano que ven. Palabra.

10 POIS XA QUE O SABES VOUCHO DICIR

 

 

Sobre fidalgosdenaron

André Pena, funcionario de carreira historiador, arqueólogo e arquiveiro do Concello de Narón, é doutor en arqueoloxía e historia antiga e decano do Instituto Galego de Estudos Celtas IGEC. Especializado no estudo das Relixións da Antigüidade; a Relixión Celta e a súa influencia no presente Cristián; da Mitología comparada; das Institucións Celtas e Indoeuropeas; dos Santuarios Celtas, e da Orixe pagana e o presente cristián do Camiño de Santiago e de San Andrés
Esse post foi publicado em ETNOARQUEOLOXÍA e marcado , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , . Guardar link permanente.

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s