BARCOS DE VAPOR BOTADOS NOS ASTELEIROS DE XUVIA (NARÓN) NA BELLE EPOQUE

[Resolvendo o enigma dunha misteriosa foto]

A Pintoresca Vila de Juvia

Ao abeiro da chamada Ponte de Xuvia reconstruída, segundo reza o epígrafe da pedra fundacional atopada polo que subscribe caida no río a finais do Antigo Réxime en 1831

“REINADO DEL SEÑOR DON FERNANDO VII, SIENDO PROTECTOR EL SR. MARQUÉS DE SAN MARTÍN DE HOMBREIRO, AÑO DE 1831”

Xuvia (Narón), era a principios do século XX unha fermosísima vila industrial e importante nó de comunicacións no fondo da Ria de Ferrol constituida no segundo cuarto do século XVIII unha muy importante e diversificada área industrial España da Ilustración.

ponte de xuvia3

Tres deseños de Eva Merlán Bollaín para a Historia Ilustrada de Narón. En Xuvia (Narón), fermosísima vila industrial no fondo da Ria de Ferrol, no entorno da chamada Ponte de Xuvia -reconstruída susbtituíndo a provisional de madeira chamada Ponte de Arce [feita por ter caido a Ponte do Porco, gótica, dos Andrade, esbelta de tres arcos, polo constante traqueteo dos carros que concorrían dende as fragas de todo o país no segundo tercio do S. XVIII carregados con grandes árbores para a construcción naval dos asteleiros de Ferrol], a finais do Antigo Réxime en pedra “Reinado del Señor Don Fernando VII, siendo protector el Sr. Marqués de San Martín de Hombreiro, año de 1831 segundo o epígrafe da pedra fundacional atopada caida no río Xuvia polo que subscribe-, se concentraba, unha importantísima e diversificada actividade industrial, unha das más importantes da Europa da Ilustración, dende o século XVIII.

A longa tradición da prósera vila de Xuvia,  permitíu o desenvolvemento a ún e outro lado na primeira metade do século XX, dunha diversificada industria, capitaneada pola familia Barcón, instalada dende 1878 no solar da antiga Real Fábrica de Moeda de Neda, e posteriormente no solar das Reais Fábricas da Ponte de Xuvia de Narón,  Definida “como un imaxinativo, emerxente e ambicioso clan” a familia Barcón foi moi activa nestes momentos do final da primeira guerra mundial de grandes cambios económicos e sociáis.

 

familiabarcon

O 9 de Noviembre de 1876, D. Francisco de Barcón y Quevedo compra al Estado la Real Fábrica de Moneda y Cobrería de Xubia junto con toda la finca, instalando en ella una fábrica de hilados y tejidos, con el nombre de “Barcón & Cía.”, inaugurada el 10 de Marzo de 1878. El 19 de Febrero de 1928, el Sr. Barcón vende la fábrica a D. Dionisio Tejero Pérez, que funda la firma Galicia Industrial. El 1 de Enero de 1956, Galicia Industrial cambia de nombre al ser absorbida por la firma Dionisio Tejero,S.A. El 1 de Marzo de 1982 un grupo textil formado por: Textil Santanderina , S.A., Vic Industrial , S.A., Gerona Textil , S.A. compran a Dionisio Tejero,S.A. la fábrica (en principio solo las instalaciones, y posteriormente el resto de la finca) y constituyen la actual Galicia Textil , S.A.

O proxecto definitivo de Ferrocarril entre as cidades de Ferrol e Bezanzos de 1888 contemplaba oito estacións  Betanzos, Miño, Pontedeume; Franza, Maniños, Neda, Xuvia e Ferrol.

Ubalda Sandino Barc´çon

Ubalda Sandino

Foi fundador do clan familiar Diego Francisco Barcón de Quevedo (1830-1920) que tivo aos “Barcón Alva” Francisco, Augusto, Luisa e Ildefonso de Mª Luisa delCarmen Alba y Martín; ; aos “Barcón Horta”: Luis, Francisco e Rafael, de Luisa Orta; e aos “Barcón Sandino”, Rita, Antonio e Ubaldo de Ubalda Sandino Barcón

barcón3

Francisco Barcón

Os Barcón, primeiro Don Francisco de Barcón e logo os seus fillos, os hirmaos Barcón, “protagonistas de boa parte do debate político e cultural da cidade departamental, constituían un grupo familiar de extraordinaria proxección social” e económica tras diversificar moitísimo os seus intereses empresariais,  manténdo na zona un importante e diversificado vigor industrial, contrapunto a actividade dos asteleiros de Ferrol, favorecidos en 1818 polo remate da ponte de ferro sobre a ría.

familiabarcon2

Os Barcón estiveron tras o proxecto definitivo de Ferrocarril entre as cidades de Ferrol e Bezanzos de 1888 que  contemplaba oito estacións  Betanzos, Miño, Pontedeume; Franza, Maniños, Neda, Xuvia e Ferrol, sen descuidar outras actividades, facéndose incluso coa propiedade do xornal El Correo Gallego. O clán familiar dos Barcón como dí a Revista do club de  Prensa de Ferrol “tiña no seu seo figuras magnetizadas pola capacidad de influencia que, cada vez mais, xeraba a información diaria”

Juvia perpetuaO remate da ponte de ferro sobre a ría en 1818 favoreceu na primeira metade do século XX o desenvolvemento da próspera vila de Juvia, feudo da familia Barcón.

Ubaldo Barcón Sandino, é coñocido pola súa relación cos tranvías de Ferrol,  dos que era propietario dende 1913.

001

Na escritura de constitución de Tranvias de Ferrol  “constaba a subrogación da sociedade en todos os dereitos e obligacións derivadas da concesión do Tranvia eléctrico de Ferrol a Santa María de Neda, cuxo concesionario era Don Ubaldo Barcón Sandino, quen xunto con Alfredo de Cal Díaz, este último como presidente do Consello de Administración de Tranvias de Ferrol, solicitaron a Administración autorización para dicha transferencia. Sendo Autorizada o 2 de agosto de 1923 (Gaceta de Madrid, 30, 08, 1923).  A escritura de constitución de Tranvias de Ferrol levouse a cabo na notaría, entre Francisco Barcón en representación do grupo de Accionistas de Ferrol a Xuvia e a Sociedade Hispano-belga, representada polo seu Director Xeral Emilio Valdés (GCH, 16,10, 1913) fonte http://www.spanishrailway.com/capitulos_html/tranviasdeferrol.htm

VIDA MARÍTIMA

O director do Museo Naval de Ferrol, a quen expreso o meu agradecimento informoume dos números da revista  Vida Marítima  con referencias a construcción de pesqueiros de vapor en Xuvia,  agora dixitalizada  pola Biblioteca Nacional de España-.

Divulgamos agora a existencia da non por puntual, pouco importante industria de construcción naval de  barcos de vapor de Xuvia.

Don Ubaldo Barcón Sandino, prevendo o cambio de rumo do comercio ao remate – 11 de Novembro de 1918- da Primeira Guerra Mundial, decidiu, seguramente ao abeiro da incerta coxuntura, diversificar a súa actividade industrial construindo uns asteleiros no esteiro do Rio Xuvia próximos ao seu panteón familiar, a Igrexa de Santa Rita, onde entre 1919 e 1920 botáronse  varios barcos de pesca e mercantes de respetable porte, dignos de ser reseñados na revista Vida Marítima,  movidos con maquinaria de vapor importada de Inglaterra, montada sobre cascos de madeira por personal técnico traido de Ferrol.

A principios de abril de 1919 cinco meses despois do remate da Primeira Guerra Mundial botouse o primeiro barco de vapor de pesca do que temos noticias O Baldomero dando conta na súa seción “Del Litoral” da botadura de forma destacada a  revista Vida Marítima Año XVIII

barco vapor 1

Na derradeira década do século XIX sumando á bodega, pañois e aloxamentos de mariñeiros e patrón agora a carboeira, os tanques de auga doce, a caldeira de vapor, o alternador xerador, o eixo transmisor e a hélice, a tecnoloxía do vapor alterando unha milenaria evolución natural modificou estilizando os cascos e aumentando a velocidade  o casco das embarcacións tradicionais de pesca das rías, agora distinguidas na distancia pola longa ringleira de negro fume da cheminea.

Sistema de produción:

O proceso de construción que tradicionalmente seguiron os carpinteiros de ribeira artesanais é de tipo secuencial. O barco contrátase sobre a base dunhas dimensións principais (eslora total, manga fora de forros e puntal de construción) e unha sinxela especificación de materiais, cuxa complexidade aumenta co tamaño.

Asteleiros do rio xubia

Queda así resolto o enigma da foto. Vista da nova casa dos Barcón sobre a ponte, e das instalacións na beira esquerda da ribeira, dos asteleiros de Ubaldo Sandino. Dous barcos xa botados, esperan pola maquinariaria inglesa de vapor.

O carpinteiro define a forma do casco coa elaboración da maqueta ou maqueto, un modelo a escala reducida do medio casco en madeira, ou ben, no canto de embarcacións menores, mediante a construción e o montaxe dos elementos principais (roda, codaste, unha ou varias cadernas), que sérvenlle de elementos directores para obter a superficie empregando rixideiras (junquillos).

A elaboración das pezas que van formar a estrutura comeza coa selección da madeira, e continua co trazado e o corte. O proceso construtivo, así sinxelamente descrito, remata co montaxe a bordo e o ensamblaxe dunhas pezas coas outras.

No traballo tradicional xeralmente non se facían planos, gozando dunha ampla liberdade para definir as formas do casco e os aspectos construtivos da estrutura, respectando as dimensións principais e os escantillóns dos elementos básicos do proxecto. As montaxes mecánicas as realizaba normalmente persoal alleo ó estaleiro.

Ademais da propia dimensión empresarial, a carpintería de ribeira industrial tiña como diferenzas significativas o feito de que traballábase sempre sobre plano e de que dispuñan de un cadro de persoal estable, ademais de que xeralmente levaban a cabo as montaxes mecánicas nos seus propios talleres.

similar ao Baldomero

Barco de pesca de vapor con popa de espello [de aciago recordo -pois os golpes de mar varrían literalmente deste tipo de popa aos nosos mariñeiros sorprendidos faenando en cuberta- ao deixar moitas viuvas no noso país] matriculado en Ferrol da época, similar ao botado en Juvia. “El montaje de máquina y calderas correrá a cargo de la Sociedad Española de Contrucción Naval”. As montaxes mecánicas as realizaba normalmente persoal alleo ó estaleiro.

A  revista Vida Marítima de 10 de abril de 1919 de forma destacada daba conta na súa seción “Del Litoral” da botadura:

A principios de abril de 1919 cinco meses despois do remate da Primeira Guerra Mundial botouse o primeiro barco de vapor de pesca do que temos noticias O Baldomero dando conta na súa seción “Del Litoral” da botadura de forma destacada a  revista Vida Marítima .

VIDA MARÍTIMA AÑO XVIII,  Nº 622

10 abril 1919

FERROL.- Botadura del vapor de pesca “Baldomero”. – En los astilleros que en la pintoresca Villa de Jubia posee don Ubaldo Barcón y Sandino, ha sido botado al agua un hermoso vapor pesquero construido por encargo de D. Eusebio Rodríguez y Compañía Juvia posee D. Ubaldo Barcón, ha sido botado al agua un hermoso vapor pesquero construído por encargo de Don Eusebio Rodríguez y Compañía, de quien es socio gerente el conocido comerciante de esta plaza Don Ricardo Nores.

El acto resultó brillante. Bendijo la nave el capellán de la fábrica de tejidos de los Señores Barcón, y fué madrina la bellísima señorita María de la Asunción Barcón Furundarena, hija de Don Ubaldo.

Al buque se le puso el nombre de Baldomero. Mide 21 metros de quilla y 23 de eslora.

El montaje de máquina y calderas correrá a cargo de la Sociedad Española de Contrucción Naval

Casa Grande2

A Casa Grande, preparada para recibir aos reis. Un ano despois da botadura Don Ubaldo -amigo personal e hospedeiro do Rei Alfonso XIII- foi nomeado  Marqués de Casa Lozano – nova recollida no ABC do sábado 21 de Novembro de 1919, edición da tarde, p. 23-

VIDA MARÍTIMA AÑO XIX,  Nº. 650

, 29 febrero 1920, p 95

FERROL- […] *** Dos botaduras. – En los astilleros que en Jubia posee  el Sr. Barcón se ha verificado la botadura de dos hermosos vapores pesqueros que respectivamente fueron amadrinados por las señoritas Ángeles Barcón y Pilar Aznar.

barco xuvia

Barco de pesca de vapor matriculado en Ferrol da época, similar ao botado en Juvia.

El capellán de la Fábrica de Jubia, D. Jesús Castro, bendijo los barcos.

Ambos barcos casi cayeron simultáneamente al agua, durando la operación tan sólo tres minutos.

barco3

El público que presenciaba el acto prorrumpíó en entusiastas aclamaciones.

Despues de la botadura fueron obsequiados los operarios del Astillero con una espléndida comida.

O proceso de construción secuencial dos barcos de vapor sigue o método tradicional: carpinteiros de ribeira artesanais. O barco se contrata consonte determinadas dimensións: a eslora total, a manga fora de forros e o puntal de construción, especificaciones ocasionalmente reseñadas nos asteleiros de Narón.

O número 653, sección “Del Litoral”, de Vida Marítima recolle o 20 de marzo de 1920 a na noticia da botadura dun vapor de pesca dos astelerios de Xuvia:

VIDA MARÍTIMA AÑO XIX

Núm 653 20 marzo 1920, p 126

FERROL.- […] *** Botadura.- En los astilleros que en Jubia posee D. Ubaldo Barcón, ha sido botado al agua un vapocito de pesca que tiene las siguientes características:

Longitud de la quilla, 21 metros, de eslora, en cubierta, 22,70; de Puntal 2,55 y de manga, 4, 35.

As carácterísticas anteriores se sumaban cunha complexidade proporcional ao tamaño do buque outras sucintas especificacións de diversos materiais.

O carpinteiro de ribeira define a forma do casco elaborando para barcos maiores previamente en madeira o maqueto [maqueta/maqueto…a forma masculina galega indica sempre menor tamaño, así a cesta ten un tamaño maior que o cesto; carballa / carballo; machada / machado; fouciña / fouciño; chaqueta / chaqueto; a ponte/o ponto] a escala do medio casco. No traballo tradicional, gozando o carpinteiro de ribeira de plena liberdade nos aspectos construtivos da estrutura definición do casco, etc, non se fan planos adaptándose os escantillóns [patrones ou guías] dos elementos básicos do proxecto as dimensións principais. En embarcacións menores, o carpinteiro de ribeira, previa selección, trazado e corte da madeira, prepara e monta directamente as pezas roda, codaste, cadernas empregando rixideiras… conforma o sólido esquelete os principais elementos directores para a elaboración e ensamblaxe da embarcación.

A maquinaria dos vapores a pouco de rematada a primeira guerra mundial era importada de Inglaterra.

 

VIDA MARÍTIMA. Núm 660, 30 mayo 1920

 

mercantevapor

Vapor Mercante Guipuzcoa

*** Lanzamiento de un vapor.- En los astilleros de Juvia se ha efectuado el lanzamiento de un vapor mercante, revistiendo la ceremonia gran solemnidad.

Los propietarios de los astilleros obsequiaron á los obreros que construyeron el casco del buque. Pronto serán botados dos barcos más. Se esperan de Inglaterra dos buques que traen las máquinas para estos barcos.

barcosmatriculadosferrol

A ría de Ferrol estaba inzada destes vapores de todos os tamaños

 

*** La Fiesta del Cristo de los Navegantes.- Con extraordinaria solemnidad se ha celebrado esta fiesta cuyos gastos sufragaron los armadores de las parejas de pesca.

En la procesión marítima, rompía la marcha el vaporcito Rosa Piñeiro. Le seguia el Weyler I. En éste iba la imagen del Cristo de los navegantes. Engalanaban esta embarcación atributos de la marina, ostentando en los mástiles banderas y gallardetes.

Iba después el Weyler número 6  con la banda de música de Infantería de Marina. Daban escolta todos los buques de pesca, engalanados y otros muchos. Los muelles se invadieron de público para presenciar la partida. Disparáronse bombas y los barcos hicieron sonar las sirenas.

 

 

 

 

Sobre fidalgosdenaron

André Pena, funcionario de carreira historiador, arqueólogo e arquiveiro do Concello de Narón, é doutor en arqueoloxía e historia antiga e decano do Instituto Galego de Estudos Celtas IGEC. Especializado no estudo das Relixións da Antigüidade; a Relixión Celta e a súa influencia no presente Cristián; da Mitología comparada; das Institucións Celtas e Indoeuropeas; dos Santuarios Celtas, e da Orixe pagana e o presente cristián do Camiño de Santiago e de San Andrés
Esse post foi publicado em ETNOARQUEOLOXÍA e marcado , , , , , , , , . Guardar link permanente.

2 respostas para BARCOS DE VAPOR BOTADOS NOS ASTELEIROS DE XUVIA (NARÓN) NA BELLE EPOQUE

  1. Encontrei por inercia este blog e me interesei por el , xa que trata da historia da nosa Galicia e para min e moi interesante saber cousas da nosa Terra .

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s