PARA QUEN É O PEITE DE OURO DE CALDAS? A MOURA E A MULLER MARIÑA

A MOURA É A MULLER MARIÑA

Ós Mariño

Por André Pena Graña*. Arqueólogo e Historiador do Concello de Narón

*André Pena Graña, é Dr. en Arqueoloxía e Hª Antiga e  decano do Instituto Galego de Estudios Celtas

 

A MOURA, DE *OMURICA,  “A DO ALÉN BAIXO O MAR”

 

Sir Edward Coley Burne-Jones - A Sea-Nymph 1881

 

MOURA/ AMOURA

 Segundo o penso non seria A Moura a forma correcta , senon  psb.  *A  Amoura,  “A do Alén baixo O Mar, a Señora habitante do Outro Mundo. Trasunto da Deusa Nai.

 Seguramente, de omuŕ+i+ka* [J.16.2] < *u(p)omorik_-ex J. T. Koch-:  ‘o submarino alén” ,  “the under-sea world’, cf. Gaulish Aremorica ‘The Land by the Sea’, Welsh arfor-dir ‘coast’. 

urbanolugris

SAN BARANDAN LUGRIS COLECCIÓN ABANCA

Urbano Lugrís Illa de San Barandan –Sancti Brendani-, illa de San Amaro ou illa de Trezenzoni de Solistitioni Insula Magna. Abanca Colección de Arte. 

O Alén está nunha occidental e bretemosa illa atlántica,  tralo solpor.

 E tamén está  baixo o mar.

E está baixo os cursos de auga, rios, pozos, fontes, como a Fonte da Moura en Sedes e  pontes como a de Pielas.

E tamén está baixo terra, baixo os castros, baixo as penas,  baixo as mámoas, dólmens, arcas, etc.

 

 

OS MARIÑO, BERCE DO CONCEPTO MELUSINO DA LIÑAXE 

 O conde de Barcelos, vinculándoos os Foiazes ou Petriz, á Casa de Trava e Trastámara directa,  concentra nos Mariño as dúas opcións do mito fundacional da liñaxe en Europa.

 Por unha banda o mito fundacional instituido polo Cursus “viaxe por mar” do heroe, transformado en Error, “viaxe errático da nave arrastrada” por tempestade do mar e divina vontade que fai chegar un bote da flota do Conde don Mendo, naufragada no Cabo Prior, con os Mariño ás praias de Covas (Ferrol, Terra de Trasancos)

conde-don-mendo

E por outra banda recolle o Conde de Barcelos o mito fundacional  dos Mariño, instituido no matrimonio do fundador da liñaxe destinada a Reinar con Doña Mariña, nome da  Muller Mariña [A Moura, Deusa Nai] de Galicia e do Atlántico, e o nacemento do sobrenatural fillo un tal Juan Mariño, concebido [como os tres Uí Corra irlandeses tamén casualmente chegados nunha barca a mesma praia do Cabo Prior] no solsticio de verán :

A LINHAGEM DOS MARINHOS

Moura Mariño

A Moura (reproducción A. Pena), da que figura na p. 250 do libro La Identidad de Cristobal Colon, de Alfonso Philippot con este epígrafe: ” Estudo de Armas dun membro da familia Colón, que presenta: “En Azur unha muller mariña (sirena) sobre ondas de agua de azur y plata, peiteándose cun peite de ouro, e acmpñanada con dous fachos de cera ardendo un a cada lado. Entre paréntesis consta “galego”, e pertence sen dúbida aos Mariño (Revista Hidalguía. Madrid 1976)

Foi hum cavalleiro boo que ouue nome dom Froyão, e era caçador e monteiro. E andando huum dia em seu cavalo per rriba do mar a seu monte achou huma molher marinha jazer dormindo na rribeira. E hiam com elle três escudeiros seus, e ela quando os sentiu quis-se acolher ao mar, e elles foram tanto em pós ela ata que a filharam ante que sse acolhesse ao mar; e depois que a filhou, a aqueles que a tomaram fê-la pôr em huuma besta e levou-a pera sua casa. E ela era muy fermosa, e ele fê-la baptizar, que lhe não caia tanto nome nenhum como Marinha porque saira do mar, e assim lhe pôs nome e chamaramlhe dona Marinha: e ouve della seus filhos, dos quais ouve hum que ouve nome Joham Froyaz Marinho. E esta dona Mariha não  falava ne(m) mygalha. Dom Froyão amavaa muyto e nunca lhe tantas cousas pôde fazer que a podesse fazer falar. E huum dia mandou fazer muy grã fogueyra em seu paço, e ela vinha de fóra e trazia aquele seu filho consigo que amava tanto como seu coração, e dom Froyão foi filhar aquelle filho seu e dela e fez que o queria enviar ao fogo; e ela com raiva do filho esforçou de bradar e com o brado deitou pela boca huma peça de carne, e dali em diante falou. E dom Froyam reçebeu-a por mulher, e casou com ela.

[O Livro de Linhagens, do Conde Dom Pedro, Lisboa p. 383.]

sereiña

 Este relato popular da Serea Dona Mariña recollido polo Conde de Barcelos é, en efecto, o berce do conto danés Den lille Havfrue de Hans Christian Andersen, e  berce do posterior ciclo chamado ‘melusino’, por Melusina, a Muller Mariña francesa, pero, sobre todo, é base de lexitimación do poder e posesión real: Da Monarquía de Dereito Divino (Pena Graña).

Ainda sendo a lenda do conde de Barcelos o primeiro documento no mundo do tema da “Monarquía de Dereito Divino” ou Melusino,  Galiza antes incluso da Idade de Bronce, o  rexistra de forma arqueológica no Peite de ouro, calcolítico (Pena Graña), de Caldas.

Ola e pente de ouro, seguramente, un agasallo do heroe para a Mater

Así as velhas liñaxes da Europa Atlántica tomando ou herdando o brasón dos Mariño

Molher Marinha

incorporaron nos seus brasóns a Muller Mariña  

-É o caso dos Irlandeses Ellis

ellis

-É o caso dos Escoceses Scott

escudo

E moitos outros, longos de enumerar,presumen de divina orixe, de ser os descendientes do capitán, salvado, e escolleito por esposo.

moura e cabaleiro

Burne-Jones, Sir Edward Coley A profundidade do mar (1887) -acquarella e tempera . Fogg Art Museum, Harvard University

As Mouras que nacen e moran nun mundo inmergido…,  tamén moran, con sobrenatural forma humana, nun mundo subterráneo.

moura-eva-merlan

Moura de Eva Merlán. Historias de Trasancos.

 Fai moitos anos sinalamos que as mouras galegas e da Europa Atlántica acostuman saír da súa morada [baixo o mar ou baixo terra] non poucas veces a lavar e peitear os dourados cabelos

-por secretas portas dos rios, de fervenzas

SANYO DIGITAL CAMERA

A Moura lavando cabelos na Fontana Fria

-de pozos e de fontes, como a dos Tres Alcaldes que separaba os concellos de Serantes, Ferrol e Narón, ou o pozo sin fondo perto do Marco de Portonovo que separa os concellos de Narón, Valdoviño e San Sadurniño:

esta cantiga metricamente tem estrutura de espelho” – explicame Paulina Ceremuzynska- para entendelo ben, tes que mirar a estrutura metrica da cantiga en cuestion:

Levous’a Louçana, levous’a velida,

vai lavar cabelos na fontana fria,

leda dos amores, dos amores leda.

Levous’a velida, levous’a louçana,

vai lavar cabelos na fria fontana,

leda dos amores, dos amores leda.

Vai lavar cabelos na fontana fria,

passou seu amigo que lhi ben queria,

leda dos amores, dos amores leda.

Vai lavar cabelos na fria fontana,

passa seu amigo que a muit’a amava,

leda dos amores, dos amores leda.

Passa seu amigo que lhi ben queria,

o cervo do monte a augua volvia,

leda dos amores, dos amores leda.

Passa seu amigo que a muito amava

o cervo do monte volvia a augua,

leda dos amores, dos amores leda”.

 

E,  sobre todo, A Moura,  de Europa afai sair do interior de mámoas ou túmulos funerarios do Neolítico á Idade do Ferro  .

moura baja def

Violación da mámoa de Santa Margarida, O Val, Narón, por Carlos Alfonzo (ex A. Pena) para Caminos Milenários do Plan de Dinamización Ferrol-Ortegal.  Nos violadores de mámoas galegos a remota idea do matrimonio coa [A]Moura aínda estaba presente, desde a documentación medieval ao século XIX. MARTÍNEZ SALAZAR (1909: 218-9), entendendo o valor etnográfico das declaracións dadas ante o xuíz polos garimpeiros, “violadores furtivos de túmulos” preocupouse dos transcribir: Hilario Alonso tiña achado alí unha muller descabelada [isto é co cabelo ao ar, non oculto polo pano] e vestida de raxa parda [raso cor castañoo, roupas custosas como convén a unha belísima [A]Moura], e os cabelos soltos, e isto a bocanoite […], e que traía na man uns poucos de cabelos [de ouro], e que lle dixera  que cal lle parecía mellor, aquilo que ela traía na man ou ela; e que el lle respondese que ela […]: e entón que ela lle mandase que fose cavar  ao dito Otero [outeiro] da Mámoa de Segade e que atoparia un tesouro […]

 No Montede Nenos, Narón, os túmulos se chaman  Montiños da Moura [sive potius Montiños da Amoura]  porque dos buratos de violación  que presentan estes túmulos sale a Moura a asollar o ouro.

A MOURA 002

 

Pars pro toto o inventario post mortem dos obxectos depositados no túmulo do cabaleiro, se representa nas estelas funerarias Atlánticas desde a Idade do Bronce S. XIV a. C., até o período Tardo Antigo, século VII d. C., como sucede co espello e o peite para a Moura ou Muller Mariña (Pena Graña), que un día, o escolleu na Trebopala para reinar; e, agárdao a súa morte en seu reino do Mar Moiral, ou Alén para compartir con el seu reino e seus tesouros. Mais esta tradición do peine e o espello da Muller Mariña mantida nas heráldicas até hoxe Cando naceu?

A moura e o cabaleiro

O áureo peine calcolítico de Caldas, permite ver sendo conservadores en clave de continuidade unha orixe Neolítica.

arca

Crenzas que fixeron que a xente poderossa levase consigo, o mellor que tiña, o ouro, para o gozar no Alén ou no interior da cámara, alimentan o interese polas mámoas dos que non teñen medios para subsistir.

Comezando a violación ao día seguinte do enterro (Pena 1991) e repetíndose ao longo de milenios.

grande buraco de violacion. campo da arca. monte de a lagoa

Estas actividades deixan deixan nos lacos anticos et mamolas “mámoas”, dos diplomas súa tarxeta de presentación o visible buraco de violación. En 1997 o indoeuropeista galego da Sorbona Eulogio Losada Badía, creador do IGEC, presentou nun congreso na Universidade de Bretaña Occidental, Brest -as actas publicáronse en formato libro, seus estudos sobre o signario tartésico, concluíndo que por súas carácteristicas fónicas se trataba, sen dúbida dunha lingua Celta. O libro distribuído por Francia, Bretanha, Escocia e Irlanda, acordou o interese dos lingüístas especializados nos estudos celtas. Hoxe coñecemos a orixe dos buratos de violación das mámoas, mais o imaginário dos paises celtas pensaba que estes buracos, eran como túneles comunicando noso mundo dos vivos co Alén, polos que saía a A[Moura]a asollar seu ouro para que conservase o brillo. As miniaturas medievais a representan co cabelo solto, tocando a viola, sobre á mámoa ou se ollando ao espello e peitando o dourado cabelo cum peite de ouro.

completaron o traballo os construtores de lareiras para as casas dos campesiños granxeiros, levándose as pedras ou chantas da cámara, -da pedreira-, dizian.

arca mamoa lagoa desencanto do tesouro

tesouro de caldas, museo de pontevedra

Tesouro de Caldas, Museo de Pontevedra

O tesouro escondido de Caldas ilustra este costume documentado cando sinalando que a Terra dos Galegos é rica en ouro, prata, peles de animais salvaxes e outras riquezas, dí (capítulo VII) o Códice Calixtino no S. XII, que sobre todo é moi rica en Tesouros dos Mouros, gacis sarracenicis [sarracenos e etimoloxía popular dos mouros considerando mineria o “furar nas mámoas”, o abrir galerías no Alén en termos de Xeografía Mítica Celto-atlântica para coller os tesouros das razas da Mourindade.

Así as pensamos todas violadas hoxe.

 

A MOURA, EMBELESADA AO ESCOITAR O CANTO DO SOL QUE ENTRA NA SUA NAVE EN FISTERRA. 

Así conta Juan Mariño a historia do áureo peite:

helios 2

“Tras surcar o ceo co seu dourado Carro, Grannos, Deus celta do sol, descendeu á nave de ouro, disposta á tardiña no finisterre Atlántico, e desatou os seus alados cabalos que voaron ceibes.

 

Barco solar
Cando o deus dos cabelos vermellos entrou na súa nave, observou como unha bolboreta amarela pousábase na lira colgada do mástil, un instrumento por el inventado nun outeiro das súas montañas de ouro.

SANYO DIGITAL CAMERA

Nese momento, sobre unha illa flotante cuberta de verdes algas e vermello coral, xurdiu do abismo unha muller mariña.

sketch-for-a-mermaid-1892 John William Waterhouse

Retirada a auga, as algas transformáronse en brancas azucenas e Ana Manana, a filla do Deus do Mar, en bela muller que se dispuxo a secar o seu dourado cabelo.

ancient Gallo-Celtic statue with an ancient Celtic crwth (lyre)

Antiga estatua bretona. Representa, seguramente, o Grannos Apollo celta tocando a crwth, “lira”

Grannos, prendado de tan sobrenatural beleza, colleu a súa lira e comezou a Cantar. Ao momento, do lobo cinza ao salmón plateado, todas as criaturas do finisterre foron a escoitar.solarship André Pena

E, afundíndose no océano, a melodía do heroe solar chegou a Omórica, pazo de nácar do Deus do Mar, Mananán, “O Bonachón”, fillo de Lir, quen aboiou sobre Tritón entre as ondas, para oír aquel cantar.

poseidón 2

Di Cunqueiro que Mananán pode cubrir o seu corpo con escamas vermellas ou azuis,

Atho

“Deus che leve a bon porto” Petroglifo sueco da Idade do Bronce representando ao deus levando ás ánimas

e guiar a bo porto aos barcos co seu dedo meniño nos días de néboa;

de-windstoot-the-gust

Willem van de Velde II, 1707

que os seus pesadelos desatan tempestades; que loita contra os ventos, os derrota e afúndeos no abismo da mar.”

E a canción que cantaba o sol non se esqueceu. E na Idade Media os trovadores transmitírona por escrito.

Ana Manana que atusaba o seu cabelo co seu peite de ouro, ao oir o canto estremeceuse de pracer e o peite caeu das súas mans afundíndose no océano, arrastrado polas correntes. E ela escoitaba embelesada entre as azucenas a música da cítara acompañando a voz de Grannos e chorou.

Cando a música cesou e o Deus partiu na súa nave, Ana buscou seu peite e non puido atopalo. Desconsolada, afundiuse coa súa illa e nunca volveu a emerger. Foi entón cando a primavera desapareceu e o xeo se enseñoreou de Europa. Gran parte da poboación extinguiuse e só a costa atlántica de Iberia, a contorna daquela barca do sol onde Grannos entonara o seu canto, permaneceu sen xeo.
Transcorreron dez mil anos de cru inverno, ata que unha moza de louros cabelos atopou o peite ao pé dun acantilado cando buscaba comida para os seus irmáns pequenos. Coñecedora da lenda de Ana Manana, levouno ao lugar onde contaban que a sirena mergullouse evos atrás. Devolto o peite á súa dona, a primavera volveu e o xeo comezou a fundirse.

the coming of the sons of Mile
E a Illa de Irlanda foi o primeiro lugar que quedou libre do xeo.

Sobre fidalgosdenaron

André Pena, funcionario de carreira historiador, arqueólogo e arquiveiro do Concello de Narón, é doutor en arqueoloxía e historia antiga e decano do Instituto Galego de Estudos Celtas IGEC. Especializado no estudo das Relixións da Antigüidade; a Relixión Celta e a súa influencia no presente Cristián; da Mitología comparada; das Institucións Celtas e Indoeuropeas; dos Santuarios Celtas, e da Orixe pagana e o presente cristián do Camiño de Santiago e de San Andrés
Esse post foi publicado em ETNOARQUEOLOXÍA. Bookmark o link permanente.

4 respostas para PARA QUEN É O PEITE DE OURO DE CALDAS? A MOURA E A MULLER MARIÑA

  1. André, entreguei um artigo há poucos dias, mencionando esse assunto, gostaria que esse seu material tivesse sido postado antes. Bem, mas encontrei várias versões para a lenda da Melusina, desde a de Jean D’Arras, até as versões posteriores, que a incluem na lenda das sereias.

    • Sim, cara Angélica. O Nobiliario do conde de Barcelos, precede em meio século [-o Conde tinha dado por concluído o Livro de Linhagens antes de ter iniciado a redacção da Crónica de 1344 , Jean d’Arras em 1392-1394-] ao Roman de Mélusine inserido em Le Noble Hystoire de Lusignan. Mas isso é irrelevante, pois são lendas [- com sua origem segundo o penso seguramente no Neolítico Atlántico, documentadas por mim no Calcolítico no peite de caldas e depois nas estelas Antlánticas da Idade do Bronze até a Epoca Tardo Antiga Picta], compartilhadas. Ilustrando claramente o tema do peite da Mulher Marinha. Dá-te conta que este promptema abre o caminho para compreender o conceito de nobreza e de monarquia de direito divino em Europa e desde o Calcolítico pelo menos, claro está com meu método, chamado Arqueologia Institucional. Eu pela primeira vez em Europa, tenho a honra, dico aperte, do ter feito, pois a simples Arqueologia, fora do inter, e multi disciplinar, como demonstrei em minha tese, não pode revelar nem uma sozinha instituição da Prehistória.

  2. Pingback: O SECRETO DA PENA MOLEXA. A LUNAR BARCA. CINCO COUSAS QUE DEBES SABER | Fidalgos de Narón

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s