[Atención! Páxina en construción]
POR ANDRÉS PENA GRAÑA
LIMIAR
O MEDIO. RELEVO
O Concello de Narón participa da xeomorfoloxía da comarca da Terra de Trasancos, lato val orientado en dirección S-N que comunica a Ría do Ferrol có Océano Atántico.
O Val de Trasancos péchase ó Atlántico -Montes da Painceira (San Mateu) e Vilarquinte, Campo da Arca e A Lagoa (O Val) –
e ós aceirados ventos do NW pola grande, elevada, esgrevia dorsal que dende o cabo Prioriño (Prioiro Chico) vai ata o Monte Campelo polo Norte
, ramificándose ao Oeste ata a costa de S. Xurxo da Mariña cun declive cuasi vertical en toda a pendente que mira ao mar.
Asentase entre as paredes destas serras unha xigantesca chaira, ancha, longa, pouco elevada nomeada na Idade Media “Valle Trasanquos” que en dirección Norte/Sur exténdese dende Valdoviño, Lago, Sequeiro, Meirás e Valdetires, pasa por Sedes, O Val, Castro, Leixa, San Mateo e Santa Icía de Trasancos, San Xiao de Narón, Xuvia, Serantes e Ferrol.

Vista do Val de Trasancos desde o mirador deseñando polo servizo de arqueoloxía, hoxe inexistente [foi vandalizado] do Monte Esperón. O cartel ilustrado por Eva Merlán Bollaín, recollía unha das moitas lendas do Monte. Alberga no seu interior unha cova da que brota un gran manantial de auga, doce onde os Mouros gardan o tesouro de sete imperios. A agua, índose por unha subterránea galeria desagua no fondo da praia de Pantín, podéndose localizar o lugar esato polo ruído que fai ao saír.
Na outra estrema, o val, péchase ao Oriente por outra dorsal, confrontada e continuación da anterior, que principia seu percorrido hodográfico en Pantín e departe ao Sur polas freguesías de Valdoviño e Sedes, onde vira, dirixíndose cara o leste por Pedroso a Santa Mariña do Monte e remata no Val de Moeche e as Somozas.
A parte Oriental do Concello de Narón comunica esta chaira e Val de Trasancos co val do río Xuvia e as terras baixas de Moeche a traveso dunha fonda e particularísima depresión: o Val de Pedroso.
Nado a finais do terciario cando se produce a alteración das rochas dos montes de Nenos e a Pereiruga ( Augusto PEREZ ALBERTI ), conformaríase durante o cuaternario cando o clima seco que durou ata hai 100.000 anos permitiu ás augas torrenciais arrastrar superficies areosas, limos (as celebres barreiras de Pedroso, sobor de todo a escasísima e rara arxila azul, apreciadísima polos hidroterapeutas e balnearios ao conter un cobalto radiactivo empregado con fines terapéuticos) e cantos, desmantelando así a alterada capa terciaria, lixando as terras altas, marcándose profundamente a complexa rede hidrolóxica desta freguesía, e formando con depósitos de tipo aluvial e torrencial o Val de Pedroso.
O río máis salientable do Concello de Naró
*n e da bisbarra de Trasancos é, xunto co seu afluente o río Castro ou Narahío, o río Xuvia.
Co berce nas Somozas, o río Xuvia, (coñecido na Antigüidade ó ser probablemente este río o célebre Libica que xunto co Nario situa nunha ría dos Artabros “de boca estreita” ó historiógrafo Pomponio Mela), moi caudaloso, recolle no seu decurso por Narón as augas dos montes de Nenos e a Pereiruga que a el conflúen dunha morea de regatos e arroios de Pedroso (augas do Monte de Nenos e a Pereiruga), Sedes, San Xiao de Narón e Doso. No seu espectacular desaugue no canto da ría move o muíño e “Fábrica Real” de fariñas construído polos Franceses Juan Lestache e Francisco Bucan na Ponte de Xuvia.
Ríos menores, máis de alcance no Antigo Réxime para a economía do Concello de Narón, son, en primeiro lugar o río chamado Vespasante que, tras nacer no lugar do Lubeiro de Santa María a Maior do Val tomar este nome dunha célebre mámoa ou túmulo do Neolítico final chamado Arca de Vados Pasandit – milagrosamente conservada ata hoxe por servir de marco terminal, a carón do vado entre as frigresías de San Mateu e O Val- , o seu cauce vai recibindo logo, sucesivamente, o nome das parroquias que o acollen: Leixa , Santa Icía …, para, pasada a ponte chamada romana[1] xa co seu caudal considerablemente crecido polos aportes de varias fontes e regos, é en Piñeiros coñocido co nome de río dos Amenadás; movendo e bautizando outro interesante muíño industrial de Lestache :
o “Muíño dos Amenadás”
e chámase río Freixeiro cando desauga no “Mar da Xoiva” no esteiro do Ponto polas comportas do monumental muiño de marea e Real fábrica de Fariñas de Lembeie.
Máis pequenos , outros ríos de menor importancia verquen as súas augas na ría, este é o caso do nomeado río Cabra, dos Abruñeiros ou Inxerto; e o regato do Salgueiro ou Pedregal, en San Martiño de Xuvia ou o río Pereiro que pasa por Xuvia e San Xiao de Narón e desauga na Gándara.
Unha escepción e o río de Cortes antigo río da Raíz, que dende a freguesía do Val pasa á de Meirás e verque ó Atlántico composto de numerosos regos con orixen nas fontes que recollen a auga dos Montes da Lagoa e Campo da Arca.

Pokorny IEW 1078 (1870/47) gr. τρασιά (trasiá), tarsim̥ (tarsiá), F., Darre, Flechtwerk zum Trocknen; W.: s. lat. terra, F., Land, Erdboden; vgl. ae. fel-terr-e, sw. F. (n), Erdgalle (eine Pflanze); W.: lat. torrēre, V., dörren, braten, backen, rösten, sengen, versengen, entzünden; W.: s. lat. torris, M., Brand, brennendes Holzscheit; W.: s. lat. torridus, Adj., gedörrt, gebrannt, dürr, trocken, verbrannt; W.: germ. *þarzjan [tharzian, cf. comp. tharzian+i+cos, Trasancos, “os que fan rozas para cultivar”], sw. V., trocknen, dörren; airl. tart, “sede” [con reduplicación. cf. Tartares, monasterio vocitato Tartares [con implicacións en Xeografia Sagrada ( cf. os topónimos Lamas do Inferno onde hoxe está o hipermercado Alcampo, e a forma hipocorística, O Inferniño], e tb. Tartessos, psv.: “os que fan rozas” [‘Sabemos que o litoral gaditano retrocedeu, e unha restitución da topografía antiga amosao a varios quilómetros ó interior, isto fixo que a poboación se trasladase da costa ás illas de Cádiz e León. A causa de que se cegasen os portos débese ás rozas que facían os agricultores que aceleraron a erosión e o transporte polos ríos de sedimentos do chan desprotexido do manto vexetal que acabaran cegando os esteiros e facendo impracticables os portos (Pena Graña, 1991 a, 71 )] Ilustración de Eva Merlán dirixida por A. Pena, para a obra Narón , unha Historia Ilustrada na Terra de Trasancos. E. Merlán, A. Pena, A. Filgueira 1ª ed. 1995; 2ª ed. 2oo9, p 13
A Terra de Trasancos, como o resto das bisbarras galegas limítrofes (Labacengos, Arros, Bezoucos) históricamente conformadas dende o Neolítico por pobos agricultores, ten unha orixinalidade climática e unha xeomorfoloxía de seu. A temperatura media (Monteventoso) é de 13,3 graos fronte aos 13,9 graos da Coruña, e as precipitacións sitúanse en 970 mm. (fronte aos 1.012 mm. da Coruña) Cunhas oscilacións térmicas de 14,2 graos. O mes máis chuvioso é Decembro e o máis seco Agosto.
No século XIX, ata 1.845, a media anual de días despexados foi de 79 frente a 97días parcialmente cubertos , 42 cubertos , 113 días alternaron nuboeiros variables e chuvias e 14 días cubertos con chuvia continua .
Situado no eixo xeográfico da Terra de Trasancos [2] o Concello de Narón (un conxunto de freguesías de longo pasado, agregadas [3] artificialmente en 1836, ó meu modo de ver organízase en espacios humanos historicamente consolidados:

Os dous grandes monasterios dos Petriz ou Trava, Juvia e Pedroso, coas súas respectivas áreas de influencia. Aínda que todos comparten o común acervo celtoatlántico institucional, usos, costumes, metrología, fé e sentimento relixioso, a chamada consuetam rationem, o amplo paquete de milenarias costumes, usos e tradicións, presenta multiples e rechamantes variacións en cada lugar.
1º.- O pertencente ao couto xurisdiccional do Mosteiro bieito e cluniacense de San Martiño de Xuvia que existía con anterioridade ó ano 844 na ribeira da Ría de Ferrol, olim “Mar da Xoiva” dende o rio Freixeiro ata o río Areoso ou rio do Inferniño[4] monte chamado do Montón.
2º.- O couto de San Salvador de Pedroso, Mosteiro de coengos regulares de Santo Agostiño fundado o ano 1.111 pola irmá do Conde de Galicia, dona Munia Froilaz ata que foi mercado en 1544, con Doso, Placente e Sedes, a Mondoñedo [Cal Pardo.1984:30-1;225-7] polos Andrade de San Sadurniño.
Rodeadas de montes (Eiravedra, O Seixo e a Pereiruga ao Norte, Villallonte, Bazón e Carballo furado ó sur) estas frigresías englobadas no Couto de Pedroso constitúen o pasillo interior que comunica o Val de Trasancos con Moeche e as Somozas, có Río Xuvia e o Río Castro como límite Oriental e ao Poniente os ríos de Prados e o Xuvia.
3º.- Ben asentado dende San Mateu no Val de Trasancos un terceiro espacio de señorío laico atomizase no Antigo Réxime en coutos pequenos na frigresía de Santa Mª do Val, (Baltar, Ciobre, Vilacornelle, etc.) e sepárase do Atlántico por unha estreita cordilleira costeira (Montes da Painceira, Vilarquinte e da Lagoa) inzada de lendas.
Tres espacios diferenciados dende o punto de vista do relevo, os recursos hídricos e ambientes microclimáticos que condicionan a ocupación e vocación humana.
Tes espacios de proximidade relativa, máis, inda que compartindo o sustancial, diferenciados -é, segundo o penso, dimorfismo derivado de distintas aplicacións xurisdiccionáis- tamén no pasado en múltliples matices de usos, costumes e metroloxía.
A ACCIÓN HUMANA
Unha complexa rede fluvial deu orixe no concello de Narón en sinerxia coa distribución da poboación á proliferación na Idade Moderna de muíños -que podemos todavía en boa parte recoñecer hoxe, e tamén obter unha radiografía de eles no momento do seu esplendor gracias ao Catastro do Marqués da Ensenada a mediados do século XVIII, que os recolle freguesía por freguesía na súa totalidade. Os muíños tradicionais desenvolvéronse entre o maínzo, centeo, trigo e aveas que producía as fértiles terras do Val de Tasancos.
Poder contar co catastro resulta de grande interese por producirse este rexistro inmediatamente antes da configuración da espléndida malla de muíños “de nova invención” ou muiñeiría que chamaremos industrial -por esceder ampliamente o seu radio de actividade o alcance local de producción e consumo da muiñeiría tradicional- introducida por franceses do ramo do comercio con métodos e presupostos novos. Os actuais muíños do concello de Narón débense, en boa parte, á tradición e técnoloxía inaugurada por estes muíños en réxime de fàbrica [5] do século XVIII e XIX.
Así, a variada paisaxe tipolóxica, paisaxística e tecnolóxica que hoxe vemos na espléndida colección de muiños de Narón é o resultado final dunha triple conxunción nun longo proceso histórico:
-A conxunción da orografía e a climatoloxía, da que vimos de falar en primeiro lugar, que configura a fonte principal de enerxía que move rodicios e moas, a nosa rede hidrográfica e o seu caudal.
-Da acción humana sobre o medio esto é, a ocupación do espacio polo home ao longo da historia e a utilización dos recursos nun contexto económico autárcico[6].
-Da sinerxia entre a decisión política que crea na cativa vila mariñeira de Ferrol [7] unha nova poboación industrial[8] e a iniciativa privada a un tempo civil e militar, extranxeira e vinculada co local máis enxebre, rural e urbana, francesa e ferrolana. Veremolos emerxer nunha coxuntura internacional que ultrapasa o contexto comarcal. Xérmolos no Antigo Réxime da burguesía comercial e capitalista ás costas da comarca, pero o mesmo tempo instalada nela cos Reales Arsenales, nunha cidade pensada e magnífica, cunha escuadra poderosa inútil, e un porto amplo, ben defendido, aberto agora a un imperio colonial.
Todo no alfoz da nova cidade é debedor da decisión política, ilustrada ou non, do déspota , sive potius, dos seus ministros [o galego Patiño], e da iniciativa dos instalados e parvenous, ámbalas dúas terán coma contrapunto os vaivens dos mercados lonxanos, e os abaneos da Xeopolítica: Pacto de Família, guerra conta Inglaterra, Revolución Francesa, Decreto de Expulsión dos franceses, guerras, bloqueos navais, e invasión Napoleónica.
CONSECUENCIAS ETNOGRÁFICAS DA ACCIÓN HUMANA
Dende o punto de vista da etnografía, ou se cadra da etnohistoria, producíronse no obxecto que estudiamos como “inmobiliario” etnográfico: a muiñería do concello de Narón -o máis móbil sen dúbida de todo o inmobiliario etnográfico-, dous pulsos ben distintos que non chegarían a encontrarse.
Por un lado constatamos a permanencia secular de muíños tradicionais (cos seus variados sistemas de propiedade e usufructo), ás costas da gran vila, nun contexto exclusivamente rural dende o século XVIII, minifundista e autárcico [sic –non autárquico, son raíces diferentes; autarcía é “bastarse a si mesmo”, autarquía é “gobernarse a si mesmo”], é dicir que consume case exclusivamente o que pruduce, limitado ao ámbito parroquial.
Polo outro, as sinaladas circunstancias da coxuntura política e económica de mediados do século XVIII e do século XIX, e a acción do capital dos comerciantes franceses en sinerxia cun porto e mercado colonial aberto creando unha nova muiñería -interesante tamén para a etnohistoria por existir virando as costas á comarca e allea ao devir do mundo rural- que non se pode estudar con os parámetros da muiñeiria “tradicional”, a pesar do triste e agónico aspecto que presentan os arruinados muíños industriais hoxe.
Compre estudiar por separado o contexto etnohistórico e diacrónico dos dous pulsos.
A MUIÑEIRIA E O MUÍÑO TRADICIONAL
Todos os muíños que chamamos “tradicionais” (para diferencialos de aqueloutros “industriais”) inclúense dentro do tipo de rodicio que esencialmente consiste nunha roda formada por penas e disposta en posición horizontal cuio eixe vertical, chamado nesta comarca vara ou varón (tamén coñecido como veo) comunica directamente o seu xiro á moa superior, capa ou volandeira que xira simultánea e sincrónica. Dito doutra forma, dá o mesmo número de voltas e leva a mesma velocidade que o rodicio.
Este sinxelo mecanismo permítenos asegurar que o sistema de molturación tradicional con poucos cambios existía xa plenamente desenvolvido, dende a Alta Idade Media, moito antes do século XI.
ESTUDIOS ETNOHISTÓRICOS
Convén facer unha paréntese para indicar que en Galicia non temos [falaba en 1991] ningún estudio nin xeral nin comarcal do noso país que ultrapase a mera taxidermia sobre a xénese ou historia e desenvolvemento da tecnoloxía dos muíños. Nin contamos con escolas de vella tradición para estudios xerais [9] nin contamos con estudios (factográficos) etnohistóricos que profunden sobre a orixe da nosa muiñería [10] nin estudios restrinxidos ao ámbito local ou comarcal (aos que son desde o século XVIII tan afeccionados os franceses) [11].
XÉNESE DA MUIÑEIRÍA TRADICIONAL
Sen tratar de desenvolver un papel pioneiro e augural que nin se axeita aos nosos coñecementos nin ao noso talante, sinalamos moi de vagar que o muíño de rodicio cunha xénese para Europa altomedieval, está omnipresente nas cartas máis antigas, nos máis vellos diplomas conservados nos nosos mosteiros e catedrais.
Así no Tumbo I de Sobrado [12] aparecen como é habitual nestes documentos, mencionados (o 20 de Xaneiro do ano 867) por mor do deslinde dunha villa entre o seu inmobiliario “domos, horrea, cellaria, quoquina et molendinum”.
Que son hidráulicos amósao o Tumbo A da Catedral de Santiago “ con terras, casas e edificios … e cursos de auga dos muiños” [13] nunha doazón do 25 de Novembro do ano 895.
Máis adiante no mesmo Tumbo o 30 de Decembro do ano 898 mencionase unha villa (“quam dicunt molendinis”) chamada Muíños.
O número de exemplos para o século IX é innumerable o que indica a ubicuidade dos muíños de rodicio na Gallaecia Altomedieval. Son estes muíños de regato, de canle e cubo, segundo se desprende das vellas cartas.
Na doazón de Ordoño II a Santiago do mosteiro de S. Pedro de Triacastela (18 de decembro de 922) dóase este “cos seus muiños e canles”[14].
Ou na doazón da vila de Sobrado polo bispo compostelano D. Sisnando a este mosteiro (30 de decembro do ano 955) na que se inclúen “aquas cum suis ductibus et molendinis…” [15]
As mencións aos muíños nas doazóns, vendas, compras ou intercambio de villae por parte dos nobres laicos e eclesiásticos son tantas como este tipo de cartas.
A mención do muíño dentro da villa -que convén dicilo, é algo máis que un simple lugar de residencia dominical ou unha aldea, constitúe un espacio xurisdiccionalmente demarcado- non se debe ao azar. Corresponde a un novo tipo de hábitat e planeamento económico que se produce entre os séculos IV e VI tralo abandono dos recintos fortificados e o esparexemento da poboación. A súa proliferación no século IX indica que xa levaban máis de un século, polo menos, instalados.
Noutro tempo e lugar, amosamos por primeira vez [16] como se orixina a peculiar forma de artellamento institucional do espacio galego (antes, moito antes da serodia conformación das parroquias ou collacións): A villa, forma exclusiva de articulación do territorio político (comissa ou territorium) que pervivir ata finais do século XII en que ser substituída polas sobreditas collacións ou parroquias tal e como as coñecemos hoxe.
Amosamos tamén como a villa foi, ante todo, unha institución (e non exclusivamente un modelo habitación) do macroterritorio segmentado autárquico subdivisión dunhas unidades político administrativas (patrimonio das grandes familias nobiliares galegas e herdada dos Trebas do pasado) chamadas comissa ou territoria, onde os condes mantiñan o arcaico título territorial de princeps ou imperantes e nomeaban maxistrados de xurisdicción restrinxida o territorio político (villicus terrae, maiorinus terrae).
As villae nas que se fragmentaba este territorio político constituían a única forma existente de artellamento do hábitat: un espacio demarcado onde unha casa exercía plenamente a xurisdicción e que comprendía as veces no interior da demarcación unha pequena aldea. Isto quere dicir que na xénese da muiñeiría hidráulica os muíños das villae pertencían ao seu dominus.
A cesión neste contexto por parte dos señores de muíños, incluídos na demarcación da villae, ben coñecida pola factografía amósanos que, igual que sucedía en outras partes da Europa Atlántica, insular e continental, en Galicia estes muíños eran propiedade exclusiva do señor: o dominus que instalaba neles a un servo, un verdadeiro muiñeiro, e percibía a maica dos labregos comprendidos no espacio xurisdiccional da villa.
Certo que existían, como existen hoxe, cambas, muíños descendentes dos grecorromanos, similares aos que aínda podemos ver no noso concello sobre caixóns accionados a man mediante un pao que parte dunha fenda lateral do catillus ou capa e engancha nunha viga dun alpendre, como o que se utiliza hoxe en día nunha casa de Quintá ( O Val para facer millas. Pero a fariña mal muda que fan as cambas, mesturada co farelo, só serve para alimentar as pitas, ou fai un pan groseiro. Asemade de Quintá procede unha capa, que presenta inequivocamente fendeduras para a “sobrerrella” ou soborella de ferro, dun muíño de gran de 50 centímetros de diámetro. Encontrado fora de contexto podemos inferir quizais estar diante dun modelo que representaría un prototipo no desenvolvemento dos muíños hidráulicos trasanqueses posteriores e de todos os mecanismos que utilizan esta forza, que precisaría dun sinxelo mecanismo de rodicio.
DESENVOLVEMENTO NA BAIXA IDADE MEDIA.
Cremos pero non o podemos testemuñar que en Trasancos a partires do século XIII, século de fondas transformacións estructurais, económicas e sociais, no contexto da ruptura do exclusivismo da economía autárquica, puideron darse as circunstancias propicias (inferímolo unicamente en base a ruptura da estructura autárcica anterior ao aparecer as pequenas vilas mariñeiras de Ferrol e Neda a principios do século fundadas por Afonso IX, e con elas a concesión de privilexios, isención de gabelas, concesión de gracias, franquezas e liberdades, que teóricamente tendían a favorecer este tipo de iniciativas individuais) para a aparición de novas formas -coma o comparzo ou emparzo (confluencia sobre este de varios propietarios) e mesmo muíños debidos á iniciativa de particulares – de propiedade do muíño.
Con documentos na mán podemos dicir que as iniciativas individuais está xa plenamente consolidadas e que a finais do século XIV señores e mosteiros conceden a particulares solares en foro para construír muíños.
Así o mosteiro de Pedroso levaba a finais da Idade Media cedidos en enfiteuse a particulares e mesmo fidalgos algúns dos seus muíños de maquía. Uns muíños no río Belelle e rego de Neda deste mosteiro, máis propiamente unha casa con dous muíños (estes datos estanos a falar dun muíño de dous rodicios, -dous muíños e catro moas, é dicir dous rodicios, dúas capas e dous pes- de regato, quizais xa de canle e cubo) cos seus rodicios e catro moas “molientes y corrientes” cunha pequena insua que estaba a horto que cada ano podía render por maquía de tres a catro ducados ao mosteiro. Estimaban o seu valor en 30 ducados de ouro os veciños dun Apeo.
O mosteiro tiña emparzado (emparzo, comparzo ou copropiedade) outro muíño tamén en Neda a metade do seu rendemento. O quiñón do mosteiro, unha metade, arrendárase en 6 ducados anuais que percibía Pedroso por conta da maquía. Este muíño pagaba tamén un foro ou pensión de 500 marabedís. Entraban tamén certas herdades pequenas duns tres ferrados que podían render ao mosteiro tres reais e medio no foro do muíño. Segundo a apreciación dunha testemuña que depón no Apeo, coas leiras o valor do muíño podía ascender a 16.000 marabedís. Coma, segundo os informantes, o valor das leiras estaba estimado en 1.500 marabedís é doado coñecer o valor total da fábrica, que era de 14.500 marabedís, é dicir, a respectable cantidade de 435 reais de prata ou 43 ducados e medio de ouro. Un considerable valor que indica na economía campesiña o papel desenvolvido polos muíños.
O MUÍÑO NA IDADE MODERNA
Proliferan exemplos na factografía trasanquesa ao longo da Idade Moderna que permiten considerar que para construír muíños a tónica dominante era a iniciativa particular.
O sistema utilizado consistía usualmente, en terras de señorío, nunha solicitude de permiso ao dono xurisdiccional dun couto que habitualmente, e así ata o século XIX, se reserva o dereito de moer en primeiro lugar para a súa Casa. Asemade percibe un cánon anual, e a décima de laudemio (nas transmisións do solar e as melloras), por concepto de foro.
Mentres -a diferencia do que sudede en outras partes de Galicia menos desenvolvidas nas que pervive o sitéma foral- danse en arrendos curtos de 6 ou 8 anos as terras de cultivo, os muíños -para posibilitar ao locador en caso de venda, enalleación, supinoración, ou calquera tipo de transmisión
ou succesio levada a cabo polo propietario do muíño e conductor do foro (sexa o locador un mosteiro ou unha casa fidalga que exerce a xurisdicción no lugar) a percepción do laudemio (unha reposición consistente no 10% do valor do terreo máis os engadidos ou perfectos, neste caso o muíño e as súas instalacións) en cada transmisión- afóranse sempre.
Á hora de mercar ou vender un muíño o laudemio pesa como unha lousa, e a finais do século XVIII será o pesadelo dos incautos muiñeiros industriais que investiran fortes sumas na construcción das súas fábricas.
A PROPIEDADE
Con independencia da súa extracción social, o levador -usualmente é un labrego acomodado ou pertence fidalguía- do foro, edifica o seu muíño e pode exercer o oficio de muiñeiro, como propietario ou colocar no seu lugar, o que é mais usual, a un criado que recibe unha porcentaxe ou no seu lugar un canon fixo xeralmente en especie da maquía.
Pode darse o caso de que o propietario ou propietarios vendan as veces os dereitos de uso (certos días coas súas noites chamados pezas) a particulares. Os veceiros moen respetando os seus turnos en rolda. Durante o tempo de traballo do muíño os levadores de pezas, cuotas, coma se foran verdadeiros propietarios -xa que adquiren un “ius in aliena re”– poden por compra, venda ou succesio xuntar, traspasar ou fraccionar estas pezas.
Poden asemade vender ou transmitir por herdanza os seus quiñóns aos seus sucesores varios particulares que construíron ou explotan xuntos (comparzo) un muíño, ou un so propietario, aparecen así – xa que un muíño neste réxime de copropiedade compórtase xuridicamente coma se fora unha propiedade proindiviso ou communio-, os consortes, termo que por extensión se aplica tanto aos veceiros coma aos propietarios de quiñóns tendo todos os copropietarios ou consortes que responder do seu mantemento e condicións de uso mancomunadamente, isto é o que significa, aludindo a este principio de solidariedade entre os socios ou herdeiros, aplicada no Catastro do Marqués a verba “consorcio” ou “consortes“.
Os quiñóns son herdados, adquirindo os consortes, descendentes dos que orixinariamente mercaron a un locador, por un canon, o uso e disfrute dun número de veces o nome de herdeiros ou parceiros. Vanse fraccionando nas sucesivas transmisións os quiñóns e, en ocasións, pode co tempo converterse nunhas horas o que unha vez foi o dereito a moer varios días coas súas noites.
Un intricado e complexo abano de variantes, segundo os usos e costumes do lugar sobre concesións, usufructo e propiedade, que se manterían vixentes ata hoxe confórmaríanse deste xeito.
Na nosa documentación monástica (onde se reflíctese a construcción de muíños por mor da á iniciativa de particulares) pódese segui-la xénese e desenvolvemento deste complexo sistema de propiedade.
Así, no que atinxe ao comparzo, conta na súa deposición o alcalde de vara, Pedro Vidal a mediados do século XVI, no couto do mosteiro de Pedroso,[17] como: “con tella e pedra e madeira das árbores do mosteiro fixo un muíño Pedro Freire (Pedro Freire de Andrade da liña de S. Sadurniño) que levaba arrendado ao mosteiro”. E este alcalde no mesmo Apeo, “a a cuarta pregunta do interrogatorio que lle foi lida e amosada diante dixo que o que sabía sobre do contido na pregunta é: sabe que ten o mosteiro de S. Salvador de Pedroso todo ao redor del certas herdades calvas excepto que ten un muíño no río e rego de cabo do dito mosteiro que fixo alí Frei Pedro de Grieira, que o leva arrendado ao dito mosteiro de Pedroso por conta del [os cregos poden adquirir bens, e o dominio dos bens pertence á persoa moral que os adquira lexitimamente, segundo o dereito canónico,] [18] e que o fixo coa pedra dos muros do dito mosteiro e coa tella de sobre o cabido o cal muíño leva agora Juan de Vilaboy a metmade e Fernando Correa a outra metade [é dicir un comparzo] e que oeu dicir ao dito Fernando Correa que collera Rodrigo de Piñeiros a metade do dito muíño por catro ducados e o dito Juan de Vilaboi leva arrendada a outra metade do dito muíño de mans do dito Rodrigo de Piñeiros que comprara o dito muíño a Juan Monteiro da Covela que o tivera de Alonso de Lanzós que o ouvera do dito Frei Pedro de Grieira e que tamén Frei Pedro cortou a madeira do dito muíño dos castiñeiros e fragas do mosteiro e que o muíño podería render cada ano 200 maravedis e que levara 3.000 maravedís apresciado” [19].
O MUÍÑO TRADICIONAL ATA MEDIADOS DO S. XVIII.
O CATASTRO DO MARQUÉS DA ENSENADA
RÉXIME DE PROPIEDADE E DISTRIBUCIÓN
Segundo os datos fornecidos polo Catastro do marqués, analizando nas freguesías de Narón o estado dos muíños de regato en 1752, podemos albiscar demoradamente a distribución da muiñeiría tradicional en relación coa poboación e o sistema de propiedade apuntado.
En primeiro lugar vemos como encóntrase xa plenamente desenvolvido en tódalas freguesías do concello o sistema esbozado anteriormente.
O número de muíños con relación poboación (con 130 veciños en 1752, un dos coutos máis poboados, San Salvador de Pedroso, tiña no lugar da Revolta oito muíños, e un batán) e o réxime de propiedade dos mesmos (podemos encontrar en Pedroso dende a propiedade plena -como é o caso de Xan Antonio do Pouso ou de Antonio do Pico- dun so propietario ata o comparzo ou copropiedade reducida na que están Bartolomeu López e Rosendo do Pouso que teñen un muíño no arroio da Curuxeda) varía considerablemente dunha freguesía a outra..
.
PARCEIROS, CONSORTES OU HERDEIROS
Pero está nesta freguesía, arriba mencionada estaba máis estendido o sistema de consortes, herdeiros (unha boa parte, en torno ao 20% dos veciños de Pedroso, mercaron ou herdaron unha ou varias pezas tendo dereito a varios turnos ou veces na rolda), veceiros ou parceiros.
.
Expresións como “moen cando teñen a vez no muíño” ou alusións á frecuencia da rolda “correspóndelle nun muíño situado en Riquián de cada nove días un coa súa noite” [20] aparecen continuamente no Real de Legos.
Estes muíños non contan con muiñeiros de oficio, cada veceiro moe o seu propio gran. Homes e mulleres, e mesmo os rapaces, coñecen o funcionamento do sinxelo mecanismo da instalación.
PROPIETARIOS E CONDOMINIOS
Cando na freguesía o muíño é do cura, da rectoral ou do señor dun couto, fai as veces de muiñeiro e moe para a casa e para os veciños un criado quitando segundo o uso do lugar a maquía, as veces unha conca ou media conca (medida de áridos con forma de conca de madeira cun abano entre 1/25 e 1/30 de ferrado en Galicia) por ferrado.
A situación varía dunha parroquia a outra enormemente. Así San Vicente de Placente conta con 46 veciños que viven en 36 casas. os muíños do río de Prados de Placente son en 1752 cinco. So dous muíños -un sito en Xabrueira que moe oito meses e outro no lugar de Xarraque que por mor de utilizala auga da canle no verán os labregos para os prados so moe seis meses- son de herdeiros ou de consortes,.
O valor da maquía do mellor muíño propiedade dun cura de Sequeiro chamado D. Manuel Sande -tiña dúas moas, inda que unha delas estaba inútil moía todo o ano – estimábase, descontando o salario do muiñeiro, en 40 reais de vélaro.
Os catro muíños restantes son só dun rodicio. Un, levábao o cura de S. Xiao de Narón e un socio que puidera ser o muiñeiro chamado Xosé García, rendía 30 reais de vélaro, moendo tamén todo o ano. Ao outro que o levaba un capelán da Coruña da obra pía das capuchinas, aveciñado en esa cidade, chamado Xosé García, estimábanlle o seu producto en 30 reais de vélaro.
O mosteiro de Xuvia contou tamén cunhas aceas (este muíño desaparecera por completo xa en 1752 pois o catastro só fai de vagar unha mención á súa existencia nas respostas xerais á pregunta 3 do Interrogatorio, indicándose no deslinde do couto de Xuvia “… o sitio onde antes houbo unhas aceas e o referido marco do Pereiroque) das que nada sabemos que deron lugar onde Lembelle e Bucán construiran a finais do século XVIII o muíño de marea ao topónimo das Aceas. “.
No momento de realización do Catastro do Marqués inexplicabremente o mosteiro só contaba cun muíño (no río Pereiro “que é do referido priorato… moe oito meses ao ano e consideran pola súa industria, o precitado priorato cen reais de vélaro” un dos rendementos máis altos entre as freguesías que hoxe integran o concello de Narón, explicable por ser Xuvia o couto con maior número de veciños, 392, dos que 6 eran fidalgos e 300 labregos, e o resto -como 11 carpinteiros, 5 taberneiros, 4 ferreiros- compartía co traballo nalgúns oficios os labores do campo” ) no seu couto[21].
Hai que salientar que é moi significativo que o catastro non considere a muiñeiría como oficio.
ESTADO DOS MUÍÑOS DAS FREGUESÍAS DE NARÓN EN 1752
SANTA MARÍA MAIOR
DO VAL
Nº | Nº MESES | SISTEMA DE | RENDEMENTO | |
RODICIOS | MOENDA | EMPRAZAMENTO | PROPIEDADE | ANUAL |
1 | 3 | Río da raíz | Copropiedade
Francisco Pérez Antonio de Sta. María (cura) |
30 rv. |
1 | 3 | O Bouzo | Copropiedade
Domingo Gómez Gregorio de Lago |
30 rv. |
1 | 4 | Abelleiro | María López de Grandal
(viuva, propietaria). |
40 rv. |
1 | 4 | Marcos | Roque de Lago (propietario) | 40 rv. |
1 | 4 | Sitio da Raíz | Obra pía de Orfas da parroquia de Sta. M. de Sequeiro | 40 rv. |
1 | 4 | Sitio das Borrallas | Manuel Rico e consortes
(herdeiros) |
40 rv. |
1 | 4 | O Faxo | Xosé Felipe Rodríguez
Xoán dos Pazos e consortes (herdeiros) |
40 rv. |
1 | 4 | A Fraga | Gregorio Veiga e consortes (herdeiros) | 40 rv. |
SAN XIAO DE NARÓN (168 veciños)
Nº | Nº MESES | SISTEMA DE | RENDEMENTO | |
RODICIOS | MOENDA | EMPRAZAMENTO | PROPIEDADE | ANUAL |
1 | 8 | Prados | Clara Francisca de Luaces, monxa dominica de Sta. Clara (Santiago). Propietaria | 100 rv. |
1 | 8 | Prados | Pascual Díaz e Francisco de Savín. Copropietarios. | 100 rv. |
1 | 8 | Prados | Felipe de Picos | 100 rv. |
SAN VICENTE DE PLACENTE (46 veciños)
Nº | Nº MESES | SISTEMA DE | RENDEMENTO | |
RODICIOS | MOENDA | EMPRAZAMENTO | PROPIEDADE | ANUAL |
2
1 inútil |
12 | Prados | Manuel de Sande, presbítero de Sta.Mª. de Sequeiro. | 40 rv. |
1 | 12 | Prados | Manuel Traspeña
Párroco de S. Xiao de Narón. Xosé García, de Placente. |
40 rv. |
1 | 12 | Prados | Francisco A.Torrado, da Coruña como capelán dunha obra pía fundada no convento de nais capuchinas | 40 rv. |
1 | 6 | Xaraque
Muíño da Barcia |
Francisco Fortúnez e consortes (herdeiros) | 30 rv. |
1 | 8 | Xabrueira | Vicente Fernández e consortes | 12 rv. |
STA. MARÍA DE CASTRO (58 veciños)
Nº | Nº MESES | SISTEMA DE | RENDEMENTO | |
RODICIOS | MOENDA | EMPRAZAMENTO | PROPIEDADE | ANUAL |
1 | 4 | Río Painceira | Andrés López de Saavedra | 76 rv. |
1 | 4 | Ib. Lugar das Sétimas. | Andrés Díaz e consortes.
Copropietarios |
76 rv. |
1 | 4 | Ib. Lugar das Sétimas | Francisco Freire e consortes.
Copropietarios. |
76 rv. |
SAN SALVADOR DE PEDROSO (130 veciños)
Nº | Nº MESES | SISTEMA DE | RENDEMENTO | |
RODICIOS | MOENDA | EMPRAZAMENTO | PROPIEDADE | ANUAL |
1 | 6 | Arroio de Pradeelo | Juan Piñeiro e consortes
(herdeiros) |
22 rv. |
1 | 6 | Sitio do Arroio
Fontenova II |
Juan Antonio do Pouso
Plena propiedade, alúgao |
44 rv. |
1 | 6 | Pereiral do Castro | Juan Luis Fernández e consortes
parceiros |
24 rv. |
1 | 6 | Arroio do Riquián
Fontenova I |
Pedro da Ponte e consortes
herdeiros |
24 rv. |
1 | 6 | Sitio do Arroio
Riquián |
Antonio Montero e consortes
herdeiros |
30 rv. |
1 | 6 | Sitio do Arroio
Muíño do Mosteiro |
Antonio do Pico
Plena propiedade |
28 rv. |
1 | 6 | Sitio do Arroio
Da Curuxeda |
Bartolomé López
Rosendo do Pouso copropietarios |
20 rv. |
Formal novo. | Inda non moe. | Arroio do Prado | Juan Antonio do Pouso
Propietario |
|
1 | 6 | Arroio | Antonio do Pico e consortes | 20 rv. |
MEDIDAS DALGÚNS DESTES MUÍÑOS
EMPRAZAMENTO | PROPIEDADE | MEDIDAS |
Arroio de Pradeelo | Juan Piñeiro e consortes
(Herdeiros) |
3 varas fronte
3 varas fondo |
Sitio do Arroio
(Riquián) |
Antonio Monteiro e
consortes (herdeiros) |
3 varas fronte
3 varas fondo |
Sitio de Arroio da
Curuxeda |
Bartolomé López
Rosendo do Pouso (copropietarios) |
3 varas fronte
5 varas fondo |
SAN MARTIÑO DE XUVIA (392 veciños)
Nº | Nº MESES | SISTEMA DE | RENDEMENTO | |
RODICIOS | MOENDA | EMPRAZAMENTO | PROPIEDADE | ANUAL |
2 | 8 | Río Pereiro | Do priorato | 100 rv. |
SAN MATEO DE TRASANCOS
Nº | Nº MESES | SISTEMA DE | RENDEMENTO | |
RODICIOS | MOENDA | EMPRAZAMENTO | PROPIEDADE | ANUAL |
1 | 8, en inverno | A Bacariza | Xosé López
Propietario |
80 rv. |
1 | 7 | Gabián | Fernando de Casal (propietario) | 70 rv. |
1 | 8 | Bespasante | Domingo Antonio Gómez (propietario) | 80 rv. |
1 | 8 | Bacariza
Bespasante IV |
Manuel López
Roque de Santiago Pedro López Santiago veciños de Ferrol (coprop.) |
80 rv. |
1 | 7 | Fargallo
Bespasante I |
Caetano García
Andrés del Casal Antonio Ramos (copropietarios) |
70 rv. |
1 | 8 | Barcia
Bespasante III |
Pedro Freire e consortes (parceiros ou herdeiros) | 70 rv. |
MEDIDAS DALGÚNS DESTES MUÍÑOS
EMPRAZAMENTO | PROPIEDADE | MEDIDAS |
A Bacariza | Xosé López
Propietario |
3 varas fronte
5 varas fondo |
Gabián | Fernando del Casal
Propietario |
4,5 varas fronte
2 varas fondo |
Bespasante | Domingo Antonio Gómez
Propietario |
2,5 varas fronte
5 varas fondo |
Fargallo | Caetano García
Andrés del Casal Antonio Ramos (copropietarios) |
4 varas fronte
8 varas fondo |
Barcia
Bespasante III |
Pedro Freire e consortes
(parceiros ou herdeiros) |
3 varas fronte
6 varas fondo |
Inda que somos da opinión que cuantificar carece de sentido, neste caso podemos apreciar como os muíños de herdeiros ou parceiros (mesmo os mestos, onde un quiñón pertence a un ou dous propietarios e os outros repártense entre herdeiros ou parceiros, como se coñece a este réxime nesta comarca) representan menos da cuarta parte fronte os de maquía, dun propietario ou de dous ou tres en copropiedade.
Por outra parte, participando cun determinado número de pezas e abondo desigual frecuencia na rolda o que obrigaba a unha complexa alternancia, en algunhas parroquias como Pedroso, son veceiros unha porcentaxe dun 20% dos veciños.
Os labregos, cando non rozan, cada vinte, trinta ou corenta anos de consún os montes comunais, participan nas agras sementando xuntos as súas tenzas, xuntos apañan o trigo en reis ou monllos, forman medas nas eiras e, tralo paso dos desmeiros e rendeiros, mallan logo o centeo, o trigo e as aveas que serán gardadas nas huchas da súa casa e o maínzo trala esfolla nos hórreos ou celeiros.
O maínzo destinado a facer millas para botarlle aos pitos, como dixemos en outro lugar, pódese moer -coma hoxe aproveitando o pé (meta) e a capa (catillus) dun muiño de man castrexo ainda faise en Quintá (O VAL) – coa camba en casa, pero o outro mainzo, o pan da casa, hai que levalo (agás nos de maquía, nos que as veces é o muiñeiro, co carro, o que ven recoller o gran polas casas) ao muíño, este gran , ó longo do ano, e realizase a moenda individualmente, vaise moendo, ben mudiño ó gosto da familia, a medida que se necesita tendo coidado de moer abondo ata a seguinte vez.
Máis que nada porque os señores, como o de “Xuvia, seus portos e saíñas, Caranza e Santa Icía, rexedor perpetuo da vila de Ferrol e Sr. da Casa do Monte, José María Bermúdez de Mandiá Pardiñas e Villar de Francos, veñen utilizando un vello costume dos seus antepasados inaugurado no século XVI, de obrigar aos seus colonos a sementar o trigo para pagar as rendas do seu pazo, -circunstancia permitida pola utilización nos contratos agrícolas dos terratenentes, en vez do foro, de arrendos curtos de 6 ou 8 anos- rara vez se consume o pan branco,.
Nun contexto de desborde demográfico no século XVIII no que comenza a haber estreiteces, a conformarse o minifundio e a estabularse o gando, en torno a un 30% ou 40% dos labregos, segundo as freguesías, vense obrigados, cada 6 ou 8 anos, a deixar coa súa familia as casas e terras que traballaban e puxar de novo por elas, os días e no lugar establecido polo señor ou polo prior.
Confórmase unha especie de bolsa da terra, onde leva o lote o que paga máis renda, nun contexto de desesperación e fame de terras os señores poden permitirse, e fano, o luxo de impor nos contratos o tipo de cultivo que ten que facer en cada lucho o labrego, coas únicas miras nos intereses de comercialización das rendas do seu pazo.
O trigo, en continua alza, vai ser utilizado polo labrego para o pago das rendas. Só pode consumir mestura ou broa, salvo o día do patrón ou nalgunhas festividades. Os muíños moen maínzo ou centeo para a casa labrega. Están feitos con moas do pais e borneiras que veñen de Moeche.
Coñecemos as fortes disimetrías do sistema de propiedade entre as parroquias, o número dos veceiros, o número de pezas e a frecuencia da rolda para o século XVIII máis non é doado cuantificar para o século XX por mor da decadencia da muiñeiría.
A comenzos do século XX polas noticias illadas que nos chegaron, podemos albiscar que as pezas eran de horas ao día o que nos podía poñer diante dunha atomización das veces por successio que esixiría un maior número de veciños implicados na rotación.
No século XVIII pouco máis do 20% dos veciños participaban na rolda na freguesía de Santa María de Castro, unha proporción similar á de Pedroso. 28 cabos da casa teñen unha ou dúas pezas cada 2,4,6,8,9,12 ou 15 días entre 130 veciños. Pouco máis do 21% pode moer.
Pouco menos da cuarta parte dos veciños (exactamente o 21,5%) participan como veceiros ou parceiros nos muíños de Pedroso. O resto deles moerían nos muíños de maquía, en mans de 6 propietarios e copropietarios.
Pero non nos enganemos, estas cifras non se poden extrapolar, e cada freguesía é un mundo. O sistema de propiedade e frecuencia da rolda varía enormemente. Os parceiros poden mesmo chegar a non existir, como sucede en Sta. María de Castro.
RÉXIME DE PROPIEDADE DOS MUÍÑOS EN SANTA MARÍA DE CASTRO
LABREGO |
MUÍÑO |
PROPIEDADE QUIÑÓNS
(COPROPIEDADE) |
Andrés Díaz | A Painceira ou das Sétimas | 1/5 |
Domingo Rodríguez de Outeiro | As Sétimas | 1/5 |
Francisco Freire | As Sétimas (asento de Francisco Freire) | 1/5 |
Juan Fernández | A Painceira (asento de Andrés López Saavedra) | 1/5 |
Juan Pita | A Painceira (asento de Andrés Díaz) | 1/10 |
Pedro Alonso | As Sétimas (asento de Francisco Freire) | 1/3 |
Andrés López Saavedra (moi rico) | Painceira (Andrés López Saavedra) | 2/5 |
Antonio Alonso | As Sétimas – Painceira (asento de Andrés López) | 1/5 |
Andrés Dopico | As Sétimas | 1/5 |
Alexandre López | As Sétimas | 1/10 |
Francisca López | As Sétimas (asento de Francisco Freire) | 1/3 |
Xosé López Saavedra | A Painceira (asento de Andrés López Saavedra) | 1/5 |
VECEIRO | MUÍÑO | PROPIETARIOS QUIÑÓN | HERDEIROS
/PARCEIROS Nº DE PEZAS (días e noites) |
FRECUENCIA DA ROLDA |
Antonio da Lagoa | Arroio de Alquián
(asento de Xan Piñeiro) |
2 | Cada 6 días | |
Antonio Monteiro | Arroio de Alquián
(asento de Xan Piñeiro) |
¼ do muíño
enteiramente |
||
Antonio Monteiro | Arroio de Riquián
(asento de Pedro da Ponte) |
1/3 do muíño
enteiramente |
||
Antonio Monteiro | Arroio de Riquián
(asento de Pedro da Ponte) |
1 | Cada 9 días | |
Antonio López | Arroio de Riquián
(asento de Pedro da Ponte) |
1 | Cada 2 días | |
Alejos García | Arroio de Riquián
(asento de Pedro da Ponte) |
1 | Cada 12 días | |
Andrés Ramos | Arroio de Riquián
(asento de Pedro da Ponte) |
1 | Cada 12 días | |
Andrés Sueiras | Arroio de Riquián
(asento de Pedro da Ponte) |
1 | Cada 9 días | |
Antonio Monteiro
como titor dos menores de Domingo |
Arroio de Riquián
(asento de Pedro da Ponte) |
1 | Cada 9 días | |
Bartolomeu López | Coruxeiras | 1/2 do muíño
enteiramente |
||
Bartolomeu Piñeiro | Riquián (asento de Pedro da Ponte) | 1 | Cada 9 días | |
Cristóbal Souto | Pereriral de Castro | 1 | Cada 9 días | |
Carlos da Ponte | Riquián (asento de Pedro da Ponte) | 1 | Cada 12 días | |
Domingo da Bouza | Pradelo | 2 días e 1 noite | Cada 15 días | |
Domingo López
de Pereiruga |
Riquián (asento de Pedro da Ponte) | 1/3 do muíño
enteiramente |
||
Domingo Pita | Pradelo | 1 | Cada 8 días | |
Domingo Hermida | Riquián (asento de Antonio do Pico) | 1 | Cada 12 días | |
Domingo Grandal | Riquián (asento de Antonio Monteiro) | 1 | Cada 13 días | |
Domingo de San Esteban | Riquián (asento de Antonio Monteiro) | 1 | Cada 12 días | |
María López Cotelo | Riquián | 1 | Cada 12 días | |
Francisco Grandal | Riquián (asento de Antonio do Pico) | 1 | Cada 12 días | |
Francisco Vizoso | Riquián (asento de Antonio do Pico) | 1 | Cada 12 días | |
Francisco do Pouso | Riquián (asento de Antonio Monteiro) | 1 | Cada 12 días | |
Gregorio Vilela | Riquián (asento de Antonio Monteiro) | 1 | Cada 12 días | |
Juan Pereiro | Riquián (asento de Antonio do Pico) | 1 | Cada 15 días | |
Juan de Luaces | Arroio (Juan Lois Fernández) | 1 | Cada 14 días | |
Juan Antonio do Pouso | Muíño de Pradelo | Propiedade | ||
Juan Vidal | Riquián (asento de Antonio do Pico) | 1 | Cada 12 días | |
Juan de Anidos | Riquián (asento de Antonio do Pico) | 1 | Cada 13 días | |
Juan Lois Fernández | Arroio do Pereriral de Castro | |||
Narciso Rodríguez | Riquián (asento de Antonio Monteiro) | 1 | Cada 12 días | |
Felipe Fernández | Arroio do Pereriral de Castro | 1 | Cada 15 días | |
Pascua (sic) López | Pereriral de Castro | 1 | Cada 15 días | |
Rosendo do Pouso | Arroio de Coruxeda | 1/2 do muíño
enteiramente |
||
Tareixa de Parga | Pereriral de Castro | 1 | Cada 4 días |
O muíño da Painceira repártese entre Andrés Díaz, Domingo Rodríguez de Outeiro e Andrés Dopico que controlan cada un unha quinta parte, e dous quiñóns menores repártense entre Alexandre López e Xoán Pita.
Un dos dous muíños das Sétimas ten tres copropietarios, cun tercio de quiñón cada un, Francisco Freire, Pedro Alonso e Francisca López. O outro muíño do mesmo nome asemade no lugar das Sétimas repártese en quintas partes entre Xosé López Saavedra, Antonio Alonso, Juan Fernández cada un deles cun quiñón dun quinto e Andrés López Saavedra, o labrego máis rico da freguesía que ten un quiñón no muíño de dúas quintas partes. non existen parceiros na freguesía.
CONCLUSIÓNS
- O sistema de propiedade na muiñeiría tradicional é ao mesmo tempo heteroxéneo e sinxelo.
- A xénese institucional do sistema de propiedade ten un punto de partida nun único propietario, ou un número reducido de condóminos, dous ou tres consortes ou copropietarios.
- No caso dun só propietario, este é usualmente da fidalguía, o señor territorial ou un crego. O muíño é posto baixo o coidado dun criado que fai as veces de muiñeiro e cobra a maquía ou é arrendado a un particular.
- Cando o réxime de propiedade é de condominio entre dous, tres ou máis socios, ou nunha partición por succesio dun muíño dun só propietario, cada condómino dispón da súa cota libremente pero todos responden mancomunadamente dos gastos do muíño e se reparten os beneficios.
- Cando a iniciativa privada provén dun labrego, sempre acomodado, un verdadeiro ricacho na parroquia, como Pedro Alonso, labrego de Castro, este ter que pedir permiso ao señor xurisdiccional que se reserva o dereito de que a súa moa en primeiro lugar.
- En caso de que o muíño se faga en terras da súa propiedade ou da igrexa, o que detenta o directo dominio outorga un foro sobre o solar e terras adxacentes cunha módica pensión pero, segundo os usos da comarca trasanquesa, cunha cláusula que inclúe o laudemio que usualmente grava cun 10% as transmisións non só do valor do ben cedido senón tamén dos “perfeitos” é dicir a fábrica do muíño neste caso, e calquera outra obra realizada no obxecto da locación ou solar. O dono do muíño pode transmitilo aos seus herdeiros (succesio) ou vendelo a terceiros pero en cada cesión debe satisfacelo laudemio ao dono do directo.
- O muíño considérase como un ben proindiviso cando concorren varios propietarios (herdeiros por succesio ou fragmentación de quiñóns e copropietarios). Cada copropietario pode vender ou ceder o seu quiñón en enfiteuse (parcería). No segundo caso percibe un canon variable en función dos días e secuenciación do dereito de uso ou unha cantidade fixa, no primeiro suposto, dos veceiros ou tenedores dunha peza e turno. Os posesores de estas pezas e veces chámanse en Trasancos,
- As cotas dos parceiros subdivídense por sucesión e as pezas da vez chegan a se converter en horas. Os quiñóns acaban así concentrándose ou dispersándose entre os veciños que sacarían das arcas da casa ou do hórreo o cereal necesario para o consumo, o levarían ao muíño e moerían cando lles tocase a vez.
- Neste século os turnos eran menos ríxidos, había que esperar cola, moía primeiro o que chegaba primeiro, e fixéronse verdadeiros muíños comunais pola iniciativa dos residentes dun lugar.
- Os propietarios manteñen a un muiñeiro que cobra unha porcentaxe da maquía e eles participan no beneficio. Un beneficio que sería pequeno. Así no muíño da Painceira de Sta. María de Castro, dividido en cinco quiñóns, percibía cada condominio unha cantidade estimada en 15 reais ao ano mentres Andrés López Saavedra, que tiña dous, recibía o dobre. Probablemente o muiñeiro recibiría outros 76 reais de vélaro ou o dobre desa cantidade, dependendo da súa participación no monto total da maquía.
O MUÍÑO E O CONTEXTO AUTÁRQUICO
Establecer a relación entre o número de muíños dunha freguesía e o seu número de veciños carece de sentido se non se ten en conta a producción total de cereal. 50 veciños de Pedroso dispoñen de 10.300 ferrados de terra dos que 2.050 son de sementeira de sequeiro que se sementaban en rotación bianual (un ano de centeo e outro de maínzo). Un ferrado de sementeiro de centeo ou de maínzo producen cinco, catro, tres ou dous e medio ferrados de maínzo ou centeo, segundo a calidade da terra.
SEMENTEIRO DE SEQUEIRO
CALIDADE | Nº FERRADOS SUPERFICIE | RENDEMENTO FF. ÁRIDOS | Nº FERRADOS ÁRIDOS |
1 | 870 | 5 | 4.350 |
2 | 810 | 4 | 3.240 |
3 | 370 | 3 | 1.100 |
TOTAL: 2.050 ferrados
8.690 ferrados ridos (maínzo ou centeo)
A isto hai que engadir os rendementos dos montes baixos que se traballan anualmente.
MONTE BAIXO
CALIDADE | Nº FERRADOS SUPERFICIE | RENDEMENTO FF. ÁRIDOS | Nº FERRADOS ÁRIDOS |
1 | 550 | 4 | 2.200 |
2 | 100 | 3 | 300 |
3 | 96 | 2,5 | 240 |
TOTAL: 2.050 ferrados superficie
2.740 ferrados áridos (maínzo ou centeo)
Sen contar a producción dos 240 ferrados de montes altos pechados e os 6.854 ferrados de montes comunais altos e abertos que se rozan segundo as calidades cada trinta, trinta e cinco, corenta ou cincuenta anos, a producción total anual é de uns 11.430 ferrados de cereal (centeo ou maínzo) en bruto, aos que habería que descontar 1.143 ferrados de desmos e 508 ferrados de foros e cargas.
131 veciños contan con 9.779 ferrados ou o que é o mesmo, correspondería unha media de 74 ferrados e medio por familia e ano. Isto é so estimativo porque a distribución das terras é moi desigual e existen enormes disimetrías. Pero o certo é que un ano con outro, é dicir cada dous anos, os muíños de Pedroso moen unha cantidade próxima aos 117.341 Kg. de centeo ou 176.022 Kg. de maínzo. E dicir corresponderían uns 14.668 Kg. de centeo por muíño e ano ou 22.000 Kg. de maínzo. Corresponden aos veciños, 81 Kg. diarios de centeo e 122 de maínzo, uns 7 ferrados dunha ou doutra especie, que os podían moer os muíños da freguesía traballando ao mínimo cando máis en dúas horas.
Isto significa que os muíños de maquía moen, en cada tempada de traballo (6 meses), en torno a uns 100 ferrados de maínzo e outro tanto de centeo, que traducido a diñeiro suporían uns 400 reais de vélaro, pois o ferrado de ridos de maínzo e centeo vale en torno aos 4 reais de vélaro. Isto, en bruto, sen contar gastos. Con todo, os muíños de maquía non eran un mal negocio, pero tampouco daban para vivir deles exclusivamente.
[1] Construída en cantería pola “Xunta de Camiños” de Ferrol en 1814
[2] Comarca que comprende hoxe os concellos de Ferrol, Narón, Neda, Valdoviño e San Sadurniño.
[3] Como sucedera tamén con San Sadurniño, Valdoviño e Serantes pois lembremos que Ferrol e Neda foron fundadas como concellos por Afonso IX a comenzos do século XIII .
[4] PENA.1992:220-21.
[5] “Es decir, aquellos que han introducido máquinas auxiliares, sobre todo de limpieza del grano y cernido, y que cobran el trabajo de la molienda en dinero para poder hacer frente a las inversiones realizadas en la reforma y mecanización del molino”. REYES MESA, J. M.1995:132.
[6] Convén non confundir autárquía, “gobernarse un a si mesmo”, con autarcía, esto é, “producir un mesmo os alimentos que precisa”.
[7] Herdeira triste da prospera vila Mariñeira fundada a comenzos do século XIII polo rei de Galicia Afonso IX [PENA.1992:279-80;315-16] tras seren dun tirón reducidos a terceira parte os seus efectivos demográficos na dramática destrucción de casas, barcos, artes de pesca, e decepados dende a raíz de catro mil Xornais de viñas[PENA.1992:367;382-84] medios de vida orientados ao tráfico marítimo,baseados na exportación, dos ferroláns, na brutal reconversión industrial de Felipe II ó remate do século XVI.
[8] Pensemos por exemplo a incidencia na muiñería da comarca, e en todos os eidos, da súbita aparición da “villa” de Ferrol como vila “refundada” coa nova poboación de Esteiro (1847) xurdida a mediados do século XVIII, co Arsenal que leva o seu nome; o barrio creado ex novo en 1761 na vella Madanela. Estos feitos converterían en menos dunha xeración unha vila mariñeira galega de 300 veciños no primeiro núcleo urbán de Galicia ao contar a vila de Ferrol en 1778 con máis de 30.000 habitantes, e o que é máis curioso e de impacto social , sócio-linguístico, e cultural para a bisbarra, cunha poboación en boa parte allea a nosa terra. Unha sociedade inzada de técnicos, militares, esclavos, aventureiros, comerciantes e funcionarios que propicia a ruptura da autarcía anterior. Na edición de Pilar de Loscertales de Valdeavellano.
[9] Como a inglesa, tan globalizadora, inaugurada por Bennet & Elton “History of corn milling”, 4 vol. Londres 1898-1904) que dende 1898 a 1904 publicarían catro volumes sobre a historia da muiñeiría.
[10] Como os de E.C. Curwen “The problem os early watermills” Antiquity, núm. 71, Sept. 1944.
[11] Como os de G. Sicard “Aux origines des sociétes anonymes: les moulins de Tolouse au moyen Age”. París. 1953) que estudia o sistema de propiedade dos muíños de Tolouse como xerme das sociedades anónimas modernas ou o vello estudio de G. Darney de grande interese para a muiñeiría industrial por ocuparse da producción e distribución de peneiras, cribos e moas albeiras na Ferté-Sour-Jouarre “La Ferté-Sour Jouarre”. París 1910, berce de estudios posteriores.
[12] Núm. CXXII.
[13]“cum terris, domibus et edificiis… et aquarum molendinorum cursibus” Tumbo A, fol. 4 r..
[14] “cum molendinis ipsis et aque ductis” Tumbo A, fol. 10 vto.
[15] Tumbo A, fol. 16.
[16] A. Pena Graña. “A Terra de Trasancos ollada dende os Mosteiros de Xuvia e Pedroso na Idade Media”. In “Narón, un concello con historia de seu”. Vol. II, pp. 130, 163.
[17] Apeo de Pedroso de 1544.
[18] Título XVIII. 1.499, 1,2.
[19] Apeo de Pedroso de 1.444, fol. 39.
[20] Real de Legos. Pedroso, fol. 29, CME.ARG.
[21] Resposta xeral pregunta núm. 17 do Interrogatorio.