REAIS FÁBRICAS DA PONTE DE XUVIA

 

bandeira de Narón1

Catro muiños industriais do S. XVIII do Concello de Narón  

 

 Reais Fábricas de Fariñas da Ponte de Xuvia e do Ponto

Industriais e Reais FábricasANDRÉS PENA GRAÑA. Dr. en Arqueología e Historia Antiga. Arqueólogo, historiador e arquiveiro do Concello . Publicado en Narón, Terra de Trasancos, polo servizo de Arquivo, área de Arqueoloxía e Historia, en  formato libro  en 2003 e, ampliada, en 2007 . Desenvolve o amplo resumo publicado nas Actas do Primeiro Congreso Nacional de Molinología en 1995. O noso agradecemento especial ao Sr. Don José Rodriguez Pena, autor das precisas maquetas nas que se basea este proxecto.

 

A REAL FÁBRICA DE FARIÑAS DA PONTE DE XUVIA

 

 

MAQUETAS DE DON JOSÉ RODRÍGUEZ PENA [PEPE “O SEÑOR MARQUÉS”]      

 

 

 

 MUIÑEIRÍA INDUSTRIAL DE LESTACHE DA PONTE DE XUVIA (NARÓN)

 

 

PRECONDIClÓNS

 

arsenal

 

felipeV

            No reinado de Felipe V, reparóuse que no esteiro de Caranza, na beira oriental do monte de Esteiro, fora do recinto da vila mariñeira de Ferrol, fundada por Alfonso IX a principios do século XIII, o sitio era máis oportuno e a ría máis fonda para levanta-los grandes asteleiros que comezaron a se construír no ano 1740.

            Ferrol, que no 1749 só contaba con 250 veciños, fíxose «instantaneamente» en verbas de Montero y Aróstegui ex Alonso López «un dos de maior poboación do antigo e vasto Reino de Galicia».

            No 1778, FCarlos IIIerrol contaba con máis de 30.000 habitantes e a finais do século (no 1797) rebasaría os 40.000. Como o trigo do país non podía supli-las inxentes necesidades creadas polo súbito asentamento e proliferación da nova poboación Ferrol abastecíase de cereais por mar.

O tratado de amizade e unión chamado o «Pacto de Familia», asinado polo rei Carlos III no 1761 envolveu a comarca nunha guerra contra Inglaterra e Portugal.

Máis pola prbarcaroloevención por estar na ría navíos de liña permanentemente xunto a forzas de terra, que por un bloqueo inimigo, a vila sufriu unha enorne escaseza de cereais que asustou ás autoridades, tendo que mercalos do seu peculio ó propio Xeneral das tropas e tomarse disposicións políticas no «Real Acuerdo del Reino de Galicia».

OS PROTAGONISTAS

           denis diderot Un ano despois da sinatura do «Pacto de Familia» chegaría á vila de Ferrol un comerciante chamado Juan Lembeye, e e por esas mesmas datas arriban uns industriais franceses, D. Santiago Beaujardin (no 1760); D. Juan Lestache, natural da «villa de Viana en el Reino de Francia»; Francisco Bucán, cirurxián, natural da freguesía de San Pedro de Saugnac, departamento de Dacqs, e Mathías Dufoire. Chegaba tamén con eles a Enciclopedia de D. Diderot y J. d`Alembert e os tratados de muiñeiria de Malouin.

XÉNESE E PROMOTORES DA REDE DA MUIÑEIRÍA INDUSTRIAL HIDRAÚLICA, FLUVIAL, DE MARES E DE VENTO

Muiño de vento de San Mateu

Neste contexto coxuntural encádrase a xénese e desenvolvemento dunha vasta e importante rede da «muiñeiría de nova invención» que podemos chamar «muiñeiría industrial», rede que estaría a finais do século XVIII entre as mellores da Península Ibérica e da que só estudiaremos a comprendida no concello de Narón, sen dúbida, a xulgar pola cantidade, e calidade, das fontes documentais con que na actualidade contamos, a máis importante.

Establecidos a principios dos anos 60 na Terra de Trasancos, estes franceses aprmuiño de vento 2oveitando tódolos recursos enerxéticos da comarca, a forza eólica (a este momento se corresponden os muíños de vento de S. Mateu e da Faisca en  Xuvia), hidraúlica –muíño da Ponte do Xuvia e dos Amenadás- e da maré -muíño das Aceas do Ponto- investirían fortísimas sumas de diñeiro na construcción dunha vasta rede de muiños .

 A REAL FÁBRICA DE FARIÑAS DA PONTE DE XUVIA

Muiño de Xuvia

Varios franceses, entre os que salientan, D. Juan Lestache, Francisco Bucán, Santiago Beaujardin, un vocal e accionista da compañía…. chamado Juan Lembeye, e Mathias Dufoire, todos eles procedentes do ramo do comercio agás Bucán, de profesión cirurxián, establecidos a principios dos anos 60 na Terra de Trasancos, investirían fortísimas sumas de diñeiro na construcción dunha vasta rede de muíños aproveitando todos os recursos enerxéticos da comarca: forza eólica, (probablemente deles son, con reserva da falla de documentación, os muíños de vento de S. Mateo e da Faísca, en Xuvia), hidráulica (muíño da Ponte de Xuvia e dos Amenadás) e da maré (muíño das aceas do Ponto) ó tempo que impulsaron a traverso de empréstitos ós seus proveedores galegos a creación de moitos muiños en toda Galicia. Eles denominaban a estes muíños de “nova invención” pois aplicaban neles o “sistema francés” coñecido como “molturación económica” que permitía obter diversos tipos de fariñas e sémolas cun alto grao de mecanización.

Atópase o conxunto de edificacións mencionadas no fondo da ría de Ferrol na desembocadura do río Xuvia pola represa que alimenta o muíño no lugar de Xuvia, figresía de San Xiao de Narón.

A localización é un paradigma de cómo o muiño histórico máis importante da España da Ilustración: A Real Fábrica de Fariña da Ponte de Xuvia pode modelar a paisaxe, e formar parte dunha paisaxe, e non se pode concebir o entorno fora do complexo industrial pois ese conxunto reflectido na factografía e o arte con tódalas grandes árbores que bordean o río, creadas por polo muiñeiro Antonio García que sucedera a Lestache na administración do complexo industrial, foi asumido por xeracións de homes da Terra de Trasancos.

Francisco Bucán e Juan Lestache

 

Francisco Bucán, natural de San Pedro de Saugnac, bispado de Dacqs, avecindouse en Ferrol no ano do 1760, onde exerceu no oficio de cirurxián durante algún tempo, casando na vila con María Dominga Vázquez.

Embarcou no «San Francisco de Paula» rumbo a Porto Rico exercendo de segundo cirurxián e sangrador do navío, o dia 21 de xaneiro do 1766 permanecendo no buque ata o 3 de xuño do mesmo ano, cando tras liquida-la conta do cargo desembarcou.

            A contatación directa  da potencialidade do mercado americano e a observacióndo bastemento da escuadra, induxo a D. Juan Lestache, natural de Vienne, a formar unha compañía para, a medias,  e fabricar entre os dous un moderno complexo industrial fabril de fariñas, que diversificarían logo cunha fábrica de curtidos, e xa, en terreos mercados a este efeto na Xuvia de Neda cunha fábrica de papel, que, prácticamente  non se chegou a estrenar porque a tiveron que trasladar pronto ao otra beira do río Xuvia, en Narón, por ter que ceder o lugar e o solar á coroa para a instalación dunha Real Fábrica de cobrería.

COMPLEXO INDUSTRIAL FABRIL DE FARIÑAS

 

 

muiñosxuvia

O complexo industrial fabril de fariñas estaba composto de catro grandes muíños no río e lugar da Ponte do Xuvia.

Escolleron ese lugar

Muiñoxuvioso2

«Como o paraxe máis a propósito para proveer de fariñas tanto ao pobo, canto ña provisión da mariña, que nas precisas ocasións de armamentos carecían, pola falta de augas na estación de verán e efectivamente á súia propostas achou todo o apoio necesario no ditos Lestache quen dende logo formou compañía có expoñente, fabricando a medias ditos muíños, e de conclúidos sinalando os sous da parte do Sul a Lestache», quedándo Bucán cós dós muiños da beira do Norte avaliados en 1789, en trescentos mil reás de vélaro.

Ámbolos dous decidiron conducir por si mesmos a empresa e trasladáronse á Ponte de Xuvia onde permancerían.

Muiño Xuvioso

Lestache fixose cos catro muiños (catro moas) cando trala morte da  primeira muller do seu socio Bucán, da que este tivera tres fillas, casando de novo cunha galega chamada María Calvo, aumentou  considerabblemente a prole con outros

«cinco fillos de tenra idade» (no 1793) «e así por lles proporcionar mellor educación como porque casara unha das tres fillas do primeiro matrimonio, foi preciso aprontarlle a súa dote, determinou o exponente (Bucán) restituírse a esta vila (Ferrol) facendo venda dos seus muíños ó repetido: Lestache e co seu caudal estableceuse aquí no comercio usual e corrente» (11 de xuño do 1793).

OS MUIÑOS

 

      Por unha serie de protocolos  notariais, acervo factográfico que constitúe, sinón a maior, unha das máis completas e importantes coleccións documentais de España sobre a muiñeiría, coñecémos ben os muíños da Ponte do Xuvia. Este traballo [inédito ata o ano 2008] foi publicado parcialmente por nos no ano 1995 nas Actas das Iª Jornadas Nacionales sobre a Muiñeiría (1995 in Cadernos do Seminario de Sargadelos 75)

             A Real Fábrica de fariñas de Lestache da Ponte do Xuvia rematouse de construir no 1775. Salientamos como nun protocolo notarial de 1787 no que Lestache solicita «Real facultad» e «licencia absoluta» do rei e do «Real  y Supremo Consejo de Castilla» para face-los acopios de trigos e gran necesarios para todo o reino dende os portos santanderinos.  Así describe Lestache o seu complexo fabril:

Juvioso3

FRANCISCO BUCAN E JUAN LESTACHE.  Francisco Bucan, era natural de San Pedro de Saugnac, bispado de Daqs, avecíndouse en Ferrol no ano de 1.760, onde exerceu no oficio de cirurxián durante algún tempo, casando na vila con María Dominga Vázquez. Seis anos despois da súa chegada, o 21 de xaneiro de 1766 embarcou no navío “San Francisco de Paula” fretado pola “Real Hacienda” para a conducción de tropas a Porto Rico, exercendo de segundo cirurxián e sangrador do navío ata o 3 de Xuño do mesmo ano, no que desembarcaría tras liquidar a conta do cargo. Trala observación da potencialidade do mercado americano e do bastemento da escuadra, induciu a Xoán Lestache, natural de Vienne, a formar unha compañía para fabricar a medias un moderno complexo industrial fabril de fariñas, que ampliarían logo cunha fábrica de curtidos e xa na Xuvia de Neda cunha fábrica de papel que tiveron que trasladar pronto á outra beira do río a carón da fábrica de fariñas por ter que ceder o lugar á coroa para a instalación da Real Fábrica de Cobrería. Composto de catro grandes muíños feitos no río lugar da Ponte de Xuvia, escolleron ese lugar “como o paraxe máis a propósito para proveer de fariñas tanto o pobo, canto provisión da mariña, que nas precisas ocasións de armamentos carecían, pola falla de augas na estación de vrao e efectivamente a súa proposta achou todo o apoio necesario no dito Lestache quen dende logo formou compañía co expoñente, fabricando a medias ditos muíños, e de concluídos sinalando os dous da parte do Sul a Lestache”, quedou Bucan cos dous muiños do do Norte, avaliados, en 1789, en tescentos mil reás de vélaro. Ambos decidiron conducir por si mesmos a empresa e trasladáronse á Ponte de Xuvia onde permanecería ata o seu pasamento atendendo as súas fábricas Xoan Lestache e Francisco Bucan once anos, voltando logo á Vila de Ferrol trala morte da súa primeira muller, da que tivera tres fillas, ó casar de novo Bucan cunha galega chamada María Calvo, da que tivo “cinco fillos (en 1793) de tenra idade”[…] “e así por proporcionarlles mellor educación como porque casara unha das tres fillas do primeiro matrimonio foi preciso aprontarlle a súa dote, determinou o expoñente (Bucan) restituírse a esta vila (Ferrol) facendo venda dos seus dos muíños ao repetido Lestache e con ese caudal estableceuse aquí no comercio usual e corrente” (11 de Xuño de 1793) adicandose tamén a venda de diversos xéneros das fábricas de Xuvia .

            Inmediato a Ponte de Xuvia , e o rio dos mesmo nome, construín catro moendas de extraordinaria magnitude e nova invención, que moen cada ano sesenta mil fanegas de trigo, que da miña conta merco, e fago conducir á dita situación, tanto dentro do reino, como de fora del, as súas moendas están surtidas de peneiras, limpadores e tódolos artefactos precisos; e actualmente no só estou a costear no propio paraxe outros varios edificios e almacéns para depósito dos grans,fariñas e despoxos que producen, senón tamén outros dous muíños para fábrica de papel común e de estraza, con vinte pilos para o propio ministerio, das que as fábricas , edificios e utensilios valen ben un millón de reás».

juvias Merlanas 001

Deseño de Eva Merlán Bollaín para Narón, unha Historia Ilustrada na Terra de Trasancos

O CONTEXTO ECONÓMICO

Ao estudiar Alonso López a pobración da bisbarra de Ferrol sinalaba que

A pesares da maior pobración comparativa de Galicia respecto ás demáis provincias, non conta de operarios na sua industria senon a pequena parte dun centésimo da súa pobolación; e se poderá formar idea do estado deplorable da súa agricultura, reparando á que os seus productos, moi lonxe de exceder min de igualar aos productos industriais, non son mais que coma unhas cinco séptimas partes de estos, de onde resulta que por falla de brazos ben distribuidos na labranza, ten que entrar de afora anualmente  para o consumo de graos do pais a crecida cantidade duhns 4 millòns de fanegas, coma se dixo noutro lugar, que veñen a ser unhas duas terceiras partes da cantidade total de consumo.

[…] o Ferrol experimenta a alternativa de decaer no seu fomento, porque como é un punto do que os impulsos vivificativos proveñen das disposicións do goberno en tódalas súas partes, cando este franquea continuadamente caudais  para conservar ou aumentar  a Marina militar, ou para o apresto e armamento de forzas navais, entón agolpanse neste punto e aos seus contornos moitos moradores, traballadores e consumidores, así como cando o goberno se retrae de face-los seus libramentos de diñeiro, e que cesan ou se diminuen estas atencións navais enton alonxanse e desaparecen os brazos da laboriosidade, do fomento e do consumo, quedando todo o país lánguido e cun aspecto miserable”.

Ata este boom demográfico o trigo da Terra de Trasancos reducíase as reservas das huchas dos terratenentes do país, especialmente José M. Bermúdez de Mandiá Pardiñas e Villar de Francos e do priorato de Xuvia, dependente de Lourenzá, en mans de priores ilustrados e grandes administradores como Frei Felipe Colmenero e Frei Francisco Vicente García.

 O trigo do país, maís obscuro, con graos máis pequenos có trigo de Castela pero de maior poder alimenticio, non podía suplir, có sistema alternante de cultivo da Terra de Trasancos e mecanismos tradicionais de consumo que vimos de ver nos precedentes capítulos, o enorme incremento da demanda creado polo súbito asentamento e proliferación da nova poboación. Ferrol tiña que abastecerse de cereais por mar.

 O mencionado tratado de amizade e unión chamado o Pacto de Familia, asinado polo rei Carlos III en 1761 envolveu a comarca nunha guerra contra Inglaterra e Portugal.

Carlos III Mengs

Máis pola prevención ao estar na ría 35 navíos de liña permanentemente xunto a forzas de terra que por un bloqueo inimigo, a vila sufriu unha enorme escasez de cereais que asustou ás autoridades, tendo que mercalos do seu peculio o propio xeral das tropas e ser tomadas unhas disposicións políticas do “Real Acuerdo del Reino de Galicia”.

Sebastião José de Carvalho e Melo, Marquês de Pombal 1699,1782

Sebastião José de Carvalho e Melo,  Marqués de Pombal (1699-1782). A morte de D. José,  perdeu o poder sendo acusado nun proceso político de enriquecimento ilegítimo

gerónimo Grimaldi

Jerónimo Grimaldi

Os conflictos entre as cortes de Lisboa e de Madrid quer por disputas nas respectivas colonias americanas, quer polo resentimento e enemistade personal dos ministros Pombal e Grimaldi, durarían ata ano 1777 cesando ese ano, subita e milagrosamente, no punto máis alxido ao morrer o rei José, cando estaban a se apoderar os portugueses de Montevideo; unha expedición activa da armada ao fronte do xeral Don Pedro Ceballos e do Marqués de Casa-Tilly á America do Sur tomaba a illa brasileira de Santa Catalina, a colonia do Sacramento e ainda as posesións reclamadas polos portugueses ata o río San Pedro e na raia de portugal,  acuartelabanse as tropas de Carlos III.

Maria I de Portugal. Tomas Hickey ou Giuseppe Troni

Maria I de Portugal  (1777-1816)

 Frustrada a tentativa do difunto rei fidelísimo e do seu ministro Carbalho para encumiar, alterando a orde sucesoria, ao seu neto o Príncipe do Brasil José, e sucedendo no trono portugués María Francisca Isabel, filla da  raiña nai Maria Victoria irmá favorita de Carlos III, ese mesmo ano de 1777 en que ocupou o trono a caida de Carbalho foi seguida da sinatura o 1º de Outubro en San Ildefonso dun tratado de lindes pola nova raiña portuguesa có seu tío entre as posesions das respectivas cortes en Brasil e Paragüai, e ainda un ano dempois nunha viaxe da raiña viuva a Madrid para visitar ao seu irmao Carlos se ultimaba un acordo de extradición e ainda cedía xenerosamente o reino de Portugal a coroa de Castela o vizoso manantial de esclavos das illas de Anabon e de Fernando Poo, concluíndose rapidamente o tratado no real sitio do Pardo o 24 de marzo de 1778 asinándose coa intencion de favorecer o comercio unha alianza de familia máis estreita.

Saida da flota de Cádiz para Veracruz

Saída da flota de Cádiz para Veracruz. Carlos III suprimira o privilexio do porto de Cadiz o cal tiña o monopolio que anteriormente posuira Sevilla, reducindo tamén ao 6 por cento os dereitos de exportación das mercadurias que se remitían a América. Posteriormente  por Orde de 5 de abril de 1773, creou unha ‘Contaduria principal de Alcabala del Viento’ -e decir, da que se cobraba ós comerciantes foráneos- independentemente da  ‘Alcabala Fija’.

 Dous acontecementos de algunha transcendencia para as fabricas de fariñas de Xuvia ainda se sinalan ese ano de 1778 por establecer Carlos III en todos os portos de España a liberdade de comercio como medio de favorecer o desenvolvemento do comercio dos virreinatos americanos coa metrópoli; e a circunstancia do seu pasamento e sucesión no trono [ estando mentalmente imposibilitado o Príncipe de Asturias Don Felipe], de Carlos IV, conservando aos ministros e aos principais funcionarios que resultaran tan eficaces no reinado do seu pai con pretensións continuistas da pretérita bonanza.

 

Pretensións impedidas por extraordinarios sucesos que cambiarían o curso da Historia de Europa; rotas ese mesmolibertad de comercio ano ao estalar unha guerra contra Inglaterra por mor dos pactos de familia da casa de Borbón.

Constituíndo unha avanzada industrial na Península pola súa estratéxica posición de privilexio nun momento emerxente para todas as actividades industriais e comerciais, no derradeiro tercio do século XVIII; contando con enormes recursos e abrigados portos, Galicia, abríase ao tráfico marítimo internacional participando activamente no proceso da enorme eclosión da industrial dos paises Atlánticos que obtiña a materia prima de terras lonxanas da man dun capitalismo mercantil moi desenvolvido.

Cambios no mapa de Europa de 1700 a 1715 por Utrech. Fonte Wikipedia

Eran tempos en que postulándo a libertade de comercio os reis parecían fomentar esas demandas.

Unha solicitude da Casa de Lestache da Ponte de Xuvia de Real Facultade e Licencia Absoluta do rei e do Supremo Consejo de Castilla para facer acopio de graos en todo o reino e no extranxeiro estábase a informar favorablemente cando os gastos do Estado provocaban en Ferrol a conxelación de salarios de mariños e de maestranza, o desabastecemento xeneralizado e o encarecimento dos productos de primeira necesidade.

Eran tempos modernos nos que os interereses das compañías mercantiles dun modo similar a como hoxe en día os intereses das compañías multinacionais condicionan o uso do poder armamentístico das superpotencias asomaban sin rubor tralos conflictos das potencias europeas; tempos modernos nos que os novos intereses dos previsores industriales e comerciantes, presentes e futuros, polo control das materias primas e por garantir a libre circulación das mesmas condicionaban a importancia estratéxica da moderna armada e dos modernos asteleiros de Caranza.

Ilustrando o contido nos precedentes parágrafos unha das máis terribles escaseces cíclicas de graos na Vila de Ferrol e na bisbarra apareceu no ano 1789 en virtude duns preparativos bélicos contra Inglaterra dándose a falla de bastimentos e o incremento dos prezos no medio de grandes armamentos e alistamentos de voluntarios.

As crises de subsistencia na Terra de Trasancos de finais do século XVIII -so comparables polos seus terribles efectos as da Idade Media, como aquela do ano 1200 que fixera a fortuna da granxa de Brión-, obrigaron ao Concello da Vila de Ferrol a tomar medidas desesperadas para o bastimento de graos.

Marinos

Laminas pintadas por C.URBEZ. De esquerda a dereita. 1 Capitán de Navio de 1715; 2 Capitán de Navio en 1755; 3 Soldado de artillería de Mariña de 1746; Capitán artillería de Mariña 1796.Fonte: UNIFORMES E BANDEIRAS DA MARIÑA ESPAÑOLA

Mais as razóns da fame a finais da Idade Moderna na principal cidade de Galicia e na sua bisbarra ainda compartindo un común medio de transporte -que a fame agora, como antes, tamén viña nadando- eran ben distintas das do Ferrol Baixo Medieval a comenzos do século XIII, a escased de graos na vila da Ilustración teria sido probablemente causada tanto polo bloqueo dos ingleses canto pola propia interrupción das relacións comerciais con Inglaterra, unhas relacións apenas emprendidas pola corona seis anos antes pero xa imprescindibles pola dependencia crecente da vila da importación de alimentos, e tamén pola dependencia do trigo dos muiñeiros de Xuvia coma o da casa de Lestache, traido dende Londres pola intermediación da casa Mildford & Dowling e Cª consumido en Ferrol ou redistribuido, segundo se desprende dunha importante correspondencia comercial da Ponte de Xuvia analizada en outro lugar, polo menos no rebumbio do tráfico marítimo internacional.

Se o alcance deste comercio de graos con Londres, segundo o penso eu, é por agora impreciso considerando a proba, distante no tempo e reducida a dous meses, non é nebuloso nun contexto que en tempos de paz podemos considerar de rutinarias relacións con Inglaterra e os portos do Atlántico, pois a modo estimativo, por mor de que a nosa situación con respecto a Gran Bretaña era entón ainda maís crítica e perigosa que no ano 1789 nas coordenadas aducidas de 1802, sorprendendo ese ano unha escuadra británica dous navios de liña do rei Carlos IV no estreito de Xibraltar, e ainda perdendo a illa da Trinidade,  coa vila de Ferrol comendo pan de salvado por mor do bloqueo dende o ano anterior en que  ainda fortes temporais acabaran con todo o trigo e o orxo e o mainzo do país, ou vendendose na Cruz Blanca e nos demáis fornos a dous reás a libra o pouco pan trigo que quedaba a quen era quen de pagalo

A seca de 1802 foi tan terrible que ao tradicional mergullado popular na fonte da ermida a Virxe de Chamorro -milenario rito de punición  e particular expediente da terra de Trasancos para traer as chuvias-, uniuselle ese ano a cortesana transposiciótrinidadn do madrileño San Isidro Labrador, sacando a imaxe do patrón San Xiao en ilustrada procesión polas rúas da vila tódalas autoridades e as corporacións do exército e da armada.

Contando somentes con datos para dous meses en maio e xuño de ese ano mencionado de 1802 nos que só un muiño de Xuvia, a Casa de Lestache aproveitaría o efimero tratado de Amiens asinado entre a España de Godoy desorganizada e falta de política e Inglaterra Francia e a república Batava o de 27 de maio para que a coroa da Gran Bretaña recibira oficialmente do rei Carlos IV a illa americana da Trinidade, se importaron pola dita Casa da Ponte de Xuvia 1624 ½ qu
arters
de trigo remitidos dende Londres polos  Mildford & Dowling e Cª en duas partidas.

Unha de elas, de 912 ¾  quarters ou 14.26 ferrados de trigo polo ferrado de San Xiao de Narón, chegou, “segundo consta do libro imbentario de entradas e saidas de Xéneros con tódolos gastos ao folio 3” o día 4 de maio.

A outra “segundo consta do mesmo Libro con tódolos gastos o seu folio 5  de 811 e ¾ quarters” -12.475 ferrados de San Xiao de Narón-   chegou o día 26 de xuño – [noticia do Libro imbentario de entradas y salidas de Géneros (ARG leg. 14321/55 extracto, f 16 v]-.

Arribaron de Londres en dous meses 26.501 ferrados de trigo moídos e vendidos en fariña a 35 reales o ferrado [nº 1 fol. 97 reclondinumto], e a xulgar polas apariencias a falta de datos directos, polo volume deste tráfico atlántico europeo da documentación conservada no arquivo da casa que se guardaba en legaxos nun armario situado no chamado Cuarto do Despacho [ARG leg. 14321/55 extracto folio 80 verso]-.

escritorio2

Mesa de despacho de finais do S. XVIII

 Un colosal armario tasado por un Maestro Carpintero en ciento sesenta reales onde se recollia toda a documentación da casa en oito grandes estanterias, enorme volume documental como se desprende do feito de que somentes a correspondencia corriente da casa dende 1805 ata 1814 ocupaba tres estanterias e dezaoito caixóns. Xulgando pois ante a carencia de rexistros máis cualitativos polas apariencias, polo volumen que formando mazos minuciosamente atados nas estanterias do chamado Cuarto do Despacho ocupaban as unidades documentais podemos ter unha idea do alcance deste extraordinario trasego importador de trigo atlántico europeo, moito procedente de Inglaterra, máis na sua maioria procedente do Báltico, de Prusia e de Rusia.

gabinete do S. XVIII 2

Gabinete para documentos do S. XVIII

Así coas suas divisións e pechaduras no estante cuarto, estaban os Mazos primeiro e segundo de Correspondencia antiga de Galicia con once envoltorios ou legaxos, o Mazo terceiro, con catro envoltorios de correspondencia de Castela, e o “Mazo quarto con cinco envoltorios de correspondencia de Vizcaia e Asturias”.

Cando o “Ymbentario de 1814” describe a Correspondencia do Norte do “estante quarto”, di que estaba “composta de doce envoltorios e de quinto e sexto mazos”, volume documental posiblemente superior ao ocupado polos sete envoltorios do Mazo sétimo da “Correspondencia de Baltimore sobre los viajes de Bujardin”,  e comparable a Correspondencia de Francia arquivada nos oito envoltorios no mazo oitavo e nos tres envoltorios no mazo noveno “que conteñen todas as relacións habidas con Leviñac”,  vitais tamen  para o desenvolvemento de todo núcleo industrial da Ponte de Xuvia (Narón) que dependendo prácticamente do comercio ultramarino, vería como por mor da propia efervescencia do emerxente comercio internacional este se interrompía de novo en 1789 ao tentar establecerse os ingleses na costa N.E. de América.

Sabemos por un destes protocolos xa mencionado, hoxe no Arquivo Municipal de Ferrol (en adiante AMF) [1] de 1787 no que Lestache solicitaba “Real facultade” e “licencia absoluta” do rei e do “Real e Supremo Consejo de Castilla” para facer os acopios de trigos e gran necesarios en todo o reino que a fábrica de fariñas de Lestache da Ponte de Xuvia, Lestache afirma construír unha fábrica de catro muíños “de extraordinaria magnitude e nova invención”, rematouse tras obter licencia do señor do couto e xurisdicción de Narón, cando Lestache levaba xa 10 anos residindo no lugar, en 1775.

SANYO DIGITAL CAMERA

Casa Habitación de Lestache, adosada ao muiño

casa bonecas sXVIII

Pintura dunha casa de bonecas. Estes xoguetes permiten apreciar con gran fidelidade a distribución, mobiliario e decoración das habitacións das casas da burguesía do século XVIII

“Juan Lestache, natural de la Villa de Viana no Reino de Francia… digo que mais hai de vinte anos estabrecinme e aveciñeime nesta Vila do Ferrol, e fregresía de San Martín de Xuvia e couto de Narón, distante de ela unha legua, onde casei, e teño muller, e fillos; e inmediato a Ponte de Xuvia, e río do mesmo nome, construín catro moendas de extraordinaria magnitude e nova invención, que moen cada ano setenta mil fanegas de trigo, que da miña conta merco, e fago conducir a dita situación, tanto de dentro do reino, como de fora del, cuias moendas están surtidas de peneiras, limpadores, e todos os artefactos precisos; e actualmente no so estoi costeando no propio paraxe outros varios edificios, e almacéns para depósito dos graos, fariñas e despoxos, que producen; senón tamén outros dous muíños para fábrica de papel común, e de estraza con vinte pilos para o propio ministerio, cuias fábricas, edificios e utensilios ben valen un millón de reais”.

        A fábrica da Ponte de Xuvia tiña unha capacidade de moenda anual ata entón descoñecida en Galicia de “setenta mil fanegas de trigo” equivalentes a 3.885.000 litros ou 242.812,5 ferrados de  áridos de Xuvia.

        Para as masivas compras de trigo que realizaba Lestache nos portos de Santander e  Requexada, o Báltico e Norteamérica, construira tamén enormes tullas e asemade depósitos para a fariña e salvado.

        Unha complexa instalación taxada en 1.125.343 reais, aos que hai que engadir dous bergantíns chamados “El Portal de Belén” e o “San Juan Bautista y Animas” dunhas 100 toneladas cada un que poderían valer xuntos 500.000 reais (só estes dous navíos valían máis do dobre do valor das aceas do Ponto de Beaujardin e Lembeye) e unha lancha con cinco mariñeiros para levar a Ferrol as fariñas dende o porto da ponte de Xuvia e traer graos, máis todo o capital móbil investido en graos e xornais. En 1778, o concello solicitou a habilitación para o libre comercio pero ata 1793, en que se permite exportar fariñas  á Habana, debemos restrinxir toda esa enorme importanción de graos e capacidade de molturación ao consumo da vila de Ferrol e do bastimento da escuadra. Pero é seguro que se realizasen exportacións ao traverso do porto da Coruña, habilitado para o tráfico das Américas dende 1525.

Muiño Xuvia

        Mentres río arriba, no arroio de Prados, esperaban os labregos o seu turno para moer en nove muíños que moían en conxunto os 10.000 ferrados de trigo de toda a freguesía, río abaixo, no esteiro de Xuvia, os muíños de Lestache e Bucán amosaban unha capacidade inédita de moenda en  Galicia, de 242.812,5 ferrados de áridos ao ano, é dicir, vintecinco veces máis que toda a producción de trigo de Pedroso (70.000 fanegas).

      Sala de Bucan

  Contaba únicamente con catro moas de 6 pes ou 8 cartas (1.944 cm.) de pederneira fina de Francia e de 14 pulgadas de groso, moas como estas estarían colocadas onde hoxe estan no seu sitio semiagochadas polos escombros da cubrición como as albeiras que aínda se conservan no muíño de Beaujardin e Lembeye das Aceas.

Son pedras da Champaña francesa do Val do río Marne, unha pederneira moi compacta, dura e resistente ao desgaste do gran moi fino que fai unha fariña moi fina e limpa, que duraban ata corenta anos. Os ingleses con grande tradición muiñeira as importaban a mancheas por mor da frecuencia das guerras cos seus veciños ata que as fixeron semellantes con pedernal do Norte do País de Gales.

        As moas da Ferté-Sous-Jouarre facíanse a medida. Ao non existir pezas de pederneira grandes abondo para facer moas de case dous metros de diámetro, facíanse de anacos cementados con xeso, concentrada na parte media da moa e no aro exterior. Compróbase cunha regra de ferro que a superficie fora perfectamente plana e cinguíase con zunchos de ferro, ao roxo vivo a presión que o enfriarse compactaban máis as pedras coa pasta. No seu interior levaban reforzos de ferro de fundición. Para equilibra-la pedra coa buxa e a cruz verquíase plomo en catro buracos cilíndricos ou utilizábase un sistema de tornillos.

        Sabemos que cada unha destas moas tiña unha capacidade de moenda por hora (segundo o informe dos peritos nunha enquisa de 1787) de 10 ou 15 ferrados de trigo en virtude de que foran mudos de primeira ou segunda sorte.

Sala Lestache

Sala Lestache, proxecto de reconstrución

        Eran moas grandes, pesadas e lentas que se movían entre 45 e 50 revolucións por minutos, aumentando a velocidade ata 60 revolucións por mor do desgaste da volandeira. Cada moa podía moer 70.000 ferrados no período anual de traballo segundo os peritos, e isto supón 194 días de molturación as 24 horas do día ou 15 horas diarias durante 365 días.

Muiño Xuvioso

Sabemos que cada unha destas moas tiña unha capacidade de moenda por hora (segundo o informe dos peritos nunha enquisa de 1787) de 10 ou 15 ferrados de trigo en virtude de que foran mudos de primeira ou segunda sorte.

        Se temos presente que o sobredito desgaste do movemento continuo sobre as capas obriga a descabalgalas maila súa dureza, cada dúas ou tres semáns co burro, pescante ou gindastra, e picala manualmente por un especialista cunha piqueta, acción que se fai demoradamente, e logo nivelar, engrasar e cabalga-lo muíño de novo, debemos entender que o muíño tiña que ter varios turnos de traballadores e contar con man de obra especializada.

       Cando Lestache falaba de que era introductor do “sistema francés” ou alcuma as súas moendas de “nova invención” estase a referir ao uso do pedernal fino de Francia sobredito de “La Ferte-Sous-Jouarre” máis tamén a peneiras e limpadores accionados hidraúlica e manualmente, feitos en Francia e traídos dende alí.

         Un sistema de peneirado en varios andares semellantes ao de Lestache pódese ver na obra de muiñeiría de Malouin. Este sistema de peneirado, moenda e novo peneirado permitía facer sémolas moi finas, utilizadas pola industria pasteleira (en mans de franceses) de Ferrol. O aproveitamento do gran en torno a un 80% deixaba un 20% de farelo ou relón e desperdicios.

        As fábricas de Lestache e Bucán contaban con cinco destas peneiras e limpadores, que limpaban o trigo automáticamente mentres o conducían  á mollega o moega.Molturación economique

        As peneiras eran tubos inclinados de malla variable dispostos en pisos nun sistema combinado de xeito que a fariña se clasificaba en diversas sortes segundo a finura da malla e da moida ata o número de cinco, segundo se facía en Francia, xeito denominado “molturación economique” que podemos ver en varios grabados coma os de Duby e Wallon, ou o do sobredito Malouin.

PRODUCCIÓN E COMERCIALIZACIÓN

Carta Hespanha

A nosa situación en 1802, ano da morte de Lestache, a situación, con respecto a Gran Bretaña era entón ainda maís crítica e perigosa que no ano 1789,[…] […] coa vila de Ferrol comendo pan de salvado por mor do bloqueo dende o ano anterior cando fortes temporais acabaran con todo o trigo e o orxo e o mainzo do país, ou vendendose na Cruz Blanca e nos demáis fornos a dous reás a libra o pouco pan trigo que quedaba a quen era quen de pagalo, cunha seca tan terrible que ao tradicional mergullado popular na fonte da ermida da Virxe de Chamorro, milenario rito de punición da terra de Trasancos para traer as chuvias, uniuselle ese ano a do patrón San Xiao , desfilando en ilustrada procesión polas rúas da vila tódalas autoridades e as corporacións do exército e da armada.

Bergantíns

práctica habitual -segundo se desprende dunha voluminosa documentación e listados interminables de debedores , rexistrados pola Casa de Lestache en libros baixo epígrafes coma “ Diario de Ventas Libro Viejo”, “Deudas del del libro borrador de parroquianos”, “Deudas menores del Libro de Cuentas Corrientes”,ou “Borrador manual de deudas” dos que coñocemos extractos ou a súa existencia- venderlles pan, fariña ou salvado ó fiado, ós “parroquianos” de calqueira extracción social: militares, labregos, fidalgos ou xornaleirose é máis que probable que esta costume callara en Ferrol polo feito de que non podían pagalo con regularidade en moitas ocasións .

        Dixemos que Lestache contaba coa fragata “San Juan Bautista ” que levaba o nome do seu capitán ou patrón e os bergantín de dous paus e velas cadradas o “Portal de Belén”, o “San Juan” e o “Santa Ana”,  – barcos de 80 e 100 toneladas-, e a consabida lancha de 5 mariñeiros para o acarreo de trigos e fariñas que chegaban a Ferrol en barcos, propios, españoles ou extranxeiros e o seu transporte o porto do desaugue do Xuvia, onde había un peirao de madeira.

[…] Que también tengo […] la fragata Española San Juan Bautista que se halla en Buenos Aires [100tn] y el bergantín [de 100tn] San Juan que pasó a Sevilla [ y], los bergantines Santa Ana y el “Portal de Belén [de 80 y 100 toneladas]

Marolas

Lestache contaba tamén con numerosos axentes en Galicia [Cambados y Agosto 27 del (17)96] “Dueño y muy Señor Mio: […] Hice cuantas diligencias fueron factibles para hacerme con embarcación hasta ir personalmente a Pontevedra y no pude conseguirlo hasta que en A Pobla hallé la que mandé a Porto, y en el día se halla en esta con mil doscientos ferrados de centeno a bordo y sólo detenido por haberse volcado en esta Ribera con los doscientos setenta y seis ferrados que traía de Cambados, los que se quitaron al campo para airearse […] y se volverán a la embarcación bien enjuto, y al primer viento Se harán en vela para esa con unos mil y quinientos ferrados o mas de centeno […] carta de Torrado a Lestache

Tamén traíase por mar trigo do porto da Coruña, un dos principais abastecedores das masivas compras de cereal que realizaba Lestache en Santander e Requexada, o Báltico e Norteamérica.

        Este movemento importador dos muiñeiros franceses pódese ver na descripción económica de Lucas Labrada cando di:

“Feitos iguais cómputos polo respectivo ao trigo producido no mesmo tempo (refírese aos anos 1.793, 94,95,96 e 97) dende os portos de Riga, Amsterdam, Hamburgo, Filadelfia, Nueva York, Roterdam y Rochafort achouse tamén a suma de 2.781 toneladas que compoñéndose cada unha de 20 quintais casteláns, acharemos o prezo de 60 reais cada un … 3.337.200.

1748-robert-vaugondy-amerique-septentrionaleO todo do quinquenio… 10.322.640 e introducción anual…. 2.064.528 rv”.

       molineríariga

barca

Un mariñeiro galego de Beluso. Unha barca de cinco mariñeiros transportaba ás panaderías de Ferrol as fariñas desde o pequeno porto do esteiro  do rio Xuvia. Lestache abastecía con fluidez directamente aos panadeiros franceses de Ferrol, ao decano de todos eles, o mestre panadeiro Juan Labat; a Francisco Estripot; a Juan Balás; a Juan de San Martín; a Bernardo de Bez; a Francisco San Roman ou a Santiago Lamesan. Emprestando ao ano “al fiado”, aos panaderos, á poboación de Ferrol, á comarca, á maestranza dos arsenais e á escuadra, preto de catro millóns de bolas dun kilogramo cada ano. Seus almacéns estaban cheos “podendo manterse indefinidamente, un ano e máis, nesa situación”.

“[…] máis lográndose a oportunidade de ollar un papel ministerial francés, no que se especifican os cargamentos de trigo que no ano 1.785 despacháronse ao Ferrol únicamente dende varios portos da costa septentrional de  Francia achóuse que o seu valor, calculado polo método que precede, ascendeu a 1.131.264 (rr.vv.) e por consecuencia o total do que anualmente sae ao extranxeiro por razón de graos importa 3.195.792 (rr.vv.) “Nesta partida so se comprendían polo respectivo a Ferrol os buques estranxeiros que entraron na Coruña con destiño a esta vila.

Só a partires de 1793 comenzaron as exportacións de fariñas para a Habana e colonias, debéndose referir toda esa enorme importación ao consumo local. As exportacións foron masivas nos anos centrais do século XIX

Nº 1º
1802, Mayo 4.

 

 

 

 

 

1802, junio 26.

 

 

 

 

1802, Septiem-bre 22.

 

 

 

1802,

Noviem-bre 19.

 

Ydem; Ydem;

 

 

 

 

1802 Diciem-bre 15

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

[…]24

 

 

 

 

 

[…]20

 

 

 

 

         14.026

 

 

 

 

 

 

 

12.475

 

 

 

 

14.298

 

 

 

 

 

19.080

 

4.821

 

 

 

 

 

13.853

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

13887

 

 

139

 

 

 

49281

 

 

4541

 

781

Que produxeron 912 ¾ Quartas de Trigo que de mi orden me remitieron los Señores Mildford & Dowling y Cª de Londres segun consta del Libro imbentario de entradas y salidas de Géneros con todos gastos al folio 3.

Londoncorn

Nº 2

Ferrados que produjeron 811 ¾ Quarters de trigo que de mi orden me remitieron los Señores Mildford & Dowling y Cª de Londres segun consta del mismo Libro con todos gastos su folio 5.

 

 

Nº 3

Ferrados que produjeron 50 Lastres de trigo que de mi orden me remitio Don Jn. Lembke, de Memel segun consta del mismo Libro con todos gastos su folio 7.

Nº 4

 

Ferrados que produjeron 29 Lastres de trigo que de mi orden me remitieron los Seres Jacobs y Cª de Riga 2

Riga segun consta del mismo Libro su Folio 12.

Ferrados que produjeron 29 Lastres de Centeno que de mi orden me remitieron los mismos y consta con todos gastos del mismo Libro Folio 12

 

Nº 5

 

Ferrados que produjeron 1280 Schetwers de trigo que de mi orden me remitio Don G. L. Dankwertz de Petersburg segun consta del libro folio 13.

San Petesburgo

 

 

PASA AL FOLIO 3

 

 

/folio 17 recto/

FOLIO 2

SALIDAS

 

Ferrados de trigo vendidos pertenecientes al cargamento nº 1 segun consta del mismo libro folio 3 y 4

 

Que faltaron para el completo Beneficio de este cargamento

 

Venta de los Cargamentos Nº.  2º, 3º, 4º, 5º y 6º.

 

Ferrados segun el mismo Libro.

 

 

Ferrados que da consumidos en Casa en 21 meses.

 

Ferrados de trigo y Centeno  que da por avariados segun el folio 12. 17. y 18.

 

 

PASA AL FOLIO 4

 

 

FOLIO 3

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

412365; 27.

 

 

 

322826; 20

 

 

 

 

 

 

340048; 19

 

 

 

 

 

 

 

68216; 3

 

 

 

 

 

 

 

 

298881; 4

1642790; 13

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

482.895; 18

 

 

/67.729; 25

 

 

 

1344139;

 

/20.724;

 

 

 

 

1827.034;18 / 88.453;25

 

 

 

 

 

 

 

 

DESENVOLVEMENTO DE FÁBRICA DE FARIÑAS NA SEGUNDA MITADE DO S. XIX

Atravesaba entón a Terra de Trasancos e a cidade de Ferrol unha fonda depresión en tódolos eidos e os comerciantes trasanqueses no canto de mercar trigo en Santander e outros portos para moelo na rede de muiñeiría local mercaban a fariña que saía máis barata de Santander, Bilbao e San Sebastián.

Hand coloured woodblock engraving by W. Cheshire.

Porto de Bilbao en 1850. Grabado de W. Cheshire. Tempos máis tristes virían -de xeito que o que fora un ledo e vizoso despegue dende a cuarta a sétima década do século XVIII, de crecemento prosperidade e iniciativas converteríase a finais do século en desolación e ruína en verbas do profesor Urgorri Casado- nas carestías finiseculares de 1800, a de 1.805, as dos anos de 1809 e 1811 e a terrible e espantosa de 1812, sen contar ca paralización posterior da mariña ata 1836, e habería que esperar a meados do século XIX para ver, da man da Sociedade Fernández y Ventosa , recuperarse nosa industria fariñeira de Narón creada no derradeiro século XVIII.

        A consecuencia de novas disposicións, o porto de Ferrol sería deshabilitado no ano 1827 para o comercio extranxeiro e de América. Pouco tempo dempóis foi rehabilitado de novo para logo (17 de Xullo de 1849) habilitarse so para o comercio de cabotaxe e exportación ao extranxeiro, feito que posibilitou o desenvolvemento da fábrica de fariña, pois as fariñas e o pan estaban suxeitos dende 1768 a regulamentos por parte do concello sen que foran eliminados polo Real Decreto de 20 de Xaneiro de 1834.

  A fábrica de fariñas de Lestache ampliouse por mor dunhas circunstancias ou coxuntura favorables entre 1853 e 1857, anos que se corresponden ca guerra de Crimea que pechaba o paso as importacións e estimulaba a demanda de cereal en Europa e o apoxeo das grandes construccións navais de Ferrol.

         Nestes anos fanse as grandes fragatas blindadas ou acorazadas por disposición dos ministros da Unión Liberal. Son anos de bulir de grande actividade importadora e de impulso das moluración por mor dos altos prezos alcanzados polo trigo do país.

        En 1858, o muíño coñecíase co nome de “Fábrica de fariñas da ponte de Xuvia”. Estaba considerado unha das fábricas de fariñas máis importante de Galicia, en verbas de Montero y Aróstegui “este establecimento es hoy el principal del país en su clase”.

        Pertencía entón á “Sociedade de Fernández y Ventosa” que remodelaría a grande presa, dotándoa de novas comportas de ferro, convertíndoa nunha fábrica “que se haya ya a la altura de las mejores de Castilla, montada con maquinaria moderna y aumentada su importancia en 1857 con el gran auxilio de otra máquina de vapor para la elaboración, además del rico caudal de agua del río Juvia, que le sirve de principal fuerza motriz”.

        Seguíase utilizando para o desembarco de fariñas importadas o peirao de madeira no desaugue do río “donde pueden atracar barcos menores” e exportaba boa parte da súa producción por mor do creto “que ya sus harinas han obtenido en el país y en América, y el buen orden con que se halla establecida, la hacen de suma importancia” [2].

        Como sucedera con outros muíños construídos por Lestache (muíño dos Amenadás no río Freixeiro) o muíño da ponte de Xuvia en torno a 1878 pasou a mans dos Filgueira e os seus socios.

SÉCULO XIX

The Bristish Fleet in Ferrol. 1893. From the revue EL MUNDO NAVAL ILUSTRADO. AÑO 1898

A Bristish Fleet na ria de Ferrol. A cousa non deixa de ter seu negro humor. (psb 1893). In EL MUNDO NAVAL ILUSTRADO. AÑO 1898. “Con certa razón” -sustén o profesor Jose María Cardesín Díaz no epilogo ao noso libro Industriais e Reais Fábricas de Narón en tempos da Ilustración- “teñense evidenciado as insuficiencias dos proceso industrializador ilustrado en Ferrol e a súa limitada capacidade para dinamizar a economía rexional. Debemos ter en conta con todo que a monarquia española do século XVIII era moi distinta daquela que se vai construir no século XIX, organizada baixo o concepto de estado nación e prácticamente limitada ao teritorio peninsular. Os territorios da monarquía hispánica estendíanse por case todo o continente americano, nos que o pricinpal e case único rival constituíano os intereses británticos e os dos seus coaligados históricos lusos: de aí o empeño borbónico en construír e manter unha maquinaria naval aparentemente desmesurada e os Pactos de Familia que ían ligar a España a sorte da monarquía francesa. O papel outorgado a Ferrol nesa gran trama distaba moito de ser o de vir a dinamizar a economía galega. A habilidade para proverse de materias primas alí onde un mercado mundial en formación as ofrecía en condicións vantaxosas é o que explica o aprovisionamento de liño e de madeiras no báltico, e, no segundo caso tamén en América. Como nos mostra de xeito irrefutable o autor, aqueles empresarios franceses afincados na bisbarra de Ferrol estenderon as súas redes nos caladoiros deste mercado mundial en formación, alí onde este mostraba unhas condicións de madurez máis avanzadas, no comercio de cereais: Trigo de Castela a través do Porto de Santander, de Francia, via Baiona e Burdeos, da rexión do Báltico polos poertos de Hamburgo e de San Petesburgo, de Estados Unidos via Baltimore. A maiores, estes empresarios fixáronse na aptitude do mercado de materias primas e outros produtos coloniais. E finalmente aplicaron a forza motriz das augas a novas actividades de transformación, fabricación de toneis para envasar as fariñas, curtidos, papel e ata as planchas de cobre que se aplicaron a finais de século a revestir os cascos dos buques de guerra e así ralentizaron seu deterioro. Fixeron fronte a tan magna empresa con medios limitados ao seu alcance, tanto no que respecta aos capitais como aos procedementos comerciais, e resulta sintómático a este respecto ver as dificultades de Lestache para formalizar operacións a longo prazo sobre o vello procedemento da “Compañía”, e na ausencia dun sistema de seguros que garantise o valor dos fletes. Negociaron coas élites locais, aliáronse con elas via matrimonio, ás veces inspiránonas a imitarlles, noutros casos colisionaron con elas á mantenta de intereses enfrontados en torno ao control dos recursos fluviais. Pero Seica non tivo que enforntar a similares problemas o xa mencionado Arkwright nas súas operacións no val do Cromford? Certo é que nada máis diferente do serultado último destas e de aquelas operacións: no caso inglés, o triunfo final do novo sistema fabril e con él da revolución industrial encabezada por Gran Bretaña; no caso ferrolano a ruiína e destrucción de gran parte eo complexo fabril da Terra de Trasancos, consumido entre mezquinas querellas familiares no marco do marsamo xeral en que se viu sumida a economía española. Pero que as cosas terminasen así, co “fracaso” desta primeira revolución industrial […] [de Narón e a comarca de Ferrol], non implica que ese fose o resultado necesario de ningún tipo de “pecado original” . É igualmente un resultado da necesaria intromisión do económico no político. Como no seu día argumentara Wallerstein, resulta polo menos insuficiente dicir que fose a superioridade da revolución industrial británica a que servise de base para levar a este país a cima da do poder mundial. Pola contra, podería argumentarse que foi a capacidade de Gran Bretaña para impoñer mediante a violencia o control dun imperio marítimo o que lle permitiu sanear a súa facenda ( na década que segue a anexión de Bengala) e asegurarse o control duns mercados para a súa industria. De xeito análogo podería argumentarse que a sorte da economía española quedou selada co fracaso do seu aliado francés na concurrencia por converterse no poder hegemónico dentro do novo sistema mundial. As destucións no territorio peninsular como consecuencia de que este se convertese en campo de batalla de británicos e franceses durante as guerras napoleónicas, a destrución da escuadra e a perda das colonias americanas, as loitas fratricidas entre progresistas e conservadores durante a primeira metade do século XIX convertidos en peóns dun xogo político que se dirimía máis aló das fronteiras nacionais, todo isto constitúe raón máis que suficiente para explicar as poucas posibilidades con que contou aquela primeira revolución industrial ferollana para callar. Novas oportunidades estarían por chegar, como espero encargarase de mostrarnos o próximo libro desta daga que Andrés Pena vén dedicando á Terra de Trasancos”. José María Cardesín Diáz. Doutor en Historia por a USC, profesor invitado na École des Hautes Etudes de Sciences Sociais de Paris. Profesor de Historia dos Movementos Sociais, director do taller de Estudios Urbanos da UDC. Director da página web bilingüe inglés/castelán ” Ferrol Urban History”, editada por Cambridge Journals Online, que lle valeu o premio Dyos in urban History 2005.

        No derradeiro tercio do século XIX, diversifica-la producción da fábrica e a maquinaria hidráulica e de vapor foi reconvertida para a fabricación de planchas de cobre e tecidos de liño co nome de “fábrica de harinas, cobrería, bronces y tejidos del puente de Juvia”.

        Os últimos momentos da fábrica son posteriores á venda por parte dos condóminos do complexo industrial de D. Joaquín Pla y Frigue e D. Ramón Seselle e Filgueira a D. Francisco Barcón Quevedo e ao seu socio D. Angel Paredes Castro o 27 de Marzo de 1881, como socios xerentes da sociedade “Barcón, Paredes y compañía”. O muíño moería xa como un muíño tradicional con moas do país ata hai 27 anos en que cesaron as actividades.

ORDENACIÓN DO COMPLEXO HIDRÁULICO.

Reais Fábricas da Ponte de Xuvia

 ARQUITECTURA E EQUIPAMENTO.

        O conxunto confinaba ao leste co desaugue do río Xuvia, o Norte co mesmo río e terras anexas, polo Sul pola estrada (construída por Orde do 19 de uño de 1.803 para enlazar ca xeral de Castela e poñer a Ferrol en comunicación co interior de Galicia) que de Ferrol ía a Xuvia e Rábade; e Poñente co camiño transversal que ía e daba entrada á finca.

        Lestache como natural do delfinado de Vienne implantou nel o que consideraba “novas técnicas de construir muíños” que non foron máis que a posta en práctica de teorías e modelos de muíños ben coñecidos na súa terra, expostos xa por Belidor en 1737 no seu tratado “Architerture Hydraulique” onde segundo Urgorri Casado, describíase un muíño do Delfinado reproducido na “Encyclopedie” que sería difusor deste modelo importado de Francia por Lestache.

       Inda que no PROXECTO I so contemplamos a reconstrucción de catro muiños a reconstrucción dos tres edificios principais deberiase realízar considerando o existente e engadindo técnicas actuais integrando a nova construcción antiga.

Os tres edificios principais, que serían reducidos no século XIX a unha soa fachada, comprendían:

  1. A casa habitación, a fábrica de fariñas con máquina hidráulica e os seus accesorios dispostos en varios andares, máis os almacéns e depósitos de todas clases. Estes e os departamentos da fábrica de fariñas ocupaban a planta baixa, e nos andares dispúñase a maquinaria dos limpadores e cribos automáticos importados de Francia. Esta casa estaba sinalada co número 1 en 1878.
  1. O segundo edificio, dun andar que hoxe se conserva, foi refundido de varias dependencias destinadas por Juan Lestache en 1787 á fabricación de papel de estraza e común. Constaba de dous muíños (é dicir dous xogos de moas -capa e pé- e rodicios) e vinte pilos máis o correspondente almacén, todo disposto en tres casetas ou “ranchos” que serían transformados por D. Nicolás Fernández Díaz nunha nave de laminación e fundido de cobres ou bronces. O conxunto estaba altamente mecanizado contando cunha máquina de vapor de 20 cabalos de forza que accionaba dous laminadores cos seus cilindros, é dicir, un xogo cada laminador. Cada un destes dous laminadores contaba co seu correspondente forno para recocer e existía outro para fundir. A nave tiña 22 varas de ancho e 46 de fondo, é dicir 706 mt. 34 dm. e 60 cm. en cadro.
  • A terceira nave, tamén de un andar e sen número, destinábase  á fabricación industrial de tecidos. Completamente mecanizada constaba dunha ducia de teares accionados cunha máquina de vapor de catro cabalos de forza. Da ducia de teares cos seus correspondentes úteis s dous eran de madeira, sendo os restantes de ferro. Esta nave medía 20 varas de longo por 12 de ancho, equivalentes a 167 mt., 69 dm. e 70 cm. en cadro.

O DIRECTO DOMINIO

Con respecto á propiedade do directo, Francisca Gil Taboada como tutora e curadora do seu fillo Joaquín María Maldonado aforou 1 ferrado de terra e as 3 casetas para pilos, entón arruinadas, en 1843 a Andrés Espiñeira (estas casetas lindaban coa facenda de Federico Lestache e seus irmans, fillos de Juan Lestache) por unha pensión de 44 reais e a décima por laudemio en cada transmisión en caso de venda.

Posteriormente a finca de Andrés Espiñeira e outras varias anexas e os muíños, que entón se chamaban de Lestache, pasaron tamén a seren propiedade de D. Nicolás Fernández Díaz, veciño de Ferrol, quen as agrupou nunha soa, edificando nela varios edificios destinados a varias fabricacións.

O terreo que ocupaba o edificio de planta baixa destiñado a cobrería e bronces e os muíños fariñeiros pertencían a Francisco Gonzalez que o vendeu a Nicolás Fernández Díaz por 340.000 reais.

Nicolás Fernández Díaz a súa vez vendeu o que se chamaba “fábrica de harinas, bronces y tejidos del puente de Juvia” a Ramón Seselle e Filgueira, cunha serie de claúsulas bilaterais fundamentadas na bona fides ás que faltou  incumplindo as condicións estipuladas o vendedor.

Entrablado un preito preito por este motivo, Ramón Seselle venceu en dereito e quedouse coa propiedade que logovendería por 125.000 ptas  a Joaquín Pla y Frigue .

Esta fábrica, á súa vez,   sería vendida  en 1879-1881 por D. Joaquín Pla y Frigue e D. Ramón Seselle e Filgueira a favor de Francisco Barcón Quevedo e Angel Paredes Castro. E así foi como o 2 de setembro de 1879 Francisco Barcón e Angel Paredes, socios xerentes da sociedade colectiva intitulada “Barcón Paredes e compañía” de Sta. María de Neda, mercaron a Joaquín Pla e Frigue o que entón se chamaba “Muíños de Xuvia” o 27 de Marzo de 1.881, o prezo declarado na compra foi de 100.000 ptas., gravados ainda cunha pensión foral de 11 ptas. que sería mercada por D. Francisco Barcón Quevedo a sazón de 87 anos á heredera dos desaparecidos señores xurisdiccionais de San Xiao Dona María de los Milagros Jáudenes y Clavijo o 6 de agosto de 1907.

A familia Barcón edificaría a vivenda na que ainda reside  sobre o que fora a nave de laminación, e os muíños de Xuvia , gastadas as súas moas francesas e substituídas por pedras do país, convertéronse co tempoen muíños de maquía, perdendo a súa antiga importancia industrial que efímeramente recuperaron para moer pólvora e cuarzo, e outra vez maínzo ata ata hai 30 anos en que pararon para sempre.

A restauración debe bulir  após destes edificios para elo contamos cos inventarios de mobiliario que figuran nos anexos históricos e documentais de Andrés Pena.

Carpinteria

Primeramente veinte y seis sillas grandes con asientos de Paja

usadas que tasó el maestro carpintero Blas de Pantin en trescientos

doce reales a doce cada una.                                                                                                        312

Quatro Ydem mas usadas a ocho reales cada una treinta y dos.                                        32

Cinco ydem a siete reales treinta y cinco.                                                                                35

Doce pequeñas usadas a diez reales cada una ciento y veinte.                                            120

Cinco pequeñas mas usadas a quatro reales veinte.                                                                              20

Dos Ydem biejas en quatro reales.                                                                                             4

Dos Espejos grandes con sus marcos dorados en doscientos reales

 a cien cada uno.                                                                                                                              200

Tres Cornucopias a veinte reales cada una sesenta.                                                                             60

Cinco Láminas Pintadas en cristal en cincuenta reales a diez cada una.                         50

Una Mesa de Cahoba para Juego en ciento veinte reales.                                                   120

/folio 34 verso/

Dos Catres en treinta y dos reales a diez y seis cada uno.                                                    32

Tres Cenefas para Cortinas de Madera dorada á veinte reales cada una Sesenta.       60

Un Armario de Cedro en doscientos reales.                                                                                            200

Una Cama pequeña en cincuenta reales.                                                                                  50

Una Ydem Grande en doscientos reales.                                                                                   200

Una Comoda Madera de Caoba en doscientos y quarenta reales.                                     240

Una Mesa mui usada de la misma Madera en Ciento y veinte reales.                                              120

Una papelerita pequeña de cedro en veinte reales.                                                                20

Una mesa de castaño grande bastante usada, y otra de Pino

 ydem en ochenta reales las dos.                                                                                                 80

Otra mesa Madera de Pino en treinta reales.                                                                          30

Dos arcas, Madera de Castaño mui usadas en veinte y quatro reales.                              24

Una Mesita de Pino mui usada en veinte.                                                                                 20

Un Catre en diez y seis reales.                                                                                                     16

Un Banco Madera de Pino pequeño, en seis reales.                                                               6

Una Mesa de Ydem usada en diez y seis reales.                                                                      16

Dos Baldes para Agua en treinta reales.                                                                                   30

Una Alacena del Servicio de la Cocina en veinte reales.                                                      20

Un Molino de mano para Cafe viejo en seis reales.                                                               6

Dos sellas para Carrear Agua con Arcos de fierro en treinta reales.                                               30

/Efectos de Cocina/                                                                                                                                        35

Primeramente dos Soperas grandes de Pedernal de buen uso,

que tasaron los Peritos  á prudente juicio en quarenta y ocho reales

 a veinte y quatro cada una.                                                                                                         48

Una ydem mas pequeña en doce.                                                                                                12

Tres docenas de Platos de Pedernal, a diez y ocho reales docena

cinquenta y quatro.                                                                                                                           54

Quatro Fuentes grandes de ydem a diez y seis reales.                                                                             64

Quatro ydem medianas a diez reales quarenta.                                                                         40

Quatro ydem pequeñas a seis reales veinte y quatro.                                                                              24

Doce tazas de Talavera pintada con sus platitos para café en quarenta y ocho reales.  48

Una Jarra de ydem para Ydem en diez reales.                                                                          10

Una Tetera en ocho reales.                                                                                                                             8

Dos saleros de Christal en quatro reales.                                                                                    4

Doce Basos qrandes de Ydem en veinte y quatro reales, dos cada uno.                                              24

Doce chicos de ydem en diez y ocho reales.                                                                                18

Veinte Botellas de vidrio en treinta y seis reales á real y medio cada una.                        36

Dos vinageras de Cristal en diez reales.                                                                                      10

Una Caldera de Cobre mui bieja en sesenta reales.                                                                  60

Un Caldero de ydem de mediano uso en treinta reales.                                                           30

Uno Ydem mas chico en diez y seis reales.                                                                                  16

Un Perol de Laton pequeño en treinta reales.                                                                            30

/Paxina 35/

Efectos de Cocina

Primeramente dos Soperas grandes de Pedernal de buen uso, que tasaron los Peritos á prudente juicio en quarenta y ocho reales, a veinte y quatro cada una.                                                       48

Una ydem mas pequeña en doce.                                                                                                          12

Tres docenas de Platos de Pedernal a diez y ocho reales docena cinquenta y quatro.           54

Quatro Fuentes grandes de Ydem a diez y seis reales, sesenta y quatro.                                   64

Quatro ydem medianas a diez reales quarenta                                                                40

Quatro ydem pequeñas a seis reales veinte y quatro.2                                                   4

Doze Tazas de Talavera pintada con sus platitos para café en quarenta

 y ocho reales                                                                                                                             48

Una Jarra de ydem para ydem en diez reales.                                                                 10

Una Tetera en ocho reales.                                                                                                    8

Dos Saleros de Christal en quatro reales.                                                                          4

Doce Basos grandes de Ydem en veinte, y quatro reales dos cada uno.                     24

Doce chicos de ydem en diez y ocho reales.                                                                       18

veinte y quatro Botellas de vidrio en treinta y seis reales á real y medio cada una.              36

Dos vinageras de cristal en diez reales                                                                                               10

Una caldera de Cobre mui bieja en sesenta reales.                                                          60

Un caldero de ydem de mediano uso en treinta reales.                                                   30

Uno ydem mas chico en diez y seis reales.                                                                         16

Un Perol de Latón pequeño en treinta reales.                                                                   30

/folio 35 verso/

Quatro Tarteras de Cobre grandes

 usadas á veinte y cinco reales cada una cien reales.                                                      100

Una ydem pequeña en diez y seis reales.                                                                            16

Una ollita de Campaña con su Tapa de Cobre en treinta reales.                                 30

Una Cafetera de Cobre mui usada chica con su tapa en seis reales.                           6

Una ydem de lo mismo grande sin tapa en veinte reales.                                                              20

Una chocolatera de ydem grande usada en otros veinte reales.                                   20

Dos ydem de lo mismo medianasy mui biejas a cinco reales cada una diez.            10

Una ydem de lo propio chica de buen uso en ocho reales.8

Otra de Fierro Colado tambien de buen uso en treinta reales.30

Quatro Candeleros de metal amarillo a seis reales cada uno,

veinte y quatro reales.                                                                                                             24

Dos Palmatorias de ydem a seis reales doce.                                                                    12

Quatro tiestos de fierro usados a tres reales doce.                                                          12

Tres cucharas, y tres Espumaderas de ydem en diez y ocho reales.                           18

Unas Parrillas de lo mismo redondas en diez reales.                                                      10

Dos tres pies ygualmente de fierro pequeños en seis.                                                      6

Cinco Sartenes tambien de fierro grandes, y chicas usadas

usadas (sic) en treinta y cinco reales.                                                                                  35

Dos planchas de ydem para Planchar viejas, en catorce reales a siete cada una.   14

/folio 36 recto/

Dos Pares de Espaviladeras de fierro a dos reales cada una quatro.                         4

Una ferrada de ydem para Agua en Cinco reales.                                                           5

Un Almirez Con su mano de Bronce pequeño en veinte reales.                                    20

Dos Potes con sus Tapas de Fierro medianos usados

 a treinta reales cada uno sesenta.                                                                                        60

Reloxes, y Alhajas de Plata.

Primeramente un Relox con su Pendula y Caxa de madera pintada,

 usado que tambien tasaron los Peritos a prudencial juicio en mil reales.                1000

Otro de Faltriquera de Plata biejo, y sin vidrio en ciento, y veinte reales.                               120

Un Par de Evillas, y otro de Charreteras de Plata usadas en sesenta reales.            60

Treinta y dos cubiertos de Plata usados diez y ocho Cucharitas de ydem para cafè; dos Cucharas de ydem; Seis Candeleros de lo propio, y dos Espaviladeras con sus Platillos tambien de Plata, uno y otro con peso de trescientas diez y siete onzas à veinte reales onza

Seis mil trescientos y quarenta.                                                                                            6340

Doce Cuchillos con sus Cabos de Plata à cincuenta reales cada uno, Seiscientos. 600

MUSEO DAS REALES FABRICAS DE FARIÑAS DE NARÓN

O mencionado inventario continúa describindo o mobiliario da fábrica de fariñas que será restaurado neste proxecto.

1ª Etapa:  Restauración do complexo fabril das Reales Fábricas de Fariña da Ponte de Xuvia, das dependencias industriais; a reconstrucción e restauración do perimetro habitacional existente fielmente adaptado as  funcións orixinarias .

 

PROXECTO I MUSEO DAS REALES FABRICAS DE FARIÑAS DE NARÓN

1ª Etapa:  Restauración do complexo fabril das Reales Fábricas de Fariña da Ponte de Xuvia, das dependencias industriais; a reconstrucción e restauración do perimetro habitacional existente fielmente adaptado as  funcións orixinarias .

MATERIAIS

Son os tradicionais realizados por procedementos e técnicas tradicionais:

 
 

EFECTOS DE LA FABRICA DE HARINAS.

Primeramente una Romana usada que tasaron/ folio 36 verso/ los Peritos de acuerdo con Don Santiago Dupin en cien reales.                                                                                   100

Cinco Picos á veinte reales cada uno cien.                                                                         100

Una Barra de Fierro en ochenta reales.                                                                             80

Una Pinza de ydem en diez y seis.                                                                                        16

una Sarria de ydem en ocho.                                                                                                 8

Un Martillo grande en diez y seis reales.                                                                           16

Una Barrena vieja en cinco reales.                                                                                      5

Una Azuela de recortar las bujas en treinta reales.                                                         30

Dos Gubias a siete reales cada una Catorce.                                                                     14

Dos Cribes en 3 reales.

Dos Palas de Madera a quatro reales ocho.                                                                        8

Dos Candiles a ydem, ydem.                                                                                                  8

Una medida de aferrado para Trigo.

Otra de a medio para ydem.

Una ydem para Maiz.

Otra de amedio para ydem.

Tres Cernidores para Arina mui deteriorados, y faltosos de Tela a doscientos quarenta reales cada uno setecientos veinte.                                                                                     720

Uno ydem para Salvado cuasi ynutil en ochenta reales.                                                 80

Un Limpiador para Trigo con su cilindro de Alambre sordo

en trescientos veinte reales.                                                                                                   320

Un limpiador de Agua grande en quinientos reales.                                                       500

Uno yd. mas pequeño en quatrocientos reales.                                                                 400

/folio 37 recto/

Otro ydem desarmado en trescientos reales.                                                                    300

Doscientos quintales de Casca vieja, y de poco servicio

a diez y seis reales quintal, tres mil doscientos.                                                               3200.

MUSEO DAS REALES FABRICAS DE FARIÑAS DE NARÓN

1ª Etapa:  Restauración do complexo fabril das Reales Fábricas de Fariña da Ponte de Xuvia, das dependencias industriais; a reconstrucción e restauración do perimetro habitacional existente fielmente adaptado as  funcións orixinarias .

MATERIAIS

Son os tradicionais realizados por procedementos e técnicas tradicionais:

Empregaranse as mesmas técnicas de canteiria, de carpinteria, de ferreiria, e de forxa, que no seu día tiña a edificación. Pedra de de cantería de grao, cachote e mampostería. Madeira para vigas,  pinche do penal, pontóns ou correas e tablazón de carballo ou de Castiñeiro tratado. Carpintería de Teka con ventanal exterior despezado en rectángulos que conteñen pequenos cristais suxeitos con masilla ou silicona na súa cara exterior. Exterior pintado e interior vernisado e lacado. Portas interiores  con dúas follas vernisadas, reconstrucción da clavazón e pechaduras, vidros, e ventanas vernisasas  e contras vernizadas s cos seus peches orixinais e clavazón .

Tella do país, para a cubrición e enfoscados de cal e area para exteriores interior de xeso. Andares de madeira.

Estes edificios, co terreo descuberto anexo, encontrábasen pechados e circunvalados por un  muro de pedra formando unha única finca ou recinto que ocupaba unha extensión de terreo cuberto e descuberto de 199 áreas, 25 centiáreas.

CARACTERÍSTICAS  CONSTRUCTIVAS

        Salvo nos arcos e o inferno, con entradas e saídas, muros da presa, alicerces e vans das portas e fiestras de cantería, o resto do edificio é de perpiaño con recebo ou enfoscado tradicional.

         Cando se construiu a edificación de planta baixa destinada a cobrería, unificouse a fachada ou fronte do edificio cunha parede de perpiaño e cachotería. Esta edificación intermedia contrasta coa obra do século XVIII por presenta-la particularidade de que os vans se enmarcan por bloques compactos de ladrillos das telleiras de Xuvia, con arcos de descarga do mesmo material.

         O edificio en conxunto é un exemplo de calidade e sobriedade constructiva. Un edificio feito para ser unha fábrica, obrando en sinerxia os materiais empregados distribuídos con racionalidade e funcionalidade.

EQUIPAMENTO E MOBILIARIO

        Hoxe só se consevan catro moas borneiras no seu sitio, duas na sa principal sobre un piso de lousa, cubertas de escombros, conservan todavía restos da caixa e tremiñado e un burro de ferro caído baixo o desplome da cubrición e a sala menor con dúas moas con restos das caixas e o piso de madeira; nunha aprecíase na soborella a cruz de ferro e o varón tamén de ferro, que se introduce nun cabouco ou tineta onde encaixaba o rodicio.

        Pola súa complexidade cinguímonos aquí á descripción e desenvolvemento da fábrica de fariñas coñecida hoxe como Muíño de Xuvia.

        Unha capacidade inédita en Galicia de molturación de 70.000 fanegas de trigo equivalentes a 242.812,5 ferrados de áridos, que sería ampliada pois en torno a 1.797 os muíños de Xuvia de Lestache e o de Lembeye de marés no Ponte moían ao ano xuntos 259.000 fanegas de fariña “de todas calidades” [3].

        Hai que ter en conta que a fábrica de Lestache contaba só con catro moas de 6 pes ou 8 cartas de pedernal fino de Francia; uns 2 mts. (1.944 cm.) de diámetro e de 14 pulgadas de groso cunha capacidade de molturación por hora -segundo se desprende do informe pericial xa aludido, contido nunha enquisa de 1.787- de 10 ou 15 ferrados de trigo en virtude de que foran mudas de primeira ou segunda sorte.

        Eran moas grandes e pesadas, que se movían con lentitude entre 45 e 50 revolucións por minuto, e so podían chegar ás 60 cando a capa por desgaste pesaba menos.

        Cada moa podía moer 70.000 ferrados ao ano, segundo os peritos, e isto, como xa dixemos, supón 15 horas de traballo durante 365 días ou 195 días moendo sen parar as 24 horas.

        Nada sabemos dos turnos de traballadores, nin do número de operarios especializados. Debería haber un muiñeiro e varios aprendices, máis as tripulacións e os patróns dos bergantíns e os cinco mariñeiros da dorna. Como mínimo unhas 25 persoas.

        O muiñeiro e os seus axudantes encargaríanse tamén do funcionamento dos cinco limpadores e as cinco peneiras accionadas manual e hidráulicamente, traídas de Francia.

VALOR HISTÓRICO, ETNOGRÁFICO E PATRIMONIAL DO INMOBLE E SIGNIFICACIÓN PARA NARÓN.

        Tras esta demorada exposición queda fora de toda dúbida o valor patrimonial deste inmobiliario representativo da muiñeiría industrial, que hai que considerar en conxunto co muíño das Aceas do Ponto, o muíño de vento de S. Mateo e o muíño de turbina e cubeta dos Amenadá en Freixeiro e outros moitos que conformaron o complexo muiñeiro máis importante da Galicia da Ilustración e os alicerces dunha verdadeira revolución industrial logo malfadada.

        O inmoble encóntrase actualmente, tras 27 anos de abandono, pouco máis ou menos nun estado de ruína total na carpintería e cubrición que amenaza con extenderse en pouco tempo a cantería e cachotería dos formales e alicerces da fábrica.

         Urxe a súa restauración, a posta en valor do lugar, e sinalamos a idoneidade deste elemento do inmobiliario etnográfico para a ubicación dun museo etnográfico das construccións para auga similares aos doutros países da Europa Atlántica insular e continental en Francia ou Inglaterra.

        En último lugar, sinalamos que esta edificación ten un valor, asemade, emblemático para o concello de Narón, por canto supón un referente do concello e unha seña de identidade, ao estaren ubicado no que foi o centro administrativo, económico e social a Xuvia de S. Xiao de Narón.

        Forma este conxunto en tan penoso estado parte esencial do patrimonio histórico-artístico municipal e a súa perda por ruína sería inadmisible.

O MUIÑO DOS AMENADÁS

 

        A rede de muiñería industrial de Narón forma un conxunto que hai que recuperar có Muiño de Vento de San Mateu e O Muiño de Lembeie do Ponto de Xuvia. Outro muíño industrial deste conxunto singular está rehabilitado. Foi fabricado por Juan Lestache no río Freixeiro, no lugar dos Amenadás. O foro foi outorgado en Ferrol o 18 de xaneiro de 1813 polo fillo de José María Bermúdez de Xuvia, Pedro María Bermúdez, dono da casa e Pazo do Monte de Sta. Icía. Déronse a Lestache dez ferrados de terra no monte chamado dos Amenadás ou Ameneiros para o establemento dun muíño de fariñas baixo varias condicións, de facer Lestache á súa costa un camiño de carro dende o monte ata o muíño; e de face-lo canle ata o muíño para trae-la auga ata a súa moenda.

         A zanxa non podía exceder a vara e media de ancho e debería ter unha ponte que servira de paso. Asemade, no muíño o señor D. Pedro e as persoas que levaran a súa orde, poderían moer os graos precisos para a súa casa sen pagar cousa algunha. O señor do dominio resérvase o direito a mercar en primeiro lugar, en caso de venda do propietario, “por el tanto con deducción de la décima parte del precio por razón de laudemio, y no queriendole conceder su licencia para dicha enagenación”.

        Eran épocas difíciles para a muiñeiría e podíamos pensar que o industrial e Lestache tenta facer fortuna no mundo rural cun muíño máis pequeno. O foro fíxose por tres vidas de reis e vintenove anos e estaba gravado cunha pensión de 160 reais. Pero non é así. O que tenta Lestache é facerse, para sair do apuro, ca comercialización dos excedentes do trigo do país do señor da Casa do Monte e de paso contar cun muíño industrial de “cubeta” con dous rodicios de turbina (é dicir, que se moven polo peso da auga, encaixados nunha tineta con capacidade e estructura pensada para ser ampliado a seis moas se chegaban tempos mellores). Un muíño calcado da “Enciclopedia”.

 

 PRESTAMO DE TRIGO Á MARIÑA

 

10 DE XULLO DE 1794

 

Don Juan Lastache vecino y comerciante en la Puente de Juvia , jurisdicción de Narón con el devido respeto hace presente a vs. Haver suministrado a la Maestranza de estos Reales Arsenales Setecientos treinta y cinco ferrados de Maiz a diez y siete reales de vellón cada uno y cinco mil setecientos cinquenta y tres panes de a cinco rs., cuio ymporte asciende a Rs. vellón quarenta y un mil quatrocientos treinta y uno, en virtud de Papeletas del Sor.  Comisario del Astillero dn Jph Arostegui hasta ocho del presente Julio para que pudiesen mantenerse dichos operarios mediante no seles egecutaba el pagamento de los Jornales correspondientes a dos meses y medio que se les devia, y para continuar si se ofrece en lo adelante otro suplemento rendidamente Supplica a vs. Se sirva mandar se le libre dicha cantidad para reintegrarle del referido desenbolso. Ferrol diez de Julio de mil setezientos noventa y quatro=

                Con poder de Dn. Juan Lastache: Ante Vazquez Fraguio.

PROGRAMACIÓN UTILIDADES E SERVICIOS

O programa será rendible mantendose dos propios ingresos que xenere a instalación consistente nunha atractiva oferta de ocio e de cultura, ao tempo que un local para a celebración de eventos especiais, congresos, reunións de negocios, conferencias, visitas guiadas, actividades de “re-enactment”, conciertos de música de cámara, etc.

  • O OBXECTO NA FUNCIÓN MEDIANTE A RECONSTRUCCIÓN E RESTAURACIÓN FIEL E EXACTA dos inxenios industriais da Real Fabrica de Fariñas da Ponte de Xuvia. Restauración do complexo fabril das Reales Fábricas de Fariña da Ponte de Xuvia, das dependencias industriais; a reconstrucción e restauración do perimetro habitacional existente fielmente adaptado as funcións orixinarias de maneira que poidan ser amosados nun entorno recuperado do río Xuvia e integrada como a principal atracción do Paseo Marítimo. Como ára angular e monumento significativo da Historia Industruial de Narón, da cultura do século XVIII e da vocación moderna do Concello de Narón.
  • MUSEALIZACIÓN ACTIVA das salas do edificio de casa habitación. Todo o mobiliario, mobles, vaixela, etc. e suceptible de restauración, o mobiliario industrial se restaura partindoda recuperación con materiais artesanais do pais das series de oficios da Enciclopedia. Os mobles segundo estilos locais fornecidos polo mobiliario de Capitanía e do pazo da Casa do Monte, as ferramentas da Enciclopedia francesa, as moas e maquinarias dos muiños das pezas orixinais conservadas, e das maquetas e medidas do derradeiro restaurador Don José “Marqués.   Se crearán no interior do edificio espacios administrativos e de xestión, salas de exposiciós en modernas salas habilitadas con tódolos adiantos, espacios independentes das salas musealizables que estarán dotadas dun reconstruídomobiliario tradicional. Nas dependencias do museo nos expositores con modernas técnicas de musealización realizarase un Museo das Reales Fabricas de Fariñas de Narón, un Museo de la radio e a Radiodifusión, unha Sala de Exposicións-Museo do Teatro, un Museo Etnográfico dos Oficios da Terra de Trasanxos e un Museo Arqueolóxico-Interpretativo da Terra de Trasancos.  Todo elo mediante o emprego por etapas de técnicas de restauración e reconstrucción  prelativa nos tres edificiospara museos e aulas didácticas sobre os inxenios, que como estos restos, naceron da axeitada utilización das forzas naturais e se proxectaron , de maneira equilibrada sobre a historia.
  • MANTENIMENTO POR INGRESOS DO TURÍSMO. Conseguir uns espacios multiuso que permitan amosar o patrimonio municipal, incluído o emblemático edificio que nos ocupa, e facer partícipes do mesmo a visitantes e residentes desta comarca. O edificio manterase cos ingresos que xeneres as suas actividades extendidas nun amplo abano concertos, cineforum, visitas guiadas, cursos de grabado e técnicas de restauración, conferencias, congresos, etc. programados pola dirección e mantenimento do centro, cunha cafetería, pastelería e tenda de artesanía e productos e roupa tradicional.

PROXECTO I

SALA DOS MUIÑOS INDUSTRIAIS

 

A proposta PROXECTO I incide sobre primeiro dos tres corpos mencionados: PROXECTO I Sala dos Muiños Industriais, PROXEXTO II Casa Habitación e PROXECTO III Almacéns unidos polo patio e polos pasillos de acceso. Considérase non intervencionista, non realiza cambios nas extructuras senón que se basea no aproveitamento da racionalidade do espacio dezaoitesco e na adecuación das amplas dependencias industriais ás novas funcións de áreas musealizables  demandadas polo importantísimo acervo patrimonial inmobiliario do Concello.

PROXECTO I

Sala dos Muiños Industriais. Conservamos varios inventarios ad hoc sobre o estado das sás de maquinas nos séculos XVIII e XIX polo que se restauran no seu estado primitivo con todo o seu valor etnográfico histórico documental e patrimonial, incluíndo os artiluxios fabrís  de Lestache e de Bucán. A musealización didactica e viva permite a participación dos asistentes no funcionamento  dos muiños complementada a exhibición con audiovisuais e paneis da historia dos muiños e do tráfico internacional de fariñas, das técnicas de envasado, do “sistema de molturación económica”,  e das peneiras ou limpadores hidráulicos, etc.,de xeito que se podan informar do alcance Histórico e área de influencia dun importante conxunto de muiñería industrial que xunto á Real Fábrica de Lembeye do Ponto de Xuvia (Narón) pola súa proxección internacional, constitue o conxunto monumental molinolóxico máis importante de España. Trala restauración proporemos se declare o conxunto restaurado Ben de Interese Cultural de Galicia.

As únicas concesións á modernidade deben ter carácter didáctico. Mediante un sistema de transparencias entre o tremiñado e os infernos e as entreplantas coas peneiras automáticas permitirán comprender o funcionamento do sistema de molturación económica e da “muiñeiría de nova invención do S.XVIII un caixón transparente de cristal deixará ver o funcionamento das turbinas furneiron dos muiños franceses e sobre o tremiñado  as pasarelas  deixarán ver a  entrada e a saída da auga.

PROXECTO II

O PROXEXTO II se elaborará para a Casa Habitación. Ao tempo que elimina divisións modernas debe considerar atendendo os importantes fondos museisticos do concello e ás necesidades de contar con espacios axeitados de exposición adaptar a estes fondos con criterios didácticos espacios modulares para a súa musealización  e axeitada  esposición. Algúns detalles deberán ser respetados e restaurados cun alto grao de fiabilidade pois conservamos varios inventarios ad hoc sobre o contido e o estado orixinario do edifico

Destínase a planta baixa a museo e a parte superior a aulas temáticas, biblioteca e videoteca.

O destino principal deste pabellón é o que se considere en cada momento polos especialistas, en historia e arqueoloxía, para que poidan proxectar as súas técnicas e coñecementos sobre o visitante, facéndoo partícipe, en forma e maneira, dos mesmos.

PROXECTO III

O PROXEXTO III se elaborará para oficinas, cafetería, tenda de souvenirs, sás de esposicións etx., sobre os espacios que ocupaban os almacens fabris. Faráse sobre amplos espacios ruinosos que foron o almacén da sal, etc., da fábrica de curtidos, da fábrica de fariñas, da fábrica de papel, da fábrica de laminados,  e da fábrica de tecidos polo que elementos singulares, de incalculable valor para a arqueoloxía industrial aparecerán tras dunha intervención arqueolóxica, esta circunstancia debe ser tido en conta á hora de planificar a construccion dun soto pero lonxe de ser un atranco será una avantaxe, pois os restos dos pilos, dos canales etc, serán musealizados e integrados nos novos espacios e expostos baixo un suelo acristalado. Os espacios resultantes da intervención  para as oficinas, a cafeteria, a tenda,  o pequeño auditorio, e a sá de recepción e interpretación potenciarán o valor do conxunto.

PROXECTO I

 

CONSTRUCCIÓNS 

A RESTAURACIÓN DA SALA DOS MUIÑOS INDUSTRIAIS

            Consiste na retirada de excrecencias, cementos,  escombros e  restos de intervencións recentes e a reposición do estado orixinal.

O tipo de construcción empregará as técnicas de restauración dos MUÍÑOS partindo da clonación dos modelos conservados.

MATERIAIS DA SALA DOS MUIÑOS INDUSTRIAIS

Os materiais tradicionais e as técnicas e tratamentos máis avanzados,

vernises e tratamentos de duración para as madeiras,

substitución do ferro polo aceiro nos rodicios de turbina fourneirón

restaurando fielmente o desaparecido con técnicas e materiais actuais que garantizen a conservación e a duración do perdido pola acción do tempo

 restitución do que queda:

– os moi caros bronces que deben estar no fondo das turbinas

-as cremalleiras dos afiridoiros

  -a xigantesca capa e pé do “muiño de cuarzo”.

 O proxecto rehabilitará o entorno, a presa e a comporta. respetando o existente e integrándo de modo tradicional os materiais e técnicas ora, “á catalana”  por contraste como é o caso da madeira ou dos rodicios de aceiro.

SALA DE LESTACHE

Os materiais neste proxecto son:

O ACEIRO, para  os rodicios, e os varóns do muiño, e diversas estructuras.

MADEIRA, para portas interiores, ventanas, contras, o tremiñado, caixas, caixóns, mollegas, comportas, etc.

PEDRA de granito industrializado en chapa de 4,5 cm., para solos e para  catro pes de muiño e máis para un xogo de capa e de pe negreiro.

CRISTAIS. Para divisións trasparentes e solo sobre espacio ou obxetos de exposición.

CARTÓN-XESO. Para recubrimento de paredes ou tabiquería (en sustitución das divisións antigas de xeso e barrotillo) . Para trasdosados de muros existentes con barreira de vapor.

PEDERNEIRA FINA DA FERTÉ SOUS JUARRE, nun xogo de oito capas.

Outros materiais secundarios que requiren a presencia de tecnoloxías actuais para resolver demandas actuais.

PROXECTO DE MOBILIARIO DA SALA DOS MUIÑOS INDUSTRIAIS DE LESTACHE.

PANEIS MODULARES de exposición.

MESAS/VITRINAS.

FOCOS E PUNTOS DE LUZ INDIRECTOS, do local, dos muiños, das turbinas etc. MATERIAIS DIDÁCTICOS , maquetas, dibuxos, audivisuais, proxectores, pantallas.

Este proxecto debe ir coordinado e debe entender a construcción dun modo complementario e integrado para que a súa resposta non sexa distorsionante do conxunto.

SALA DE BUCAN

Muiños industriais de turbina fourneirón pero de aspecto tradicional, con boreleira , canaleta e banco rectangular.

Os materiais neste proxecto son:

O ACEIRO, para  os rodicios, e os varóns do muiño, e diversas estructuras.

MADEIRA, para portas interiores, ventanas, contras, o tremiñado, caixas, caixóns, mollegas, comportas, etc.

PEDRA de granito industrializado en chapa de 4,5 cm., para solos e para  catro pes de muiño e máis para un xogo de capa e de pe negreiro.

CRISTAIS. Para divisións trasparentes e solo sobre espacio ou obxetos de exposición.

CARTÓN-XESO. Para recubrimento de paredes ou tabiquería (en sustitución das divisións antigas de xeso e barrotillo) . Para trasdosados de muros existentes con barreira de vapor.

PEDERNEIRA FINA DA FERTÉ SOUS JUARRE, nun xogo de oito capas.

Outros materiais secundarios que requiren a presencia de tecnoloxías actuais para resolver demandas actuais.

PROXECTO DE MOBILIARIO DA SALA DOS MUIÑOS INDUSTRIAIS DE BUCAN.

PANEIS MODULARES de exposición.

MESAS/VITRINAS.

FOCOS E PUNTOS DE LUZ INDIRECTOS, do local, dos muiños, das turbinas etc. MATERIAIS DIDÁCTICOS , maquetas, dibuxos, audivisuais, proxectores, pantallas.

Este proxecto debe ir coordinado e debe entender a construcción de forma globalizada e técnicamente dirixida polo historiador municipal como perito e máximo coñecedor de este tipo de muiños, co fin de que tódalas intervencións propostas asumindo un carácter complementario supeditado e integrado á inversión principal non sexan distorsionantes co valor patrimonial dos inmobles e do importantisimo conxunto patrimonial europeo, galego, naronés e español.

l.

[1] prior de Xuvia, autor de dous estudios históricos do Mosteirodo Couto

[2]as copias que emprego no presente traballo con anterioridade ó seu depósito no AMF fóronme amablemente  facilitadas polo profesor Urgorri Casado  en 1983[2] Montero y Aróstegui, “Historia y descripción de la ciudad y departamento naval del Ferrol. 1.859.  Ed. Princ. páx. 41.

[3] Montero y Aróstegui, ib. páx. 178.

Sobre fidalgosdenaron

André Pena, funcionario de carreira historiador, arqueólogo e arquiveiro do Concello de Narón, é doutor en arqueoloxía e historia antiga e decano do Instituto Galego de Estudos Celtas IGEC. Especializado no estudo das Relixións da Antigüidade; a Relixión Celta e a súa influencia no presente Cristián; da Mitología comparada; das Institucións Celtas e Indoeuropeas; dos Santuarios Celtas, e da Orixe pagana e o presente cristián do Camiño de Santiago e de San Andrés
Esse post foi publicado em HISTORIA DE NARÓN E A TERRA DE TRASANCOS. Bookmark o link permanente.

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s