LEMBRANZA DUNHA EXPEDICIÓN DE PIRATAS?

A historia das aventuras de Ulises e dos seus compañeiros, na longa viaxe de retorno a Ítaca, é pura literatura.  Isto, é apenas intuitivo ensaio.

To J. A. P. S.

ODISEO ONE

Arnol Boecklin. Ulises e Polifemo

Outra historia pode ser a historia dos materiais –de onde non hai, non se pode sacar- cos que se elaborou esa literatura.

mapaandrépena

 Dito isto como hipótese non por formulada  válida, con moita cautela  sed non obscura per obscuriora, é posible, que a Odisea, unha ficción, unha creación literaria atribuída a Homero, obra non histórica,  recollendo ecos de vellas navegacións e soadas expedicións de piratas-aventureiros-comerciantes mediterráneos, sen dúbida micénicos,  á procura do ouro e da riqueza do Atlántico, fora confeccionada en boa parte, segundo o pensan moitos estudiosos, con relatos e historias escoitadas nos portos dos mariñeiros.

cantimplora micénica

“Cantimplora” de tradición micénica atopada en Duio. Datada por Luis Monteagudo ca. 2.000-1.500ac. Da colección Esmorís Recamán. Ex F. Alonso.

Nin a vinda dos micénicos  polo  ouro e polo estaño de Galiza -documentandose en datas tempranas (2000 a.C.) é novidade, nin que na viaxe de volta ao Mediterráneo  os mariñeiros tamén levaran, produto da hospitalidad galaica, as historias do fistor [filid] escoitadas nos banquetes .

Os mitógrafos saben que Ulises traspasou as columnas de Hércules percorrendo un periplo atlántico en parte das súas aventuras.

The Swiss artist Fuseli studied in Rome before settling in England in 1779, where he became famous for his paintings of literary themes. A friend of Mary Wollstonecraft and William Blake, he was elected Professor of Painting and Keeper of the Royal Academy. Fuseli had been fascinated by Homer's Odyssey since the 1760s. Published as an engraving in 1804, this composition depicts the visit of Odysseus to Teiresias in the Underworld. Between the two is the shadow of Odysseus's mother Anticleia. https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/2/24/Johann_Heinrich_F%C3%BCssli_063.jpg

The Swiss artist Fuseli studied in Rome before settling in England in 1779, where he became famous for his paintings of literary themes. A friend of Mary Wollstonecraft and William Blake, he was elected Professor of Painting and Keeper of the Royal Academy. Fuseli had been fascinated by Homer’s Odyssey since the 1760s. Published as an engraving in 1804, this composition depicts the visit of Odysseus to Teiresias in the Underworld. Between the two is the shadow of Odysseus’s mother Anticleia. https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/2/24/Johann_Heinrich_F%C3%BCssli_063.jpg

Isto explica a presenza na Odisea dos relatos de reminiscencias atlánticas como a viaxe á illa flotante de Eolo, a viaxe á illa do Sol, ou a viaxe á Illa

Cerdedo-Calros Solla-portalén 3

Portalén. Cerdedo. Calros Solla.

dos Mortos e o misterioso encaixe da obra de Homero – como o viron numerosos autores-, no xénero” dos imrama ou “viaxes por mar” (pl. voz irlandesa derivada do acto de remar) polas marabillosas illas e costas atlánticas,  e das echtra, “aventuras mariñas” -como as de Saint Brendan, de Sant Maló, de Santo Amaro, de Santo Ero, de Trecenzonio á Illa do Solsticio, e un longo etc.- da viaxe dun home na procura do mundo dos mortos.

Se Homero desenvolveu na Odisea algúns temas atlánticos, abondo coñecidos no seu tempo -no contexto do chamado world economic system da Idade do Bronce-, entón reelaborados polos mitógrafos…

oDISEO 2

Herbert James Draper, Ulysses and the Sirens

LESTRIGÓNS, TELÉPILO, ARTACÍA

Como sucedía cos Ártabros, a carácterística máis rechamante, segundo a Odisea, dos Lestrigóns – topónimo ou xentilicio non escollido por Homero ao azar,  senón pola potente polisemia dunha palabra capaz de evocar á vez a un oínte grego a idea de “banda de ladróns”, “roubo”, “latrocinio”, e de “baixeis corsarios”-, era que estes tiñan un singular e abrigado porto no interior dunha profunda baía de augas tranquilas e cristalinas, “practicamente pechada polo lado de alta mar por dúas abruptas montañas”, ao que se accedía por unha delgada canle, unha entrada similar á entrada da ría de Ferrol, hai 3200 anos moito máis estreita que a actual.

[...] In ea (ora) primm Artabri sunt, etiannum Celticae gentis, deinde Astyres. In Artabris sinus ore angusto admissum mare non angusto ambitu excipiens Adrobricam Urbem et quattuor ammium ostia incigit; duo etiam inter accolentis ignobilia sunt, per alia dua *Naris exit et *Iuuvia.

[…] In ea (ora) primum Artabri sunt, etiannum Celticae gentis, deinde Astyres. In Artabris sinus ore angusto admissum mare non angusto ambitu excipiens Adrobricam Urbem et quattuor ammium ostia incigit; duo etiam inter accolentis ignobilia sunt, per alia dua *Naris exit et *Iuuvia.

Ao noso modo de ver o curioso paralelismo entre a descrición do porto dos Ártabros de Mela, e a descrición do porto dos Lestrigóns que fai Homero no

Ulises na fonte Artacia

A fonte Artacia

Canto X da Odisea, amplifícase coa, non casual, segundo a nosa hipótese, presenza da propia raíz Ártabra “A Osa”,  no nome Artacia “dos osos” da famosa fonte dos lestrigóns.

Dito con máis que moita reserva, e pois eu tamén teño dereito a equivocarme, faltaría máis, Homero puido converter a Odiseo en virtual protagonista dunha expedición de saqueo a “O Dourado” Ártabro, longo tempo conservada na memoria popular.

Unha historia de piratas micénicos saldada co fracaso e estrepitoso afundimento de toda a frota -agás a nave fondeada con prudencia no exterior do porto descrito con asombroso detalle-.

Así conta a Odisea como, abandonando Ulises a illa Eolia coa súa flota, impulsado polo céfiro, o vento do oeste, tras seis días de navegación abordou, ao sétimo día, a terra dos Lestrigóns.

Lestrigones. Museo Vaticano

The fourth panel of the so-called “Odyssey Landscapes” wall painting from the Vatican Museum in Rome, 60-40 B.C.E.

A expedición se tivese lugar, segundo a Odisea teríase producido a comezos dun verán na nosa latitude, nos días do solsticio de verán

-“Alí […] sen soño un pastor gañaría dous xornais custodiando boiadas e logo rabaños de ovellas: tan de preto séguense a noite e o día” (X 84-86),] quizais traballando16 horas seguidas, sobre a base de xornadas de 8 h, (Pillot)-, posiblemente no século XI a. C.:

“Navegamos así seis xornadas de noite e de día/ e á sétima vimos o alto castelo de Lamo/ e a Telépilo (termo que en grego podería evocar a idea de fisterra de teleios “derradeiro”, pylos, “limiar”) en terra Lestrigona.

Alí o gandeiro/ que recolle as súas reses saúda ao que sae e o outro  contéstalle. Sen soño un pastor gañaría dous xornais/ custodiando boiadas e logo rabaños de ovellas:/ tan de cerca séguense os pasos a noite e o día./

Penetramos sen máis polo cómodo porto; unha rocha en escarpa continua cíngueo dun lado e doutro/ con remates en dous promontorios que dan fronte a fronte/ e que forman a súa boca: delgada canle divídeos./ [Cf. “in Artabris ore angusto admisum marem non agusto ambitu excipiens”, in Mela 3, 13]

Impulsaron por este os meus homes as cóncavas naves/ e no seo do porto quedaron atadas, ben xuntas/unhas ás outras, que en verdade non se alzaba na auga unha onda/ nin pequena nin grande: era todo unha paz cristalina./

Eu no entanto, retiven alá fóra o meu negro navío/ pola parte exterior, amarreino a unha pena e subindo/ remonteime a observar en fragosa atalaia: non había/ da miña vista ao alcance labor de homes nin de bois; só un fume observei que xurdía da terra [posiblemente das rozas no monte para cultivar] e, entón,/ aos meus homes mandei que diante marchasen e visen/ que mortais había no país, comedores de trigo./

Via Graziosa. Artacia

Encontro na fonte Artacía coa fílla de Antífate [ Domus da Via Graziosa. Museo Vaticano ca. 40 a. C. Aínda que Tucidides (6.2.1.) e Polibios (1.2.9) situan a treba celta os Lestrigones [gr. Laistrygónes], no Sureste de Sicilia, pola miña parte, reclamando tamén, faltaría máis o mesmo dereito a equivocarme, sitúo ao Telépylos, “afastado porto” ou “última fronteira” nas partes extremas de Gallaecia, Artabria, atendendo á  extremada posición e ás límpidas augas da fonte Artacía, a  soada Fonte Aureana da uilla de Ardá sobre o Monte de Ancos.

Elixín dous deles e foi de terceiro un heraldo,/ que tomaron o ancho camiño por onde a leña dos cumes serrados viña á cidade nos carros./ Cerca xa se atoparon cunha doncela, filla do prócer do lestrigón Antífate; estaba na fonte que din/ A Artacía, vaínda por auga á súa clara corrente/ onde todo aquel pobo a adoita tomar. Os meus amigos/ detiviéronse alá e achegándose a ela inquiriron/ do señor da terra, quen era e en quen reinaba./

Indicoulles ao momento a excelsa mansión do seu pai/ e entraron ao rico pazo. Mostrouse a dona,/ que na súa estatura era monte rochoso, tomoulles o medo,/ pero ela chamou desde o Ágora a Antífate o grande,/ o seu marido que trouxo aos meus homes funesta ruína:/ rebentando a un deles comeuno de xantar e os outros escaparon dun salto e fuxiron correndo ás naves./

E eis ao rei que gritaba a alarma e, oíndoa todos,/ acudiron de acá e de acolá os lestrigóns feros/ en multitude, coa súa xigante estatura, maior que a humana./

Apostados arriba na escarpa lanzaban enormes pedras: subía das naves fragor horroroso/ ao morrer das miñas xentes e ao rudo estalar das quillas./

Lestrigones. Fresco da Casa di Via Graziosa. Museo Vaticano

Espetados a modo de peixes leváronos logo/ ao seu triste festín. Mentres eles facían a matanza/ no fondo do porto, saquei do meu flanco o coitelo/ puntiagudo e cortei as amarras do barco azul./  Ao instante avivando á miña xente, mandei que se botasen/ con vigor aos remos por ver de escapar ao desastre/ e eles todos bateron as augas con medo á morte./ ¡Que descanso ao saír o baixel daquel teito de pedras/ cara ao mar! Esmagados en masa quedaban os outros./

Navegabamos non sen dor, mais contentos en parte/ por salvar as nosas vidas logo de perder os amigos./ Canto X 80- 134

E como afortunadamente a Historia se repite, este episodio lembra o sucedido, en tempo máis recente, ás naves normandas que saqueando no ano 844 o mosteiro de San Martiño de Xuvia, serían destruídas como recolle o Cronicón Albeldense polo ataque de Ramiro I (e, quizais, do duque Arximiro), morrendo acaso no mesmo lugar -queimándose 70 naves ao caer sobre elas unha chuvia de pedras ardendo,  ballistariorum occursu, din os Annales Bertiniani- .Seguramente, debido á trampa da estreita boca da ría de Ferrol, unha multitude de normandos, sen contar outras moitas  naves normandas que afundiron cando na precipitada fuxida saíron do abrigado porto atopándose coa tempestade no mar exterior, –segundo amosa a magnífica ilustración de Eva Merlán feita en 1984 baixo a miña dirección para a  ‘Historia Ilustrada’ de Narón -] .

arximiroe

Ilustración de Eva Merlán, baixo a miña dirección.

Estes pobos do mar cun dragón (Ketos) como mascarón de proa, saqueando o Altántico e o Mediterráneo orixinaron a lenda de Laocoonte na mitoloxía grelaocoontega, “cando o sacerdote troiano sacrifica a Poseidón na area da prai, chegan dous dragóns (Ketoi) á praia que se converten en homes e dan morte a Laocoonte e a un dos seus fillos”.

Esta e outras lendas como o rapto de Ariadna e o mito de Andrómeda e Perseo están estreitamente relacionadas coa Coca ou Tarasca galega, pervivencias na memoria colectiva e celebradas desde hai milenios ata hai pouco tempo o día do Corpus, auténtica festa da Tarasca que a igrexa conseguiu borrar da memoria popular que se mantén en Portugal con toda a súa forza e estase recuperando en Galicia, onde nos portos mariñeiros o seu recordo non morreu, como nos mostran os relatos que aínda se conservan polos vellos de Vilasuso no Val e doutras vilas galegas.

O dragón, sen dúbida, era un destes distintivos chamados polos gregos AKROSTOLION que servía, como ben indica Luzón Nogué (no seu traballo A Navegación na Idade do Bronce, aclaratorio, combinando fontes e arqueoloxía, dunha serie de achados arqueolóxicos ata agora historicamente difíciles de dimensionar), para identificar a procedencia e nacionalidade das naves e dá orixe a multitude de lendas na mitoloxía dos pobos costeiros europeos.

Sabemos que a mediados da décima centuria Salomón (972-936) xenro de Hiram I, o poderoso Rei de Tiro, financia por un tratado os estaleiros de Asiogaber, e que recibía unha porcentaxe sobre as expedicións marítimas que levaban a cabo os fenicios cada tres anos cara a Gades, onde recollían o estaño, o ouro e o ámbar recollido polos intermediarios Tartésicos [e galaicos] das Cassitérides, Galicia e os mares nórdicos.

tasionostartessos

Esquerda, armas: espadas de bronze de língua de carpa, pontas de lança, etc., encontradas na Ria de Huelva pela draga Fita, provavelmente segundo as análises de procedência galaica. Direita, estela tartésica do mais antigo arioi– [a.i. aire] “nobre” e isiingo [celta excingo “herói”], celta europeu com nome próprio conhecido: o galaico nerio Tasionos

A hexemonía fenicia mantense por Tiro e Sidón desde o ano 1000 en que se instalan en Gades (Cádiz) e Lixos (El Arash) en Marrocos.

Tasionos

Estela tartésica de Tasionos, um nobre Nerio [da Costa da Morte] ‘da Kalte’, aludindo ao seu berço Celta, ou Galaico […] NIIRABOO TOO ARAIAI [AIRE] KAALTEE […] // cf. ISIINCO, “excingo”, heroe

No século V un tratado fixou no cabo da Nao (Artemisión) os límites comerciais entre os focenses e os cartaxineses.

Cartago retoma o papel dos fenicios e arruína no ano 500 a Tartessos, que volve enseguida a renacer baixo o seu control, tendo desde entón e ata a conquista romana a exclusividade do comercio coas Cassitérides do estaño e o ouro. No 550 prodúcese a viaxe de Himilcón ás costas galegas e ás illas Británicas.

2) O do comercio fenicio-púnico-gaditano, que quizais se poida subdividir en dúas etapas: orientalizante e helenística, que chega ata o século III a.C. No ano 323, Piteas e Eutimenes cruzan o estreito, protexidos polo prestixio de Alexandre Magno. Piteas chega ata a illa de Islandia, co seu volcán o sol de medianoite (cuestionado por Plinio, Polibio e Estrabón, que non o cren)

3) O da presenza romana cuxa última etapa, a época republicana e augustea, é a que se corresponde co noso cuncheiro de Lóngaras.

As cunchas de ambas as beiras do camiño de carro que levaba ao embarcadoiro de Lóngaras son o epílogo dunha longa historia de comercio entre os Lapatiancos e os *Trs-ancos, habitantes do val de Trasancos, e entre estes e o mundo Mediterráneo a través dos gaditanos.

Os primeiros baixaban o mineral de cobre en bruto polo val do río Xubia e en Trasancos dedicábanse a fundilo e a exportalo. Iso explica que o nome Lapatiancorum promontorium siue trileucum (posiblemente o Cabo Ortegal) promontorio dunha zona tan remota da ciuitas dos Lapatiancos (Labacengos) pola súa importancia estratéxica -produción do cobre-, fose recollido nos arquivos dos historiógrafos clásicos.

Os castros de Trasancos non foron escavados (21), pero tanto en Lobariz, como en Eiravedra, Sedes e sobre todo en Quintá apareceu abundante escoria de fundición de mineral. As enormes cantidades desta escoria, atopadas por mor dun desmonte feito neste último castro pola concentración parcelaria, -acondicionouse coa escoria aparecida no castro unha pista-, exclúen un consumo local.

Segundo Monteagudo [in Pena 1991]:

[…] o mesmo nome de Trasancos, que a etimoloxía popular fai derivar de Tras-Ancos = Tras o monte de Ancos, significa probablemente “os que queiman (terreos para roturar), agricultores, do antigo (ae) *Trsan-(i)-cos, do indoeuropeo *Ters que equivale a “secar”, “tostar”, “queimar”, en latín Torreo, –es, -ere, -tostum, e en antigo irlandés Tart, “sede”. Lembremos que o nome de San Martiño de Xuvia era Tartares, unha posible reduplicación do *Ters, segundo Pokorny [e podería explicarse a presenza do topónimo Inferniño cunha aproximación, en xeografía sagrada ao Tártaro, e ao Alén, co trasfondo etnográfico da situación no extremo noroccidental da Península e de Gallaecia da Terra de Trasancos, e do trasunto das barcas de pedra de Santa Comba e de Santo Cristobo].

Facendo referencia á actividade agrícola, o topónimo da bisbarra, treba ou terra, Trasancos –quizais “os que fan as rozas”- e o antigo nome de San Martiño de Xuvia, Tartares –posiblemente relacionado co lume ardente Tártaro, “inferno”- talvez poidan aclarar o significado do topónimo Tartessos.

Falando de Tartessos sabemos que o litoral gaditano retrocedeu, e unha restitución da topografía antiga do litoral gaditano amósao a varios quilómetros ao interior. Isto fixo que a poboación se trasladase da costa ás illas de Cádiz e León. A causa de que se cegasen os portos débese ás rozas que facían os agricultores, que acelerando a erosión e o transporte polos ríos de sedimentos do chan desprotexido do manto vexetal, acabaron cegando os esteiros e facendo impracticables os portos.

Entón reelaborados polos mitógrafos, nada tería de particular que se fixera eco das viaxes por rutas coñecidas para os micénicos do ouro e do estaño, mestura de saqueo e de comercio, quizais dunha fracasada expedición marítima conservada na tradición oral que puido chegar en dirección norte ata Bretaña, como o sosteñen Robert Philippe ou Gilbert Pillot ou, segundo dun demorado exame do canto X, o deducimos nós, deterse no abrigado e rico porto dos Ártabros, “os do Norte”, nome xenérico empregado polos gregos para nomear o noroeste de Iberia.

Sobre fidalgosdenaron

André Pena, funcionario de carreira historiador, arqueólogo e arquiveiro do Concello de Narón, é doutor en arqueoloxía e historia antiga e decano do Instituto Galego de Estudos Celtas IGEC. Especializado no estudo das Relixións da Antigüidade; a Relixión Celta e a súa influencia no presente Cristián; da Mitología comparada; das Institucións Celtas e Indoeuropeas; dos Santuarios Celtas, e da Orixe pagana e o presente cristián do Camiño de Santiago e de San Andrés
Esse post foi publicado em HISTORIA DE NARÓN E A TERRA DE TRASANCOS. Bookmark o link permanente.

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s