APÉNDICE DO SEGUNDO VOLUME DA HISTORIA DE NARÓN (1992, 507-601) DOCUMENTOS GALEGOS INÉDITOS INSERIDOS NO CHAMADO CÓDICE 63B TRANSCRITOS E PUBRICADOS ENTRE 1991 E 1992 POR A. PENA
ADDECET: Sendo obxectivo estratéxico do Goberno galego a promoción das relacións cos países de lingua portuguesa, este historiador e arqueólogo do Concello de Narón, se suma ao Goberno e o Parlamento galego que aprobou, por unanimidade, o 11 de marzo de 2014, a Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía O historiador e arqueólogo da Câmara municipal de Narón, sendo objectivo estratégico do Governo galego a promoção das relações com os países de língua portuguesa, se suma ao Governo e o Parlamento galego que aprovou, por unanimidade, o 11 de Março de 2014, a Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía

Addecet: [Disculpen, indulgentia temporum, este galego-fonético chamado “normativo”, argallado ex nihilo, virando as costas a grafía histórica do galego a presente documentación permite comprobar ] A finais dos 80 e principios dos noventa, co microfilm BN remitido polo AHN ao Concello de Narón, e un aparato lector – escasos recursos que había- realicei en solitario, con gran esforzo, dedicación e dificultad, a transcrición do códice de Xuvia, ata ese momento inédito, 63b do AHN [e dos documentos galegos insertos no códice latino, entón 1041B, hoxe 1047B, publicados no apéndice do II Volume da Historia de Narón (1992)]. O entón ilegible ou difícil de ler non o é hoxe ,polo avance na digitalización, circunstancia que me permite re-editar revisado dito apéndice. Os documentos dixitalizados levan patente marca de agua dos arquivos estatais, e citando procedencia, os limpei algo para facilitar a visualización. Estes dous códices do mosteiro bieito e cluniacense de San Martiño de Xuvia, Narón, parte irrenunciábel da nosa historia-, acabaron no chamado Arquivo Histórico Nacional, AHN, tras a ‘desamortización’, coa maior parte dos fondos monásticos galegos. O concello de Narón, mercou en 1989 un microfilm B/N, dos ‘códices de Xuvia do AHN’ o 1041B [hoxe 1047 B] e, este: o 63B, co que o que subscribe realizou en solitaria monástica paz, entre 1989 e 1992 cun lector de microfilm adquirido polo Concello, a primeiro estudo e transcrición dos documentos do mencionado códice 63B, pubricad0s no apéndice do volume II da Historia de Narón “Narón un Concello con Historia de Seu. A Terra de Trasancos ollada dende os Mosteiros de Pedroso e Xuvia na Idade Medía. Tomo II”. Foi traballo difícil, e de sol a sol, por non ter o microfilm B/N a calidade dos modernos documentos digitalizados e non existir historia factográfica precedente. E, xa acabado o estudo en 1991, e pasado ao rudimentario computador, o único que había na Casa de Cultura do Concello, apareceron polo meu despacho, deus ex machina, enviados polo caro profesor e excelente filólogo, Xosé Martinho Montero Santalla, uns mozos ‘reintegracionistas’ a interesarse ‘pelo sistema de transcrição’ que seguía, me pedíndo, pola importancia que esto tiña para os estudiosos do galego, respeto á forma documental orixinal. E eu, autodidacta episando os pasos do sistema usado por Don Enrique Cal Pardo na colección documentária do Mosteiro de Pedroso, vendos con máis razón que un santo, re-comecei a nova transcrición agora literal, de forma pioneira e augural o traballo, até o o día 5 de decembro de 1992, cando, a piques de terminar a nova transcrición, recolleron o manuscrito para maquetación e prelo, e ficando como antes se estaba algún dos derradeiros documentos do apéndice leva o epígrafe “Transcrición Convencional”. Arduus labor operae pretium est, dico aperte, que nin puiden co debido realce, etc., comentar circunstancias da transcrición do apéndice, nin revisar algún gazapo do manuscrito. Mais nunca é tarde Non é? Revisamos agora, neste blog, cos marabillosos recursos, ilustracións, enlaces, e con calma, os documentos do II volume da historia de Narón. Usamos documentos da rede pese á má definición, pois estes son agora [tras protestarmos en Santiago nunha reunión sobre novas tecnoloxías ao personal do AHN] algo mais discretos coas marcas de auga-, para non pagar por segunda vez o que sendo público, e noso, xa pagamos. Si mercamos unha copia dos documentos latinos do antigo códice 1941B, hoxe 1047 [omito lembar que no ‘bipartito’ dixitalizaran co diñeiro dos galegos nosos ‘desamortizados’ documentos medievais ,para ser de público dominio], pois pese a pagar esa digitalización a Xunta de Galicia, e pese ao espírito das leis, os documentos do Portal dos Arquivos Españois PARES, dificultando lectura e reprodución, están, sen dubida por descoido, atravesados en diagonal de lado a lado cunha aparatosa marca de auga. Publicaremos, en boa definición o códice 1947B, antes 1041B, o documento latino e o texto por min traducido do latín, en orde cronológica tras este apéndice, e publicaremos tamén todos os documentos latinos das outras fontes documentais da Terra de Trasancos. [Galego-portugês] A finais dos 80 e princípios dos noventa, com o microfilm BN remetido pelo AHN à Câmara municipal de Narón, e um aparato leitor – escassos recursos que então havia- realizei em solitário, com grande esforço, dedicação e dificultad, a transcrición do códice de Juvia, até então inédito, 63b do AHN [e dos documentos galegos insertos o códice latino, então 1041B, hoje 1047B, publicados no apéndice que reproduzo do II Volume da História de Narón (1992)]. O então ilegível ou difícil de ler não o é hoje pelo avanço na digitalização, circunstância que me permite re-editar dito apéndice, já revisto e corrigido. Como podem ver estes documentos levam marca de agua dos arquivos estatais, ainda que -citando a procedência- os limpei algo. Nossos dois códices do monasterio benedictino e cluniacense de São Martinho de Xuvia, Narón – parte irrenunciável da nossa história- acabaram no chamado AHN, Arquivo Histórico Nacional trás a ‘desamortización’, com a maior parte dos fundos monásticos galegos. A câmara municipal de Narón, mercou em 1989 o microfilm B/N, dos então códices de Xuvia do AHN 1041B [hoje 1047 B] e o códice 63B , com o que o que subscreve realizou em solitário, entre 1989 e 1992 com um leitor de microfilm adquirido pela Câmara municipal, a primeira transcrição do mencionado códice 63B, pubricada no apéndice do volume II da História de Narón “Narón un Concello con Historia de Seu. A Terra de Trasancos ollada dende os Mosteiros de Pedroso e Xuvia na Idade Media. Tomo II”. Foi trabalho difícil, e de sol a sol, por não ter o microfilm B/N a qualidade dos modernos documentos digitalizados. E, acabado e passado ao rudimentario computador, o único então na Casa de Cultura da Câmara municipal, apareceram pelo meu gabinete, deus ex machina, enviados pelo caro professor e óptimo filólogo, Xosé Martinho Montero Santalla, uns jovens ‘reintegracionistas’ para pesquisar pelo sistema de transcrição que seguia me pedíndo pela importância para os estudiosos do galego, respeto à forma documentário original. E eu, autodidacta pisando os passos de Dom Enrique Cal Pardo em a colecção documentária do Mosteiro de Pedroso, vendos com mais razão que um santo, re-comecei de forma pioneira e augural -ocupando-me até o o dia 5 de Dezembro de 1992, que prestes a terminar a nova transcripción recolheram o manuscrito para maquetación e prelo (ficando como antes se estavam, alguns documentos do apéndice levam epígrafe “Transcrición Convencional”) -, a nova transcrición, agora, literal. Arduus labor operae pretium est, dico aperte, pois nem pude comentar circunstâncias da transcrición do apéndice com o devido realce, etc., nem rever erros do manuscrito. Mas nunca é tarde Não é? e revemos agoraneste blog com os maravilhosos recursos tecnológicos, com novas ilustrações, com novos enlaces e com calma, os documentos do II volume da história de Narón Usamos aquí -pese à má definição -trás protestarmos em Santiago numa reunião de novas tecnologias são agora mas discretos com as marcas de água-, documentos da rede, não querendo voltar a pagar pelo que sendo público e sendo nosso já pagamos. Temos cópia, xa en aceptable definición, dos documentos latinos dixitalizados do antigo códice 1941B, hoje 1047, paga com dinheiro público galego pela segunda vez! -[omito lembrar que o bipartito já pagara a dixitalización com dinheiro público da Xunta de Galicia], pois, pese ao espírito das leis, os documentos disponíveis en PARES, dificultando leitura e reprodução, estão, sem duvida por descuido, atravessados de lado a lado pela marca de água. Temos, em aceptável definição o códice 1941B, [ traduzido do latín ao galego por mim]. Em ordem cronológica D. m., também os publicaremos, com os latinos de varias fontes documentais relativos à Terra de Trasancos]. Desculpem as gralhas. André Pena Graña.
ANO 1228
Concambia entre o prior de Xuvia e Don Pedro García de Ambrona. Ano 1228. Pergamiño 33 x 13 cm. AHN Xuvia. Cod. 63b, n 3

Narón, Un Concello Con Historia De Seu Tomo II (1992),508
13 DE OUTONO DE 1238
Copia inserida nun foro de 1271/ Cópia inserta num foro de 1271
Foro que o Prior D. Bartolomeu fixo a Pedro Formoso, crego de Caranza, da Servicialia de Carança que chaman Espasante (Moi borroso e esvaido) AHN Juvia, Cód. 63b n 10. / Foro que o Prior D. Bartolomeu fixo a Pedro Formoso, crego de Caranza, da Serviçialia de Carança que chamam Espasante (Muito borroso e esvaido) AHN Juvia, Cód. 63b n 10
Copia do século XVIII in L III de Varios de Juvia ARG. Arquivos privados eclesiásticos C 255/256

Narón, Un Concello Con Historia De Seu Tomo II (1992),508 [Ilexibel no microfilm B/N remitido polo AHN en 1989]
1285 PERGAMIÑO ILEXÍBEL/ 1285 PERGAMINO ILEXÍBEL
[…] “carta de encomenda otorgada entre o abade don Fernán Perez e un comendeiro e patrón deste mosteiro, sua data, a era 1323” –inserida na confirmación dun privilexio do rei D. Pedro-, “e a data do privilexio non se pode ler” . […] “carta de encomenda otorgada entre o abade dom Fernám Perez e um comendeiro e patrão deste mosteiro, sua data, a era 1323” -inserida na confirmação de um privilégio do rei D. Pedro-, “e a data do privilégio não se pode ler” .
AHN. Juvia. Cod 63b núm. 11

AHN. Juvia. Cod 63b núm. 11r

AHN. Juvia. Cod 63b núm. 11v

Narón, Un Concello Con Historia De Seu Tomo II (1992),509 [Ilexíbel no microfilm B/N remitido polo AHN en 1989]
ANO DE 1305
Foro que o prior de Xuvia D. D(iego) fixo a D. Laurenço, ó seu fillo Paio, e a Elvira Rodriguez das Viñas, da Cortinha da Villa, en Brión. / Foro que o prior de Xuvia D. D(iogo) fixo a D. Laurenço, ao seu filho Paio, e a Elvira Rodrígues das Vinhas, da Cortinha da Villa, em Brião .
Moi borroso. AHN. Xuvia. Cod. 63b núm. 4 [orig. copia do século XV]

AHN. Juvia. Cod. 63b núm. 4r

Narón, Un Concello Con Historia De Seu Tomo II (1992),509 [Ilexíbel no microfilm B/N remitido polo AHN en 1989]
1 DE FEBREIRO DO ANO 1316
Ioam Díaz, prior do Mosteiro de Xuvia afora a Elvira Péres de Domirón, varias herdades co Couto de ‘Juvya’/ Iohão Dias, prior do Mosteiro de Juvia afora a Elvira Péres de Domirão, várias herdades com o Couto de ‘Juvya’
AHN. Juvia. Cod. 63b núm. 12 [copia do século XV]

AHN. Xuvia. Cod. 63b núm. 12r [orig. cópia do S XV]. [g. n.] Este documento -non o paso en silencio-, cos seus compañeiros, foi xerado no monasterio de San Martíño de Juvia, Narón. Levado a Madrid con outros moitos fondos de mosteiros, galegos, cataláns, etc., tras a desamortización, custódiase no AHN. Co diñeiro aportado pola Xunta de Galicia, foi microfilmado en Madrid – e, pois o acceso aos documentos públicos é público, sobreposta sen dúbida por descuido, a ‘xenerosa’ marca de auga innecesaria por reiterada, impide a lectura da regra 32. A ‘Lectio Paganini: que o concello de Narón, e os galegos, volvamos pagar, o que xa pagamos, polo que é noso”, obtendo nova copia, pagana, sem marca, e de mediana calidade, é, non parece, abuso. É por non abusar, deixámolo “vergonza do galego”, que é “vergonza allea” da falta de vergonza doutros pagos foráneos. [g-p] Este documento -não o passo em silêncio-, com os seus companheiros, foi gerado no monasterio de São Martínho de Juvia, Narón. Levado a Madrid com outros muitos fundos de mosteiros, galegos, catalães, etc., trás a ‘desamortización’, hoje custodia-se no AHN. Com o dinheiro aportado pela Xunta de Galiza, foi microfilmado em Madrid – e, pois o acesso aos documentos públicos é público, sobreposta, sem dúvida por descuido, a ‘generosa’ marca de água innecesaria por reiterada, impede a leitura da regra 32. A ‘Lectio Paganini: id est, que a câmara municipal de Narón, e os galegos, voltemos pagar, o que já pagamos, pelo que é nosso”, obtendo nova cópia, pagana, sem marca, e de mediana qualidade, é, Não é? abuso. É por não abusar, deixámo-lo em “vergonha do galego”, que é vergonha alheia” da falta de vergonha de outros pagos forâneos.

Narón, Un Concello Con Historia De Seu Tomo II (1992) [Transcrito e publicado por A. Pena do microfilm B/N remitido polo AHN en 1989] , 509-510
15 DE ABRIL DO ANO 1330
Renuncia que o cavaleyro Xoan Freyre de Andrade, a súa muller María Súarez e o fillo de ambos Roi Freyre fan o prior D. Gil das rendas e servicios que tiñan gañadas do mosteiro de Xuvia, no convento e igrexa de San Mateu. [Moi borrosa no microfilm B/N]. / Renuncia que o cavaleyro Xoan Freyre de Andrade, a sua mulher María Súarez e o filho de ambos Roi Freyre fã o prior D. Gil das rendas e serviços que tinham ganhadas do mosteiro de Juvia, no convento e igreja de São Mateu. [Muito borrosa no microfilm B/N].
AHN. Juvia. Cod. 63b núm. 8 [copia do século XV]

AHN. Juvia. Cod. 63b núm. 8r [copia do século XV]

Narón, Un Concello Con Historia De Seu Tomo II (1992) [publicado e transcrito por A. Pena do microfilm B/N remitido polo AHN en 1989] ,511
ANO DE 1346
Sentencia que don Pedro Fernández de Andrade [I] xuiz e Alcade Maior da Vila de Ferrol polo conde Fernán Pérez de Andrade o Boo, deu a favor de Gonzalo Esquío morador no casal do Vilar eximindo a dita vila do pago ao concello de “tallas e peytas”./ Sentencia que dom Pedro Fernándes de Andrade [I] xuiz e Alcade Maior da Vila de Ferrol pelo conde Fernán Péres de Andrade o Boo, deu a favor de Gonçalo Esquío morador no casal do Vilar isentando a dita vila do pago ao concelho de talhas e peytas”.
AHN. Juvia. Cod. 63b núm. 14 [copia do século XV 20x28cm, moi borrosa no microfilm B/N]

Narón, Un Concello Con Historia De Seu Tomo II (1992) [ilexíbel no microfilm B/N remitido polo AHN en 1989] ,511 e 512
6 DE ABRIL DE 1354
Foro que el prior dom Joham Fernandes fai a Fernan Ihoans dito Lesta e a sua muller e o fillo [e muller] de ambos do casal de Felgara en San Martiño de Cerçido/ Foro que o prior dom Joham Fernandes faz a Fernan Ihoans dito Lesta e a sua mulher e o filho [e mulher] de ambos do casal de Felgara em São Martinho de Cerçido
AHN. Juvia. Cod. 63b n. 13 [copia do século XV] 12x20cm

AHN. Juvia. Cod. 63b n. 13r [copia do século XV] 12x20cm

[…4] feserdes. E . A. Pena Narón, Un Concello Con Historia De Seu Tomo II (1992) ,521
25 DE NOVEMBRO DE 1356
Alfonso Eanns, fillo de Ioham Martines de *Villar doa a Afonso Fernándes un oitavo da cortiña de Ioãne e dunha pereira e un castiñeiro e outros bens, coa condición de pagar a correspondente renda a Xuvia. Adxúntase un recibo do prior Xoan Esquío. Copia do S. XV. AHN, Xuvia, Cód. 63b n 16 [Borroso] / Alfonso Eanns, filho de Ioham Martines de *Villar doa a Afonso Fernándes um oitavo da cortinha de Ioãne e de uma pereira e um castinheiro e outros bens, com a condição de pagar a correspondente renda a Juvia. Adjúnta-se um recebo do prior Johão Esqío. Cópia do S. XV. AHN, Juvia, Cód. 63b n 16 [Borroso]
Nota: o duplo ele “ll” galego-português ten valor fonético de ‘l’, debéndose, en *Villar, ler “Vilar”.

AHN, Xuvia, Cód. 63b n 16v

AHN, Xuvia, Cód. 63b n 16 [Borroso]

Narón, Un Concello Con Historia De Seu Tomo II (1992) [trans. de A. Pena, do microfilm B/N do códice 63b remitido polo AHN en 1989] ,513
ANO DE 1357
Foro do prior Dom Xoan Esqío ós irmaos Lopo e Fernando Fernández, alcumados Sardiña e Lesta dos bens dun foro de 1322, feito polo prior Xoan Díaz a Fernando Pérez Sardiña e os seus fillos Afonso, Fernando e Pedro Moongo / Foro do prior Dom Johão Esqío aos irmaos Lopo e Fernando Fernándes, alcumados Sardinha e Lesta dos bens de um foro de 1322, facto pelo prior Johão Días a Fernando Péres Sardinha e os seus filhos Afonso, Fernando e Pedro Moongo .
Copia do S. XV. AHN, Xuvia, Cód. 63b n 15 [26x28cm]

AHN, Xuvia, Cód. 63b n 15v [26x28cm] Copia do S. XV.

AHN, Xuvia, Cód. 63b n 15v [26x28cm] Copia do S. XV.

Narón, Un Concello Con Historia De Seu Tomo II (1992) [trans. de A. Pena, do microfilm B/N do códice de Juvia 63b remitido polo AHN en 1989] ,514-515
ANO DE 1358
O prior Dom Xoan Esqío aforou a Domingo Fernández, e a súa muller Maria Nicolaez o Casal de Mosteirón no alfoz de Neda, figresía de Santa Maria/ O prior Dom Johão Esqío aforou a Domingos Fernándes, e a sua mulher Maria Nicolaes o Casal de Mosteirão no alfoz de Neda, figresía de Santa Maria.
[Cópia do S. XV. AHN, Xuvia, Cód. 63b n 9 -em bon estado, mas ilexíbel no microfilm B/N do 89-]

AHN, Xuvia, Cód. 63b n 9r º Sabam todos quantos esta carta virem, como eu joam esqio, prior do moesteyro de Santa Martinno de Juvja, et o convẽto do dito lugar, seendo jũtados no cabjdo do dito moesteyro por/ campãa tangida segundo Avemos dusso et de costume, damos et Aforamos a vos, domj̃ngo Fernandes vezj̃no de neda et avossa muller major njcolaez et aos fillos et fillas que ora avedes/ de conssũ et aos que ourverdes daqí adeãnte et como vagar dũm que ffique nos outros et áá morte do postremeyro que ffique ao moesteyro sobre dito. Convẽ assaber que vos afforamos aqel nosso/ cassal qe chamã de Moosteyrõo que he no alffoz de neda et a igreja de Santa Maria desse lugar, con ssuas cassas et erdamẽtos et chantados q̃elles perteeçẽ et pertençer devẽ, lavradas et por/ lavar. Et aveds̃ a dar por rrenda do dito casal et erdamẽtos et chantados, ao dito Moesteyro et donos del por día de ssant Martinno no dito moesteyro qatro libras de maravedís desta moneda que ora/ corre et hũa colleyta ao prior do dito moesteyro et A dous monges cada hũ año, et se fezerdes ŷ vjñas q̄ apos morte de vos todas q̄ ffiqẽ ao dito moesteyro, o qual cassal teñja/ do dito Moesteyro Rodrigo Affonso vezjõ de Neda. E/ nos faser vos de paz A dereito o dito casal et erdamentos et chantados por nos et por los bẽes do dito Moesteyro que vos pera esto obligamos./ Et outro ssĩ vos damos poder por esta nossa carta [±4] possades entrar este casal ssobre dito por vossa outaridade daqí Adeãt quando qisserdes et husserdes deles, peraos demãdar y de-/ffender ẽ juyso sse mester ffor et estas et [±10] todas las cousas et cada hũa delas q̄ nos ffariãmos et poderiãmos ffaser sse presentes fossemos sso obligaçõ de nos et dos/beẽs do dito moesteyro. El q̄ esta cassal et er[damẽntos et chantados] et Afforamẽto q̄ vos del ffazemos qõ nõ possades vender A donas nẽ a caualeyros nẽ A outras pessõas Algúas poderossas por q̄o dito moesteyro y Aja mão paramento et se ý ffezerdes Alguõos chantados darvores nos ditos erdamẽtos q̄ ffiqẽ Avos et Avossa voz et das pessõas ssobre ditas por jur de/ erdade pera ssempre Ameade delas et ááoutra meade Ao dito moesteyro. Et eu domj̄ngo Ffernandes et mj̃na muller sobre dita et nossos ffillos sseẽrmos Amjgos et obedjentes et ffamjljares do dito moesteyro et donos/ del; et vỹrmos ý Assepoltura et ffazermos ý essmollas et [anjversarjos?] por nossas almas. Et outorgamos A cõprjr [ -‘ll’ ou ‘ l’, aspada = ‘r’-] todo o q̄ dito he. Et esto he ffeito et outorgado entre nos partes/ áá bõa ffe et ssẽ mao engano Et qal quer de nos contra ello [duplo ll com valor de l] et o nã cõmpljr q̄ peyte ááoutra parte et áá voz del Rey por pẽna quin[h]entos mr da usuall moneda peyte et esta carta et o q̄ sse em ella cõtẽ ffiqe ffirme et desto mandamos ffaser duas cartas ẽ hũ tenor. ffeita día martes vynte wt qatro días do mes de julío. Era de mjll et/ trezentos et noventa et sseys Anõs. Testigos Affonso Eãs de ssobrado Affonso esqío. Affonso sallõ gonçalo meendes ffillo de gonzalo meendes do Val. ffernando garçia et ffernando Johães et ffrey/johães monges do dito moesteyro. Et eu, gonçalo meendes notario del Rey nos coutos de ssãt martinno de Juvja Aysto ffuj presẽnt et escrivj/ et pus Aqí meu Signal que tal he et conf(irmo). [Signum]. [A. Pena, maio 2017]
Sinopse do século XVIII ARG Libro III de Varios de Juvia ,515

Narón, un Concello con Historia de Seu Tomo II ,515
13 DE MAIO DE 1360
Era de 1398. O prior Dom Afonso López afora a Xoan da Barxa, veciño de Narahío unha herdade en dita frigresía que doara ao mosteiro Rodrigo Froilaz / Era de 1398. O prior Dom Afonso Lópes afora a Johão da Barxa, vizinho de narahío uma herdade em dita frigresía que doara ao mosteiro Rodrigo Froilaz
[AHN, Xuvia, Cód. 63b n 5, 16 x 14 cm Copia de finais do S. XV. -moi borrosa no microfilm B/N do 89-]

AHN JUVIA, COD 63B, N5r, 16X14 cm

AHN JUVIA, COD 63B, N5v, 16X14 cm

Narón, un Concello con Historia de Seu Tomo II ,515 e 516
ANO DE 1364
Venda de Gomez Eans, morador enno couto de San Martinno a Gonçalvo Esqio e a súa muller Maria Dias da terza parte dunha leira en Sysoe / Venda de Gomez Eans, morador enno couto de São Martinho a Gonçalvo Esqio e a sua mulher Maria Dias da terza parte duma leira em Sysoe
[AHN, Xuvia, Cód. 63b n 17, 13 x 15 cm [borroso no microfilm B/N do 89]

AHN, Xuvia, Cód. 63b n 17r 13 x 15 cm

Narón, un Concello con Historia de Seu Tomo II ,516 [ante a hesitación entre ‘des’ ou ‘dois’ na abreviatura “ds”, deixamos a sobrescrita ‘Era de 1402’ ; ‘Era de mjll et qatro çentos et dois anos’
6 DE MAIO, ANO DE 1365
Concordia entre María Fernándes do Capelo e o prior D. Joham Esquío, por ganhanças que levaba do Mosteiro de Juyva, nos coutos de Juyva, Viladonelle e Neda / Concordia entre María Fernándes do Capelo e o prior D. Johão Esqío por ganhanças que levava do Mosteiro de Juyva, nos coutos de Juyva, Viladonelhe e Neda.
[AHN, Xuvia, Cód. 63b n 39]

Era de 1403, que se corresponde con o ano 1365, non ano de 1403

Insira uma legenda1 […] enos ditos lugares […]; 2 […] et de pagandolle a dita Maria Ferandes ven […]; 3 […] et chantados[…]; 4 […] et do souto do covo […]; 5 […] de vaantin? et da cova […]; 6 […] Et renunçou […]; 7 […] que por justiça […]; 8 […] et casares et vinãs […]; 9 […]que para elo feserõn […]; 10 […] que estabeleçeron entre sý […] .Outro sý; 11 […] paga pagada ou non dous contratos que […] 12 […] tenor[…] 13 […] que ficasen firmes et […] 14 […] Feytos en neda enas casas […] casos : 15 […] prior [14] [4]prior […]; 16 […] Danca notario; 17 […9]; […]maria [da vaca, juan do ferrol]; 18 Tareisa Lopes […] domingo lopes home do dito prior, Juan de […]; “que tal he”, “que tal he, et confirmo en”, Afonso Outeiro (firma) (sinal). Narón, un Concello con Historia de Seu Tomo II ,516 e 517
ANO DE 1368
Vasco Eans, como compridor testamentario de Joan Baleyro, entretrega a S. Martiño unha manda consistente na Leyra Longara de Vimeyro / Vasco Eans, como compridor testamentario de Johão Baleyro, entretrega a S. Martinho uma manda consistente na Leyra Longara de Vimeyro.
[AHN, Xuvia, Cód. 1047B, fol. 2r, regras 40-46]
ANO DE 1369, 6 DE SETEMBRO
Nota solta escrita no pergamiño que contén a cocambia de D. Pedro García de Ambrona e o prior de Xuvia do ano 1228 / Nota solta escrita no pergaminho que contém a cocambia de D. Pedro García de Ambrona e o prior de Juvia do ano 1228
[AHN, Juvia, Cód. 63B, nº 3]

Narón, un Concello con Historia de Seu Tomo II ,518
10 DE XANEIRO DE 1370
Copia do foro que o prior Don Xoan Esquío fixo a Durán Fernández e a súa muller María Perez de varias viñas en Moiños, Neda e Alvarón, sacada a pedemento do prior Afonso Fernández polo notario Afonso Douteiro en Neda o 25 de Agosto de 1400 / Cópia do foro que o prior D. Johão Esqío fixo A Durã Fernades e a sua mulher María Perez de várias vinhas em Moinhos, Neda e Alvarão, tirada a pedemento do prior Afonso Fernándes pelo notário Afonso Douteiro em Neda o 25 de Agosto de 1400
[AHN, Juvia, Cód. 63B, nº 6, 26x14cm (Borroso e esluído no microfilm BN de 1989]

[Transc. ad hoc de A. Pena, 1 maio 2017] Sabbam quantas esta carta virẽ cõmo nos don Joam esqio prior do moesteiro de sam martinno de Juý/va e cõ o convento do dito lugar seendo ajuntados ẽno capitolo do dito moesteiro por can/paa tanjuda segundo he huso et custume aforamos a vos durã fernades vesino de neda, et a vo/sa moler maria peres cõmo vagar de hũ que fiqe no outro et despoýs aa morte do pstremeyro/ devos a hũa pesoa por vynte et nove ãnos cal opostremeyro de vos nomear en/seu testamento. Cõn ven asaber que vos aforamos anosa vinna que chamã dos moý/nhos (sic) que he en alvaroe frygresia de Sta Mª de Neda que testa esta vinã de Afonso/torrado [[potius quam lectio ‘Dorado’]] et departe da erdade que foý de Domingo Eãs do Ferrol, da […6] da veyga/ Et cõmo se de parte da ẽrdade de afonso douteÿro et de Fernando Lesta. Ittem vos afora/mos ẽna maneýra que dito he a outra nosa vinã que hẽ ẽno dito lugar dalvaro/rroe (sic) que testa na de domingo pascal (sic) da hũa parte et doutra parte testa na/ vinã de afonso douteýro et departe da vĩna de domĩgo fernandes as quaes ditas/vĩnas vos aforamos por tal pleito et condiçõn que vos, et a outra pesoa que nomear/des cõmo dito he qas lavredes et podedes et reparedes por vosa vista ben/ et sen maliçia en cada hũ ãno avista de omeẽs lavradores et auedesnos/ de dar en cada hũ ãno bẽn et verdadeyra mẽnt aaboa fe et sen mao engano/ da dita vina dos moýnos a qarta parte do vino que deus en ela der da bica do/ lagar ou das huvas pelo sesto cal mas for nosa voontade. Et da outra/ vina de suso dita et testada dardes nos en cada hũ ãno ena maneyra/ sobre dita a carta parte do vinõ que deus en ela der en vida de mĩ o dito prior/ Et despoýs da morte de mĩ o dito prior qas ditas vinas ambas et duas que vos/fiquen aforadas por la qarta parte de todo o vĩno que deus en elas der en cada/ hũ ano segundo dito he. Et estas ditas vinas nẽn o bico? et aforamento dellas nõ ave/des avender nẽ sopirorar nẽ traspasar aoutra pesoa sem preçençia do dito/ mosteiro et Bos et convẽnto del. Et dspoýs da morte deavos todos qas ditas vĩnas/que fiquen ao dito mosteiro libres et desenbargadas de vos et de vosas voses cõ todos/ os boos paramentos que en elas forem chantados et nos outorgamos faservolas/ de pas a direýto pelos bees do dito mosteiro que vos pera elo obrigamos. Et eu o dito durã/ Fernandes ẽ nom de mĩ et da dita mĩna molher et da dita pesoa que asý for nomẽada reçebo/ as ditas vinas e bico et aforamento dellas et outorgo da mĩna parte abregar et compir/ as ditas condições. Et esto hẽ feýto et outorgado entre nos as ditas partes aaboafe/et sen mão engãno. Et estabelesçemos que cal quer de nos que contra elo pasar e o nõ/comprar que peýte aoutra parte a aavos del Reý por nena mjll m[aravedís] da husaull moneda et/ duas cartas que desto mãndamos faser en este tenor fiquen firmẽs feýtas ẽno dito mosteiro/ des días de janeiro. Era de mjll et qatro çentos et oyto anos. Testigos domĩgo Fernandes de neda/ vaasco esqío, Roý novo, Afonso de Cornýdo, Johan gines et outros. Et eu, Johan Fernandes notario/ del Reý ẽnos coutos de san Martino de Juýva aesto presẽnt foý et escrivý et pus aqi meu/ sinal [signum] Este he o traslado da carta sobredita a qal eu afonso douteýro notario pubrico/ de neda aquí trasladey de vico a vico ben et verdadeirament segundo que o na dita carta/acheý et por mãndado et outaridade de afonso rodriges de villa donega allcallde da villa [olho, o duplo l é em galego-portugês mudo] de/ neda que me mandou, e deu auturidade para elo, et a pidimẽto de afonso rodriges prior do mosteiro de/ San martinho de juýva a que perteescíã et mãdou que valvese o dito traslado et fesese fe de / que paresese asý como o ouriginal. Feýto foý o dito traslado vynt et çinqo días de agosto ano do nasçemento de noso sẽnor jhũ xpõ [Jesús Cristo] de mjll et qatro çentos ãnos tes[tigos] que virõn a dita / carta do ouriginal pedro vidal dos paasços, pedro pinheiro maria cacheiro?, afonso días gago, Fernan moço et/ andrade’ et outros. Et eu afonso douteiro notario sobre dito/ que atodo esto present foý et escrivý este traslado et en el pus/ meu nome et meu sinal que tal he e confirmo. Narón, un Concello con Historia de Seu Tomo II ,518
ANO DE 1369, 12 DE XULLO DE 1372 /12 DE JULHO DE 1372
O Prior Xoan Esquío co coengo Afonso Fernández afora a varias persoas -un tercio de quiñón a cada un-, a herdade de Sequeiro de Susão, na frigresía de Sta. María de Sequeiro / O Prior Juan Esquío com o coengo Afonso Fernández afora a várias pessoas -um tercio de quinhão a cada um-, a herdad de Sequeiro de Susão, na frigresía de Sta. Maria de Sequeiro.
[AHN, Juvia, Cód. 63B, nº 38. 24 x 25cm]

AHN Juvia Cod n 63B n 48v ‘dose dias de juýo era de mjll et qatro çẽntos et des anos’ [Ano 1372]

AHN Juvia Cod n 63B n 48 24 x 25 cm Transcr. literal do doc. de André Pena “Sabã qantos esta carta víren como eu Juã Esqío, prior do moesteýro de sãn Martinho de joýva et eu afonso fernãdes coẽngo/ do dito moesteýro ẽn nõme de nõs et do convento do dito moesteiro aforamõs a vos pedro pita morador ẽna/ filigresia de Sãta Maria de Seqẽiro et a vosa molher maior rrodriges et aos fillos et fillas q̃(ue) ambos ouverdes hũ/ do outro ẽn hũa terça parte et a bos Tareisa rrodriges et avoso marido pedro martines et avosos fillos et fillas que ambos/ ouverdes ligĩtimos anbos ẽna outra tẽrça parte et abos lopo rrodriges denbaade fillo q̃(ue) fostes de fernã lopes et / de maior afonso ẽna outra terça parte cõmo vagar de hũ ẽn outro ata ãmorte do postrimeiro. Conben asaber/ que vos aforãmos Ameatade de toda aerdade q̃o dito moesteýro ha ẽn seq̃eýro de susão filigresia/ de stã maria de Seq̃eýro da qal dita erdade tẽn outra meatade johãn rrodriges et seus ýrmãos et abedes de / dar por rrenda ẽn cada hũn ãno aodito moesteýro ẽn dia de Sãn Martinho qatro m̃rs [maravedís] et medio desta moneda/ husal q̃ fasẽn des dineyros ho m̃r [maravedí] en esta maneira ẽn vida de vos os ditos pedro pita et tareisa rrodriges et/ lopo rodriges cada hũ ãno asua parte destes ditos qatro mrs et meo Et de poỹs de vosas mõrtes os ditos/ vosos fillos et fillas Et pesoas sobre ditas que pagẽn ẽn cada hũ ãno ao dito moesteýro por lo dito/ dia de sãn martinho os ditos qatro mrs et mẽo por la dita rrenda et dous par de capões Et esta graça/ vos fasẽmos por la sesta parte do casal que he ẽn pousada de leýxa cõ as erdades Et chan/tados q̃ vos dades ao dito moesteýro Et abedes de ser ãmjgos Et obidiẽntes Et mãndadeos ao dito moesteýro/ Et ao dito prior e dõnos del Et esta dita erdade nõ avedes de vender nẽ sopẽnorar nẽ traspasar aaoutra pesoa/ salvo abos huũs aoutros ou aodito moesteýro tãnto por tãnto Et aa mõrte do postremeiro de vos adita/ erdade fiqe aodito moesteiro libre et desembãrgada cõ ameatade dos chantados et perfeýtõs qe ẽnla feser/des Et ho dito moesteýro faser vos la de pas as ditas erdades Et nos os ditos pedro pita et tareisa rrodriges et lopo/ fernandes (sic) rreçebẽmos adita erdade ẽn nõme de nõs et das pesoas sobre ditas Et outorgado entre nõs as ditas partes/ abõa fe Et sẽn mãl engãno Et estabelleçẽmos q̃ qal quer de nos q̃ contra esto pasar et ho nõ qeser teer et/ gardar q̃ peýte aotra parte Et aosenõrio por pẽna Et pustura dous mj̃ll mrs da dita moneda Et desto mãda/mõs faser duas cartas ẽn hũ tẽnor Et fiqen firmes feýtas ẽno dito moesteýro dose días de Juýo ẽra de mj̃ll Et qãtro cẽntos et dẽs Anõs testigos domj̃go lopes afonso de cornido juã da cruz juã gomes de rriana Et outros/ et eu Johan Fernandes notario del rrey ẽnos coutos del moesteýro de san martinho de joýva present/ fuy et em mj̃na presença o fise esqrivjr et esqrivý et puse aq̃ meu sȳ̃nal q̃ tal he [signum (laço infinito celta)] lect. de A. Pena. Narón, un Concello con Historia de Seu. A Terra de Trasancos Ollada dende os Mosteiros de Xuvia e Pedroso na Idade Media. Tomo II ,518, 519

Narón, un Concello con Historia de Seu. A Terra de Trasancos Ollada dende os Mosteiros de Xuvia e Pedroso na Idade Media. Tomo II, Apéndices ,518, 519 1 ẽna; 2 molher; 3 maior; 4 […] [texto duplicado]; 5 rodriges; 6 maior; 7 susão; 8 rodriges; 9 vos dades; 10 esta dita erdade; 11 de vender nẽ; 12 synal
6 DE OUTUBRO DE 1374
Foro do Prior Xoan Esquío a Xoan da Fraga e Andonça Fernandes, veciños de Neda, e os seus fillos, e a Xoan de Anca de varias herdades, agro de Vao, Batiçado, Verea, etc; Portocarreiro, Gosende, etc., en San Pedro dAnca / Foro do Prior Juan Esquío a Juan da Fraga e Andonça Fernandes, vizinhos de Neda, e os seus filhos, e a Juan dAnca de várias herdades, agro de Vao, Batiçado, Verea, etc; Portocarreiro, Gosende, etc., em São Pedro dAnca
[AHN, Juvia, Cód. 63B, nº 52 , 45 x 21cm]

A. Pena. Narón, un Concello con Historia de Seu. A Terra de Trasancos Ollada dende os Mosteiros de Xuvia e Pedroso na Idade Media. Tomo II ,519, 520 [piror, “prior”, mesteyro “moesteyro”]
29 DE OUTUBRO DE 1374 / 29 DE OUTUBRE DE 1374
O Prior D. Xoan Esquío e convento de Xuvia afora a Gonzalo Esquío veciño de Ferrol e os seus fillos o casal de Ínsoa, a metade do casal de Recemil que o tivera antes Fernán Tiñoso, o casa da Asadoyra e a metade do Agro da Viña/ O Prior D. Ihoan Esqio e convento de Juvia afora a Gonçalvo Esqío vizinho de Ferrol e a seus filhos o casal da Ínsoa, a metade do Casal de Recimil, que o tinha tido dantes Fernán Tinhoso, o Casal dAsadoyra e a metade do Agro da Vinha
[AHN, Juvia, Cód. 63B, nº 7. 17 x 25cm]

AHN, Juvia, Cód. 63B, nº 7r [o número 7 figura investido e parece um 4] 17 x 25cm. Et iterum dico, sen dúbida por descuido, a marca de auga, innecesaria por reiterada, molesta a lectura das regras 19 e 20

AHN, Juvia, Cód. 63B, nº 7. Regra 2 ‘apartados’ ajuntados; r 6 ‘divisõns’ divisões; r 10 ‘ten’ tem; r 16 et ‘et’ , et eu; esta ‘carta’, esta graça; r 17 ‘estrellas’ estellas; r 29 ‘sen’ sem; r 30 ‘tian’ ajã. // ‘ten’ tem ; ‘sen’ sem A. Pena. Narón, un Concello con Historia de Seu. A Terra de Trasancos Ollada dende os Mosteiros de Xuvia e Pedroso na Idade Media. Tomo II ,520, 521
[ad continuandum]