A ORIXE DOS COUTOS, DAS XURISDICCIÓNS, DOS ESCUDOS E DAS BANDEIRAS MUNICIPAIS GALEGAS. NARÓN: VEXILOLOXÍA E HERALDICA

ANDRÉ PENA GRAÑA

É escolma das páxinas 41 a 94 do libro editado, con o epígrafe que encabeza este post, hai vinte anos polo Concello de Narón. 1ª Ed. xullo de 2002. DL C-158/2002

21
B) PATRONATO E CLIENTELA […] [CELTOGALAICO] COMO A ORIXE DO SISTEMA FEUDAL / B) PATRONATO E CLIENTELA […] [CELTOGALAICO] COMO A ORIGEM DO SISTEMA FEUDAL / B) [GALICIAN-CELTIC] PATRONAGE AND CLIENTELE AS THE ORIGIN OF THE FEUDAL SYSTEM

clausulas cronolóxicas feudovasaláticas. Tres voces e o postromeyro

A persistencia destas cláusulas [e non a conxuntural disposición das casas, evolucionando cos séculos], proclaman a adscrición de Gallaecia á Civilización Celta da Europa Atlántica. Están redactadas en latín, mas non se encadran no sistema xurisdiccional latino. Como o expresa Tácito, os jurisperitos romanos utilizan para dominar aos pobos celtas conquistados suas propias estruturas de poder e común sistema xurisdiccional. A persistencia destas cláusulas [e não a conxuntural disposição das casas, evoluindo com os séculos], proclamam a adscrición de Gallaecia à Civilização Celta da Europa Atlântica. Estão redigidas em latín, me as não se enquadram no sistema xurisdiccional latino. Como o expressa Tácito, os jurisperitos romanos utilizam para dominar aos povos celtas conquistados suas próprias estruturas de poder e comum sistema xurisdiccional. The persistence of these clauses [and not the conjunctural arrangement of the houses, evolving with the centuries], proclaims the ascription of Gallaecia to the Celtic Civilisation of Atlantic Europe. The clauses are redacted in Latin, but they do not fit into the Latin legal system. As Tacitus puts it, to dominate the conquered Celtic peoples Roman jurists used their own power structures and the common Celtic jurisdictional system .

Remontándose probablemente os horizontes indoeuropeos desta institución a tempos moi remotos, coñecemos a orixe en occidente do beneficio [beneficium] e do patronato [patronus/cliens], base do sistema feudal, nun mutilado pasaxe de Festo 29 no cal se sinala como os patroni distribuían entre a clientela [clientes] mais pobre e limitada en recursos: os tenuioribus, para que as traballasen, precaria, “parcelas en precario” [precarium], obtendo así os ditos patroni a súa clientela segundo un sistema semellante ao descrito por Tácito 30 para os xermanos, ben coñecido nas culturas célticas de base Territorial e abondo testemuñado no rexistro epigráfico da Gallaecia 31 (Pena Graña: 1992, p. 133).

Máis a interdependencia de obrigas entre patróns e clientes ten no universo celta uns limites temporais, reducíndose estes límites na familia lexítima a tres “voces” (véxase a derbfine céltica). Designando na Idade Media tanto a propiedade como a xeración, a voz non ultrapasa alén do avó en liña directa nin vai colateralmente máis alá dos primos segundos, isto é do sexto grao [Pena Graña: 1992, p. 293 – 94] como amosan P. de Francisci 32, a epigrafía galega, CAMALVS VLPINI F. CELTIVS F., p.e.; e os nosos foros, fósiles institucionais que toman o nome da asemblea estacional Oenach / Forum, onde nacen e pervivirán en Galicia ata o S. XIX.

[Addenda]

VETERE AC IAM PRIDEM RECEPTA POPULI ROMANI CONSUETUDINE [Tácito]

celtic-common-law ALBION

“Irlanda non conquistada por Roma até a adopción do cristianismo o século VI mantivo sen interferencias as institucións; ou até a invasión normanda (800,1169); ou a conquista polos Tudor (S. XVI).
Irlanda não conquistada por Roma até a adopção do cristianismo no século VI manteve sem interferencias as instituições; ou até a invasão normanda (800,1169); ou a conquista pelos Tudor (S. XVI).

Topographia Hibernica de Gerald of Wales redigida ca. 1188, pouco depois do remate da invasão normanda de Irlanda. British Library Royal MS 13 B VIII, c. 1220

Os reis galeses coa súa clientela, os bonheddigion gobernaban como pais de familia o país [Hubert, 466]. Dividido igual que Irlanda en unidades políticas, catro reinos subdivididos en Cantref,  grupos de “Trebas”, -o mór túath, ‘toudo mór’, comprensivo dunhas catro trebas por termo medio, que chamamos comitato, “condado”- , “Territorios” ocupados por clans ou casas nobiliares definidos por fortes lazos parentais e agnaticios. Segundo HUBERT [,441] o sistema funcionou no país de Gales até o século XIV.

Os reis galeses com a sua clientela, os bonheddigion governavam como pais de família o país [Hubert, 466]. Dividido igual que Irlanda em unidades políticas, quatro reinos subdivididos em Cantref, “Trebas”, Territórios ocupados por clãs ou casas nobiliares definidos por fortes laços parentais e agnaticios. Segundo HUBERT [,441] o sistema funcionou no país de Gales até o século XIV.

Famosa tabula hospitalis de Folgoso do Courel [Museo de Lugo] do ano 28 d.C. Documentando como sistema de vincular á derbfine era usado pelos galaicos no seu tráfico jurídico privado.

Mais na Gallaecia Roma aproveitando, ex consuetudo, a pre-existente organización, integrou noso sistema, Celta, cheo de sutilezas, en seu dereito [a, 131-150]. Convertendo o sagrado lugar forum/oenach/conventus, efémera capital estacional das reunións interterritoriais de tres das confederaçãos que conformaban Gallaecia en tres estábeis cidades Bracara, Lucus e Asturica.

Os romanos, está claro, non se complicaron a vida organizando aos pobos celtas; seus jurisperitos, como conta Tácito, adaptándose ao pre existente usaron no seu beneficio o dereito, a organización e a estrutura social e política celta / Os romanos, está claro, não se complicaram a vida organizando aos povos celtas; seus jurisperitos, como conta Tácito, adaptando-se ao pré existente usaram no seu benefício o direito, a organização e a estrutura social e política celta / The Romans, obviously, did not complicate themselves by organizing Celtic peoples; their jurisconsults, as Tacitus tells us, by adapting to the pre-existing, used Celtic law, organization and social and political structure to their advantage.

Mas na Gallaecia Roma integrou, segundo seu costume de aproveitar a pré-existente organização, nosso sistema Celta, cheio de subtilezas, em seu direito [cf. (1991, 131-150) in  https://www.calameo.com/books/00129295721f019b38024 ]. Converteu o sagrado lugar forum/oenach/conventus, efémera capital estacional das reuniões interterritoriais de três das confederaçãos que conformavam Gallaecia em três estáveis cidades Bracara, Lucus e Asturica.

Pasando por conquista as galaicas trebas e toudos a engrosar o ager publicus, eliminou todo vestixio político de unidades superiores -o mór túath, ‘toudo mór’, comprensivo dunhas catro trebas por termo medio, que chamamos comitato, “condado”- [n, 103-121], e devolveu esas trebas ou toudos como conducta, en precarium, ‘precario’, aos que as tiñan denantes, agora conductore, integrou ao príncipe e ao durvede, en homes libres dependentes, en legati [fluidir], en vasalos de Roma [HN (1991, II ed. 2010), 186-203  in http://www.calameo.com/read/00129295754f931ea1d4a ].

Pasando por conquista as galaicas trebas e toudos a engrosar o ager publicus, eliminou todo vestígio político de unidades superiores -o mór túath, toudo mór’, comprensivo dumas quatro trebas por meio-termo, que chamamos comitato, condado- [n, 103-121], e devolveu esas trebas ou toudos como conducta, em precarium, ‘precário’, aos que as tinham dantes, agora conductores, transformando ao príncipe e ao durvede, em homens livres dependentes, em legati [fluidir], vassalos de Roma [HN (1991, 2ª ed 2010 p 186-203  http://www.calameo.com/read/00129295754f931ea1d4a %5D .

Dito con máis propiedade, Roma non devolveu as Terras aos señores, llas aforou, vinculadas as tres voces da derbfine celta herdando a totalidade o fillo sobrevivente da cada transmisión

Narón, un concello con historia de seu III: Señores, Priores e Labregos. Concello de Narón: Equona Deseño Editorial. 2007, 101-103 [ http://www.calameo.com/read/0012929574a92ab424162 ]

Dito com mais propriedade, Roma não devolveu as Terras aos senhores, lhas aforou, vinculadas as três vozes da derbfine celta herdando a totalidade o filho sobrevivente da cada transmissão [HN vol III 2007 p, 101-130] .

29 288L. Moi revelador si o poñemos en sinerxia có estudo do Beneficio e patronato na orixe do sistema Feudal de Fustel de Coulanges [Nouvelles Recherches sur quelques problèmes d’histoire, Hachette, París, 1891]  e o “Ager Publicus” de L. Zancán [Sul Possesso Dell’ ‘Ager Publicus.’ Turin: Vincenzo Bona, 1932, 28]
30 Ceteris servis non in nostrum morem, descriptis per familiam ministeriis, utuntur: suam quisque sedem, suos penates regit. Frumenti modum dominus aut pecoris aut vestis ut colono iniungit, et servus hactenus paret: cetera domus officia uxor ac liberi exsequuntur. Verberare servum ac vinculis et opere coercere rarum: occidere solent, non disciplina et severitate, sed impetu et ira, ut inimicum, nisi quod impune est. Liberti non multum supra servos sunt, raro aliquod momentum in domo, numquam in civitate, exceptis dumtaxat iis gentibus quae regnantur. Ibi enim et super ingenuos et super nobiles ascendunt: apud ceteros impares libertini libertatis argumentum sunt.  / Alén diso, eles usan escravos, ocupados como servos, non do noso xeito […] [ocupados nos oficios da casa]: deixan a cada un levar libremente a súa propia casa e familia. O patrón esíxelle de renda o pago dunha cantidade de trigo, gado e roupas, como (se fose) un colono, e o escravo debe cumprir: súa esposa e fillos fan as outras obrigacións domésticas. É raro o escravos ser azoutados, postos na cadea ou obrigados a facer traballos forzados. adoitan matalos, non por castigo ou severidade, senón cando os cega xenreira e a cólera, como  [fariam com um] inimigo, coa diferenza de que o acto fica impune. Os homes libres non están en mellores condicións do que os escravos e raramente teñen algunha influencia nos asuntos privados, nunca na vida pública, salvo naqueles povos sobre os que mandam reis […] [trebas vasalas]. Alí eles se elevan máis alto que os libres e os nobres: nos outros [povos], a inferioridade dos libres é a proba de que a liberdade existe./ Além disso, eles usam escravos, ocupados como servos, não do nosso modo […] [ocupados nos oficios da casa]: deixam a cada um levar libremente a sua própria casa e família. O patrão exige-lhe de renda o pago de uma quantidade de trigo, gado e roupas, como (se fosse) um colono, e o escravo deve cumprir: sua esposa e filhos fã as outras obrigações domésticas. É raro o escravos ser açoitados, postos na cadea ou obrigados a fazer trabalhos forçados. adoptam matá-los, não por castigo ou severidade, senão cegados pela xenreira e a cólera, como [fariam com o] inimigo, com a diferença de que o acto fica impune. Os homens livres não estão em melhores condições do que os escravos e raramente têm alguma influência nos assuntos privados, nunca na vida pública, salvo naqueles povos sobre os que mandam reis […] [ou trebas vassalas]. Ali eles se elevam mais alto que os livres e os nobres: em  os outros, a inferioridade dos livres é a prova de que a liberdade existe. Tacito: Germ. 25, 1.
31 A. Pena. 1992,  281-314.
32 P. de Francisci: Primordia Civitatis. Roma 1959, 140 ss.

I- UNHA MESMA MELODÍA

Tessera hospitalis de bronce. É este un traslado posterior a bronce do texto orixinal do ano I da nosa era (datación consular). Procede de Monte Cido. O Courel (Lugo).

C(AIO) . CAESARE . AUG(VSTI) . F(ILIO) . L(VCIO) . AEMILIO . PAVLLO . CO(N)S(VLIBUS) / EX . GENTE. ASTVRVM . CONVENTVS . ARAE / AUGVST(A)E / CIVITAS . LOVGEIORVM. HOSPITIVM . FECIT  . CVM / G(AIO) . ASINIO. GALLO [1ª voz] LIBEREIS . POSTEREISQVE . EIVS  / [2ª voz] EVMQUE . LIBEROS. POSTEROSQVE . EIVS [3ª voz] SIVE . LIBE/REIS . POSTEREISQVE . SVIS . PATRONVM . COOPTARVNT/ ISQVE . EOS. IN . FIDEM . CLIENTELAMQVE . SVAM . SVO / RVMQUE . RECEPIT / EGERVNT . LEGATI /SILVANVS . CLOVTI / NOPPIUS . ANDAMI

Tabula hospitalis da  Civitas Lugeiorum. Ano 1 da nosa era [datación consular] . [Trátase claro está de un traslado moi posterior do orixinal (Pena Graña) feito lóxicamente noutro soporte perecedoiro, cera ou pergamiño, un traslado ao bronce, feito, sen dúbida [, lonxe do sibilino enredo da Malícia canto mais estimada, mais ignorante], polo  tipo de letra no século IV]: C(AIO) CAESARE AUG(USTI) F(ILIO) L(UCIO) AEMILIO PAULLO CO(N)S(ULIBUS)/EX GENTE ASTURUM CONVENTUS ARAE/ AUGUST(A)E/ CIVITAS LOUGEIORUM HOSPITIUM FECITCUM/G(aio) ASINIO GALLO [1ª voz] LIBEREIS POSTEREISQUE EIUS/ [2ª voz] EUMQUE LIBEROS POSTEROSQUE EIUS [3ª voz] SIVE LIBE/REIS POSTEREISQUE SUIS PATRONUM COOPTARUMT/ ISQUE EOS IN FIDEM CLIENTELAMQUE SUAM SUO/RUMQUE RECEPIT/EGERUNT LEGATI/SILVANUS CLOUTI/NOPPIUS ANDAMI “Publicado por G. PEREIRA MENAUT in Veleia NS 1. p. 282. ACTUARON OS LEGADOS SILVANO FILLO DE CLOUTO E NOPPIO FILLO DE ANDAMO os dous magistrados da Treba de dúplice función soberana// En Galiza como en Irlanda concedian os principes as conducta, “terras en precario”, aos servidores ou vasalos [conductores ]. É o que ilustra a epígrafe de Remeseiros. Roma restaurou aos nemitos, “nobres”, galaicos com condições nos senhorios familiares, nas trebas , e, dentro das trebas, nos castros. Cedeu-llos [en enfiteuse, en préstamo de uso vasalático] por tres voces. Dito de outro modo, devolveu-lhes as trebas ou toudos da prosapia literalmente “aforadas”; e os antigos propietarios pasaron de modo técnico durante varios séculos a conductores do que lhes era propio, a tenedores (em Irlanda fluidir) dum ius in aliena re, levadores da perdida facenda, agora chamada conducta, por as tres vozes  da derbfine celta, transmitindose  o vínculo dos bens en réxime proindiviso ao derradeiro en morrer ‘ao postremeyro’, en cada transmisión. Obrigados a perde-la e a retomá-la, o mos pesimus, uma e outra vez como Sísifo cumprido o prazo legal e a transmitir segundo a Celtic Law a situação jurídica a prosapia durante o decurso de três gerações, como se fossem ‘servos hereditarios’ [chamados em Irlanda senchléite,“de Casa Velha, de vínculo herdeditario”. Vae victis!  [p, 103-121]  Si  ao mondote discurso historiográfico vixente lle costa traballo entender esto hoxe  Podeste imaxinar, caro lector o que lle costaría hai vinte anos? (1992)”

A cláusula que estende a tres voces a temporalidade das obrigas mutuas entre o patronus e o cliente do hospitium que aparece nunha placa de bronce achada nun lugar de Lugo

“[…] / Civitas Lougeiorum hospitium fecit cum / G Asinio Gallo [ 1º VOZ] libereis postereisque eius / [ 2ª VOZ ] eumque liberos posterosque eius [ 3ª VOZ ] sibe libe / reis postereisque suis patronum cooptarunt isque eos in fidem clientelamquesuam suorum recepit / […]”.

Ou noutra táboa hospitalaria de Carbedo ou Folgoso do Courel, conservada no Museo
de Lugo,  recollendo o traslado un hospitium do ano 28 antes de C [datación consular]

O Comum Direito Celta confere decorridas três gerações a um beneficiado ou condutor [bó-aire em Irlanda], a plena propriedade de sua condutabeneficium ou comenda [iv]. O bó-aire decorrido o plazo legal das três vozes, se converte em flath [o rango do locador], adquire pleno direito sobre a propriedade.
Cogidubnus ou Tongidubnus [falecido no ano 83] intitulou-se segundo Cunliffe e Rusell Ard ríRex Magnus Britonum “Grande Rey, Imperadordos Britones”; – com independência das lectiones da quinta regra da famosa inscrição RIB 91 atopada em Chichester em 1723 [v]-, fora de toda dúvida como Legatus do imperador, segundo refíreo Tácito em Agricola, XIV, 14:
“Algumas cidades”-escreve Tácito ao final do reinado de Dominiciano- “foram dadas [at/tributae, de onde Attrebates cf. Pena…] ao Rei Cogidumno – (quem se manteve até nossos dias como o mais fiel dos aliados)- segundo a já velha e experimentada prática do Povo Romano, de se valer inclusive de seus próprios reis como instrumentos de domínio [Agricola XIV, 14]” [vi].
Finalizadas as guerras cántabras, Octavio Augusto culminou a conquista de Gallaecia, num século dantes de que Agrícola terminasse a conquista de Britania, entrando no ager publicus, as Terras dos nobres galaicos terratenentes (ai. Flaths), e as dos seus vassalos e servos. Sempre há exceção que confirma a regra, como mostra o chamado Edicto de Bembibre [á 189-203]
Castellanos · Paemeiobrigenses · ex ·/ gente · Susarrorum · […] […] eos · universos · im/munitate · perpetua · dono · quosq(ue) / agros · et quibus · finibus · possede/ runt · […] […] / eos · agros · sine · controversia · possi/ dere · iubeo [vii].
 A terra segundo a já velha e experimentada pratica do Povo Romano de se valer das próprias instituições dos povos conquistados como instrumento de domínio, retornou de novo aos que a tinham dantes.  Mas já não era o mesmo, volta de outra maneira. Augusto, bem asesorado por seu corpo de jurisperitos, retornou essas terras agora do ager publicus, aforadas (para que se entenda) por três vozes (da derbfine celta).
Um contrato sinalagmático fundamentado na Bona Fides [‘patronus si clienti fraudem fecerit, sacer esto’, e vice versa] obrigando a ambas as partes patronus, clientes, nun tenor. Decorridas as três vozes precisava-se o renovo condicionado a fides patroni [hospitium vetustom antiquon renouauerunt]. Assim usando do próprio direito celta o Império, se assegurou o controle e fidelidade da nutrida clientela galaica.

Nos pactos de hospitalidade [á, 270-277p, 103-130], o marco familiar e xeracional do vínculo de clientela e patronato establecese cunha mesma melodía “ sibi, uxori, liberis posterisque suis, eumque uxorem liberoque eius ” 33, constantemente repetida por patrón e cliente, implicados ambos no considerable repertorio de contratos sinalagmático baseados na bona fides, repertorio presente nun mobiliario arqueolóxico institucional que coa proliferación de furtivos con detectores de metais vai hoxe incrementándose vertixinosamente.

A cláusula:

[…] Tillegus Ambati f ( ilius ) Susarrus /  ) Aiobaigiaeco [Aliobrigiaeco] hospitium / fecit cum Lougeis Castellanis Toletensibus ( 1ª VOZ ) sibi uxori ( 2ª VOZ ) liberis posterisque suis ( 3ª VOZ) eumq / ue uxorem liberoque eius in fidem clientelamque sua/m suorumque […] / […] / […] receperunt […],

é idéntica, verba a verba, á cláusula que se emprega para establecer a mesma temporalidade das obrigas mutuas na Galicia Medieval entre o  conductor e o locator dun foro.

Primando para a sucesión e para a tenencia e disfrute da cousa locada -como “préstamo de uso vasalático” ou como ius in aliena re –  , a pura e simple supervivencia nunha sociedade cabaleiresca, onde, no taboleiro do xogo marcial, exponse, a cotío, a vida do cabaleiro, pois, en verbas de Mª Jesús Carreira Arós e A. Pena: a guerra indoeuropea

“A valentía no combate corpo a corpo, distingue ao heroe, ao campión –ao indoeuropeo Goliat do non indoeuropeo David, que, covarde e arteiro, loita, rexeitando con deshonra o combate singular proposto por aquel, a distancia, cunha fonda”

“é cabaleiresca, é o escenario do honor e das regras de cortesía onde no ethos cabaleiresco indoeuropeo opóñense e preceden ao disciplinado bellum o desafío, o combate singular, o duellum do latín arcaico […]” e “[…] a valentía no combate corpo a corpo, distingue ao heroe, ao campión –ao indoeuropeo Goliat do non indoeuropeo David, que, covarde e arteiro, loita, rexeitando con deshonra o combate singular proposto por aquel, a distancia, cunha [34 Pena Graña: 1992, 292-314]  fonda-, e co seu esforzo persoal garántelle a estima dos compañeiros de armas e de fatigas e, xa na tranquilidade da paz, un honroso posto na mesa do señor por quen se esforzara co seu corpo, unha copa, distinguida entre as demais e o bocado reservado do campión que todos apetecen […] -amable comunicación dun traballo de Mª Jesús Carrera Arós e A. Pena Graña [en 1992  inédito -.]”

Nun sistema de rara perfección (onde premiándose a persistencia da liñaxe “postromeyra”, ante a selección natural -si é que o feito de ser ocampión comporta garantías de supervivencia- ante a fortuna, e ante a lei de vida, os dereitos adquiridos polo azar, pola prelación de nacer, esto é, os dereitos de primoxenitura ou de morgado, ceden estrepitosamente) o víncallo ou a voz vaise pasando aos superviventes, dos pais aos fillos, e destes ao ao derradeiro deles en morrer, ao “postremeiro” que o herda todo.

Esta obra mestra do entalle minoico, representando a heroica loita dun home contra dous guerreiros, atopouse, xunto a un espello e un pente, no Pazo de Pilos, na tumba dun nobre da Idade do Bronze .

En estado puro, o berce institucional da sociedade heroica indoeuropea, é dicir os alicerces do sistema articulatorio das relacións feudovasaláticas, o “beneficium” e o “patronatus” Celta, o primordial sistema de locación-conducción, chegaría en Galicia intacto ata o final da Idade Media [p, 101-130] , residualmente fosilizado ou “encapsulado” no sistema foral onde ao longo de tres xeracións, usualmente ligadas ao aproveitamento dun determinado beneficium, o sobrevivente herdaría as obrigas mutuas, transmitíndoas os seu fillos e netos :

[…] Nos, Johan Fernandez, prior do moesteyro de San Salvador de Pedroso […] aforamos a vos, Fernan Peres Tinnoso de Ferrol et a vosa muller María Rodriguez, et a todos los fillos et fillas et neptos que anbos ouverdes de consuun, et de vos et deles descenderen; morrendo huns que vagen nos outro, ata a morte do postromoeyro de vos et deles; et ata a morte do postromeyro a sua voz por mais tenpo de vynte et nove anos […]. (Ano de 1314, 12 de xullo. C. D. P. nº 20. in Enrique Cal Pardo: 1984, p. 252)


ou:
Saban quantos esta carta de foro virē cõmo nos Antõ lopes, prior do m° [mosteiro] de San martinno de jubia estãdo/ dentro enno mosteiro de san martino ante oaltar maor do dito m° por cãpaa tangida segundo que avemos/ de huso et custume outorgamos e conosçemos que Arrandamos et Aforamos a vos, Juan Cardon, fillo / de Lopo Cardon para vos en vosa vida et para vosos fillos et fillas et netos, husando vos primeiramente et des/poys de vos os ditos vosos fillos et fillas et netos, morrendo huūns que vague ēnos outros et de hū ēno outro ata / a morte do postremeyro de vos et dellos, ýndo hūs apos los outros de grado en grado […] [Ano de 1468, 4 de xullo. AHN. Xuvia cod. 63b. nº 76. Trans. A. Pena Graña: 1992, p. 583].

[,24] Tanto nos hospitia coma nos foros galegos estamos seguramente ante unha forma de vincular á liñaxe conductora ou cliente có locador ou patronus “por reversión”, un sistema dos máis perfectos que poidan existir ao preterir a prelación do nacemento á garantía dunha liña sucesoria da tronquedade, na que, indivisas, permanezan as propiedades vinculadas. En caso de que esta liñaxe se cortase (por non haber herdeiros directos) recorríase en Galicia na Idade Media a unha institución xurídica de orde sucesoria coñecida como “Foro da troncalidade” que permite sen ter en conta o parentesco ou proximidade de grao voltar ao tronco do que proceden os bens familiares:

“[…] A sentencia xudicial dictada polo juys comisario do sennor
Fernan Pérez d`Andrade [– Vasco Rodríguez, en A Pontedeume o 22 de febreiro de 1469-, resolve un preito entre os irmáns Juan Fernández de Ferrol, por unha banda, e o seu tío Roi Paas fillo de outro Pedro de Ferrol ( o terceiro de deste nome ) pola outra. O preito estableceuse-] “ sobre rason da cortinna da Xorda et posison et propydade dela, a cual dita cortinna ias açerca da villa de Ferrol, onde se acustuma lavar as redes e enxugar […] e bisto de commo o dito Roy Paas probou por escrituras publicas, a dita cortinna seer do moesteyro de San Salvador de Pedroso; et bisto de commo o Prior Gomes Fernandes, con seus canonicos […] aforou a dita cortinna con outras herdades et cousas a Pedro de Ferrol, padre de dito Roy Paas et de Fernan Rodrigues, seu yrmao, por en dias da sua vida do dito pedro de Ferrol et da sua moller Milia Fernandez et dos fillos et fillas que abian et oubesen den consun et do postremeyro deles; et visto de commo aa morte do dito Fernan Rodrigues os ditos foros ficaron et vacaron et o dito Roy Paas soçede en elles de dereyto por ser o postromeyro fillo; et bisto de commo os ditos Juan Fernandez et Pedro de Ferrol, seu Yrmao, se fesseron reveldes et non queseron pareçer […] fallo que o dito Roy Paas probou ben cuplidamente sua entençon et que lle devo julgar et julgo a dita cortina etposison et propiedade dela durante o termino e condiçoes do dito foro; et que debo poner et pono perpetuo silençio aos ditos Juan Fernandez et Pedro de Ferrol, que non molesten nin inquieten sobre la dicha cortynna , et que os debo condenar et condeno en as custas et reteno en min a taixaçion delas.”

É dicir, á morte de  Pedro de Ferrol III pasou a voz a Roi Pas (de Mandiá e Parga) casado con Urraca Fernández, e a Fernán Rodríguez (casado con Maior Fernández) o seu hirmao, e, ao morrer Fernán Rodríguez vagou a voz ao postremeiro deles, ao sobrevivente : Roi Pas. Os sobriños de este Roi Pas, Juan Fernández de Mandiá (notario da segunda Revolta Irmandiña) , e Pedro de Ferrol IV, netos estes de Pedro de Ferrol III, perderon a voz e todos os dereitos do foro ao morrer o seu pai Fernán Rodríguez e ficar e vagar os foros ao seu tío Roi Pas, de acordo co arcaico sistema [, 25] (empregado xa, como agora veremos nos hospitia celtogalaicos e do Noroeste) polo que se rexen os foros, que vinculaban dende a súa remota orixe institucional a transmisión (do precarium e das obrigas mutuas) á liña sobrevivente da derbfine”. [A. Pena 1992]

A confusión entre unha xeneralizada descendencia, entre posteri “os que an por vir ” ou virán, e os últimos da fila postremi “os postremeiros”, non debe ladear o feito de que tan refinado sistema na Idade Media, daba xa pé, tal e como amosa a mencionada sentencia do Bacharel en Decretos e Xuíz comisario de Fernán Pérez de Andrade Vasco Rodríguez, por arcaico, a numerosos problemas sucesorios. Con todo a exacta secuenciación das tres “voces” é irrecusable.

Así a secuencia da tessera hospitalis de bronce do Folgoso de O Courel (Lugo), do ano 28, na que os lougueios aceptan in fidem clientelamque a Tilego, [“O Agudo”, ps. IE *stei ], fillo de Ambato “Satélite”, “Cliente”, “Cabaleiro (de Acostamento)”, encóntrase xa  vinte e sete anos antes cando esta civitas dos Lougueios, mencionada na tabula hospitalis do Museo de San Antón (A Coruña), toma como patrono a Asinio Galo quen os recibe in fidem clientelamque suam suorumque. Apréciase a caducidade destas voces no hospitium de Asturica Augusta do ano 152 d. C., que renova e amplía a outras gentes un pacto de hospitalidade das gentilitates dos Desoncos e Tridiavos pertencentes a gens dos Zoelas do ano 27, porque transcorridas xa as voces houbo prescrición.

HOSPITIVM VETVSTVM ANTIQUOM RENOVAVERVNT

Este é así mesmo o sentido do hospitium de Castromao do ano 132 d. C., no que os Coelernos renovan có prefecto da cohorte I dos celtiberos Caio Antonio Aquilo, oficial do campamento que teñen eles máis á man e representante en remota instancia do emperador, un vínculo xa caducado [, 26].

En 1997 (35) sinalamos como hai sesenta anos March Bloch (36) advertira a evidente existencia, para el, na Primitiva Europa non soamente de xefaturas rurais ao fronte das cales se acharían príncipes de carácter hereditario, senón tamén a dunha base común institucional xa ben desenvolvida.

E, hai trinta e cinco anos, Stuart Piggot remontou as estructuras célticas e xermánicas a un ambiente indoeuropeo común á Europa do segundo milenio da nosa era “ coas súas xerarquizadas obrigas de relación e servicio que a miúdo chamáronse feudais” (37), este é o marco que vimos estudiando, practicamente en solitario, dado o reducido alcance dos nosos seguidores que ladean o mundo medieval, dende 1991 na Terra de Trasancos.

“Recentemente […], [deciamos em 1999-2000], estas cuestións estanse a planear con desigual fortuna pola historiografía española, en xeral retardataria con respecto as nosas investigacións do ano 92, tras do Congreso de Salamanca celebrado os días 24, 25, e 26 de outubro de 1998 dedicado a debater as teses continuistas de Abilio Barbero e Marcelo Vigil baixo o epígrafe ‘La formación del feudalismo en la península Ibérica un balance historiográfico’, onde sen dúbida por motivos de dificultade lingüística, o noso traballo, en galego, capaz de aportar algunha luz a este problema, e a realidade Galega, diante do silencio culpable dos seus voceiros, ignoráronse”.

“Esta marxinación da realidade institucional “inmobilista” atlántica que se aprecia en Arturo Ruiz (1998, pp. 91- 102) -quen comeza o seu traballo dicindo:

“ A aristocracia Ibérica é producto dun longo proceso cuxa base remóntase na Península Ibérica ao menos ao Segundo Milenio […]” -,

compénsase parcialmente por Francisco Javier Lomas (Parochiale Sueu[or]um 103-1169 quen, en “Vixencia de un modelo historiográfico. De las sociedades gentilicias en el norte peninsular a las primeras formaciones feudales”, se ocupa do caso galego, ratificando o exposto ao longo de este traballo e sinalado por nos en 1991 e 1992:

“Si do movemento priscilianista volvemos os nosos ollos ao Parochiale sueuum observamos cómo o Cristianismo, alí expresado [-como sucedería en tódolos países celtas da Europa Atlántica-] mediante as sedes episcopais (en número de 13) e as parroquias que lles son adscritas, é unha realidade rural, non urbano. Cidades seguras alí nomeadas son
Bracara Augusta, Coninbriga, Lucus Augusti, Asturica Augusta, Legio, Bergidum Flauium; as máis (sedes é parroquias) fan referencia a realidades sociais indíxenas xa coñecidas por nos a traveso da documentación altoimperial (é o caso de Equesis, Pannonias, Tongobriga, Cavarcos, Bibalos, Geurros, Pesicos, Pestemarcos, Coporos, Celticos), o ao asento de grandes propiedades (Curmiano, Villa Gomedei, Cantabriano, Carisiano, Marciliana, por exemplo), amén de 25 pagi […]. Dúas realidades sociais, e por ende económicas distintas houbo ¿É necesario enfatizar esta consideración?  Unha vivindo ao norte da

35  Pena Graña, Andrés: Os Celtas da Europa Atlántica. Ed. Concello de Ferrol 1999, pp. 126-136.
36 M. Bloch (1939-1940) La Société Féodale.
37) S. Piggot (1965,  60). Ancient Europe from the Beginnings of Agriculture to Classical Antiquity: A Survey. Edinburgh University Press (Edinburgh)

[, 27] Lomas [refírese  á cantábrica aínda que polo tenor das citas que ven de mencionar o macizo galaico convíñalle máis] a outra ao sur […]. A eminentemente setentrional viviu ao longo da época romana cuns lazos políticos con Roma que non son ben coñecidos. A rareza, cando non a carencia [isto é un tópico entre os anticuarios, sendo probablemente a nosa documentación e epigrafía, omitimos lembrar que Lomas ven de mencionar ao Parochiale sueuum, a máis completa, reveladora, rica e, con moito, significativa da península Ibérica], de documentación impide pronunciarse, sequera por aproximación, sobre a natureza, e sobre todo profundidade, dos vínculos políticos mantidos con Roma a traveso dos órganos pertinentes. Todo, non nembargantes, parece indicar que Roma nunca chegou a ter pleno control de tais [e a presencia dos destacamentos militares ao longo da dominación roman podería ser testemuña diso ] territorios, se ben é certo que ao menos determinadas áreas estaban máis en contacto con Roma que outras [Francisco Javier Lomas (1998, 110-111)]”.

Julio Mangas pola súa parte, nun traballo, sen dúbida interesante, máis pouco novedoso e aparentemente inzado de tópicos, dedicado as “Pervivencias sociales de Astures y Cántabros en los Modelos Administrativos Romanos (1998, pp. 117-128)” incidindo de novo sobre fontes basicamente procedentes dunha Gallaecia Antiga que, sen dúbida por descoido, empregando o chamado “Principio Orwelliano” paradoxal e ostensiblemente ladea e ningunea, parece non comungar (nin comungaría de coñecelas coas nosas) coa tese continuativa das institucións dende o mundo prerromano ao medieval de Barbero-Vigil sostendo aínda que

“Na área oriental dos astures e na maior parte da área cántabra, más distante dos grandes centros económicos e das grandes vías de comunicación, as formas indíxenas tiveron unha duración mais larga aínda que deixaron tamén de testemuñarse no século III p. C. [ ibi.,  128]

O presente traballo tentará demostrar que esto non foi así.

En ese espacio de tempo que vai de Bloch a Piggot, fascinados pola mirada de D. Carlos Alonso del Real, enterraban os estudios institucionais de Cuevillas e de Serpa Pinto e, con eles o espírito do Seminario de Estudios Galegos, os arqueólogos e anticuarios galegos sumindo ao país, privado de aquela voz potente, na chamada “Cultura” -Longa Noite de Pedra conviríalle máis- “Castrexa”.

Hoxe sabemos, e esto para demostrar a continuidade que nestes papeis postulamos é particularmente importante, por estudios de antropoloxía xenética da facultade de Bioloxía de Santiago, que os galegos, unha etnia Atlántica de seu, levamos vivindo no país, segundo parece, moito máis de seis e de sete mil anos, tempo abondo para formar unha familia cós pobos veciños da Europa Atlántica, tempo abondo para ter deseñado paseniño unhas pautas de comportamento, un modelo de convivencia e de relación ao cabo autárquico, e [, 28] moi estable, asociado, polo menos dende hai seis ou sete mil anos, a unha economía agropecuaria redistributiva, un modelo de subsistencia e supervivencia autárquico, un modelo plenamente desenvolvido no Neolítico Atlántico no que un enxeñoso e sinxelo sistema de rango e de xerarquía, unha rara e sublime articulación de señores redistribuidores e de labregos productores, de obrigas mutuas e de familiaridade, calcado todo elo das relacións parenterais e afectivas do ámbito doméstico, non só bastarán para garantir a unha comunidade tribal, o goberno e a provisión de alimentos, a autarquía e a autarquía necesarias para afrontar, e así dende o Neolítico ata o século XIX, con éxito calquera crise e continxencia social senón que serán posiblemente o berce – e de algún xeito tamén as superviventes- de tódalas institucións indoeuropeas posteriores.


Como se podería tirar das opinións de Ramos e Loscertales (1942), de Blázquez (1977), de Le Roux e Tranoy (1983), de Marco Simón (1989) e de outros moitos, parece habitual confundir o que non se debe, a facies clientelar da briugaid atlántica co concepto moderno de hospitalidade, nin moito menos confundir o clientelismo co ambiente hospitalario, coa cabaleiresca “hospedaxe indoeuropea”, que da pé ao ciclo de Valverde onde o deus travestido en miserable (Pena 1991, p. 52-56) – tal e como unha voz o advirte en Ítaca, cando un escano, lanzado polos pretendentes no salón do pazo bate nun Ulises, trocado en humilde – fulmina e asolaga, así na Sodoma de Lot, na Frixia de Filemón e Baucis, ou na Lagoa de Carregal, a casa e a cidade dos que non o acorren, ambientes propios de “hospedarías” e de “hospitais” dos camiños de peregrinación.

Así, seguindo a Vigil, Eduardo Peralta Labrador (2000, p. 142), con quen, esencialmente compartindo a visión de moitas outras cuestións institucionais, non podemos estar aquí de acordo, envolve ex pari ás dúas partes implicadas nos hospitia da Península Ibérica nun mesmo plano horizontal e igualitario, no que el, -citando a Diodoro (V; 34), a César (B. G. VI, 23), a Tácito (Germania, XXI, 2-3) e a Nicolás Damasceno (Frag. 103)-, denomina “hospitalidade espontánea dos celtiberos”.

Cedendo a palabra a Marcelo Vigil ( 1973 ) quizá podamos ver como se está a facer inconscientemente ao ámbito celtibérico unha transposición apriorística do concepto romano de organización xentilicia artellado nos comicios curiados da época republicana:

“ Como os grupos xentilicios eran comunidades pechadas, nas que só tiñan cabida os membros emparentados descendentes dun antepasado común, as relacións entre eles ou entre membros dun grupo con outros grupos, tiña que darse sobre da base da personalidade propia de cadanseu. É dicir, as gentilitates que formaban parte dunha mesma gens, constituían grupos illados entre si. As relacións entre estes grupos e os seus membros, cando por algunha razón se querían establecer lazos de alianza [, 29] máis estreitos, facíanse por medio dos pactos de hospitalidade ou hospitium que convertían en hóspedes, hospites, mutuos aos que contraían este pacto, segundo os costumes de hospitalidade xeneralizados nas sociedades organizadas de maneira xentilicia. Os grupos ou individuos que establecían pactos de este tipo adquirían os mesmos dereitos, é dicir, que se creaba unha comunidade entre eles, aínda que os grupos actuantes nestes pactos puideron conservar á súa personalidade propia. Non se trata, por tanto, dunha adopción, aínda que esta existira tamén. Os pactos realizábanse en plano de igualdade, sen que houbera unha dependencia dun grupo respecto do outro (Vigil 1973, pp. 261-262)”.

Máis é posible que a organización xentilicia da época republicana que recolle a historia das institucións (in J. Imbert, G. Sautel e M. Boulet-Sautel 1957, p.123-170 ), onde o clan ou grupo reivindicando un antepasado común, unha liñaxe, cohesiónase pola celebración mancomunada dos seus sacra ou cultos privados e a posesión das súas tumbas domésticas, diste moito de ser un concepto igualitario. En efecto

“Non formaban a gens unicamente quen tiveran entre si vínculos de parentesco natural” sinala Heurgón (p. 125), “Ademais dos gentiles propiamente ditos, comprendía tamén a numerosos clientes, nome – “nome inexplicado”, di Heurgon noutro lugar, que procede de ie. *clino, “inclinarse diante de”-, que designa certo grao de dependencia e que se encontra asemade noutros pobos itálicos: os etruscos (etera) e os celtas (ambacti)”, chegando á conclusión de que “ o núcleo primixenio da clientela estaba formado por campesiños sometidos ás gentes dos propietarios rurais quen servíanse tamén deles para as súas milicias privadas(ibi., p. 126)”

e esta definición, de Jaques Heurgon (1976, p. 124 ss.) dista moito de aquela concepción igualitaria de Vigil desconsiderada coa importancia e co alcance das, consonte verticais e xerárquicas, relacións clientelares da organización xentilicia indoeuropea.

II- ORIXES PRERROMANAS DO FORO MEDIEVAL GALEGO

. I- O CONTRATO DE FORO

Concibida a Terra, a Treba, a Civitas, o Popvlvs, a bisbarra, máis como organismo vivo que como mero espacio xeográfico, as ideas Celtas do exercicio da soberanía polo rei e pola Deusa Nai (simbolizadas no Atlántico -como no índico Açvamedha, e no arrecendo Mediterráneo do sanguento despoxo do [, 30] cabalo de outubro as portas da Regia Domo – nas connotacións marcadamente nupciais e equinas de Rhiannon), conforman no Territorio Político, ao abeiro dos seus marcos xurisdiccionais sagrados “de succo mortuorum uel antiquorum”, herdado e reservado pola a nosa liñaxe pretérita para nos, e para os nosos fillos, unha concepción funcional única.

COMAIAM ICCONA LOIMINNA (NN/NH)

En perfecta unión, a Deusa Nai e o seu Rei gobernan en harmonía un todo indivisible, unha orde imperecedoira e natural, un mundo de vivos e de mortos, de presente e de pasado, un espacio con fronteiras naturais e sobrenaturais, nas gentes e nas gentilitates da tribo, da civitas, do pobo, da bisbarra. Trebad é en Irlanda a posesión da Terra en Paz polo soberano, e nunha gradación subalterna por tódala poboación, por tódolos grados da sociedade polo “Grád Túaithe” concepto, na súa xerarquizada estructura vertical, equivalente á gens, deste modo sen máis particularidade cando se mencionan ás gentes dunha treba calquera estase a falar do Grad Túaithe, do conxunto da sociedade.


Da posesión da terra depende a liberdade do home, na concesión da terra descansa a supervivencia e a condición do servo. Base do poder e fundamento do sistema, fonte da subsistencia nunha sociedade agraria, este mecanismo institucional de control realizado sobre a terra é o garante único da orde social, mental, moral e natural da comunidade. En Galicia este control expresouse habitualmente no oenach/forum (Pena 1991;1992) no seu triple carácter relixioso, xurídico e festivo, e mediante o contrato de foro.


Amosando na Historia de Narón a común orixe institucional do hospitium e do foro galego, ámbolos dous contratos sinalagmáticos baseados na bona fides, en outro lugar e tempo (1991, p. 141-43; 1992, p. 292-314), sinalabamos a existencia do derradeiro plenamente desenvolvido na Gallaecia celta prerromana, e vimos como a estructura do foro cunhas cláusulas ben discriminadas, permitía en caso de incumprimento, ás partes “A” e “B” envolvidas nos dereitos e nas obrigas bilaterais, exercer, cunha efemeroloxía casuística, actiones noxales.

Dixemos entón que as obrigas de “A”, patronus/locator podíanse resumir nos seguintes compromisos: a cesión de “A” a “B” do ben ou a cousa (que previamente, por derrota militar, por presión, por doazón forzada, ou vontariamente, podía ser cedida por “B” a “A”; percibir “A” de “B”o canón establecido no contrato bilateral; trazar na relación de clientela a posición de hóspede e patronus o locador “A” mediante a recepción dunha comida na casa (,31) do conductor “B”, hospedeiro, briugú e cliente, recibindo “A” en certas datas de “B” o pago duns animais; en último lugar, previse a renovación por “A” do contrato de foro na mesma liñaxe conductora de “B” ao finalizarse as tres voces e se remata con cláusulas que garanten ao locador “A” a recepción da cousa cedida a “B”.

Mentres que da parte cliente ou conductora “B” cara ao locador, patronus ou señor A” resumiamos as obrigas: comprometéndose “B” a coidar, a mellorar e a non cometer aussum ca cousa cedida en “préstamo de uso vasalático”; a pagar “B” o canón estipulado, a cumprir “B” coas funcións da Briugaid celta: dar de comer e aloxar ao señor, e ao seu séquito e bestas, unha vez ao ano cando ven cobrar as rendas [N 38;] a entregar “B” en certa data o chamado “censo” consistente nun pago anual de animais pequenos determinados (dúas galiñas, un pulum cabistrarium [capón], uns dedos de touciño, etc.); a cumprir as obrigas feudo-vasaláticas, contraídas pola parte conductora “B” trala recepción do precarium, do auxilium e do consilium, de ser “B” familiar, amiga e vasala de “A” [N 39]; de “ser axudador, mandado e obediente” e de acudir “B” ao “chamamento” [auxilium] esto é, de ir o cliente armado a defender ao seu patrón.

Concluímos sinalando que este arcaico sistema institucional de obrigas mutuas, facendo incomprensible a moitos medievalistas galegos o noso sistema feudal, aplicado de abaixo a arriba no Territorio Político, regula a relación entre o servus e o patronus,  entre o home libre e o dominus dun castro ou unha [ uilla ] [N 40].

38 Robert A Dodgshon sinala tamén esta costume en Escocia que, como en Galicia chegaría ata á Idade Moderna: “These manifest transfers of food were supplemented by further transfers between kinsman and chief via the custom of cuid oidche or hospitality. The rigth of a chief and his “household men” to a night`s hospitality from each tenant was a Widespread burdem on the latter ( Black book of Taymouth 1855: 187-9 ). Its existence is attested in some of the earliest documentation for the region” in Dodgshon, R. A: 1995, p.104.

39 Familiaritas et consilium ( Pena: 1992, pp. 297-298 ).

40 Qua propter ego Veremudus Petri[…] cupiens per videre domino nostro, Deo et monasterio Sancti Martini de Nebda et vobis dono Stephano eiusdem loci priori et fratribus ibidem deo servientibus [do]omnes meos homines quos habeo in cauto sancti Martini tam viros quam mulieres, tam minimos quam maximos, qui ad me perveniunt de parte patris mei, et de parte amici mei domini Lucii Guimarat et domine Marine, et sunt prenominati: Medium de Vermudun Belsianum et iiiiª de suos filios, Suerium Petri et filios eius, et filias. Adefonsum Froyle et medios de eius filias. Medios de filios de Cristina Pelagii. Petrum Ageit et medios ex eius filios. Adefonsi [ Vermudi]et medios eius fillios. Azendam Petri et medios eius filios. Godo Veremudi et medios eius filios. Et mediam de Godo Menendí et iiiiª de eius filios. Mediam de Iulia et iiiiª de eius filios. Muniam Suerii et medios de eius filiis. Petrus Invirnicium et medium de eius filiis quos habuit de Gontina Didaci, et media de Godo Farla. Et medium de Martinum Farla, et medios de filiis de Ero Didaci. Et medios de filiis de Froila Didaci. Pelagium Sobrinum et de eius fillis medios. Giraldum cum fillis suis. Istos homines concedo Deo et beato Martino cum omnibus hereditatibus suis et cum omnibus directuris suis, ut serviant, ipsi et onmis proienies eorum, prefato monasterio ob remedium anime mee et parentum meorum et pro iª mulam quae mihi datis in presenti eunti portugaliam, et est ad preciata ipsa mula v marcas argenti quae ad preciaverunt Gundisalvo Menendi et Rodericus Oveci et Froile Gimarat […]” Xuvia. A H N. sec. Clero. cod. 1401B [hoxe 1047 B] nº 14, fol 4 recto, regras 36-39, e folio 4 verso, regras 1 á 12. cf. A. Pena: 1992, pp. 187-194.

uilla [N 41],

41 Tal como amosa o pacto entre o abade de Oseira e os homes de Aguada acordando o pago nunha data fixa de servicios vasaláticos anuais por paso de reguengo a abadengo: “[…] quod nos in die pascuele demus monasterio Ursarie CLª panes bonos et singuli qui morati fuerint in prefacta villa singulas ollas plenas millis, videlicet, que possint capere ad minus singulas talegas, et singuli singulas scutellas bonas lagamis vel feigous, et singuli singulos cabritos vel duas gallinas. Preterea (debet) similiter unusquisque predictorum hominum semel in anno venire ad me[sem co]lliguendam [ et ad} segar et alia vice ad tricturam faciendam, id est a malar[…] ” A H N. 1512 / 6. in M. Romaní Martinez: nº 119 p.
129. cf. Pena Graña:1992, pp.174-185.

entre os domini e o principes do Territorio Político, e entre este e o conquistador, sexa o emperador (e seus representantes) de Roma, sexa o rex suevorum, sexa o [monarca Astur ou] rei de Galicia. Descoñecelo supón descoñecer tamén a realidade institucional da Galicia Medieval, éis que sobre o tributo quadragesimale Sánchez Albornoz non entendera nada, pero na súa condición de crego, o entendera perfectamente López Ferreiro:

“El tributo ó censo que se pagaba a la Igrexa (de Santiago) dentro del coto de las tres millas en virtud de la donación de D. Alfonso el Casto, era el llamado quadragesimal, que según un Privilegio otorgado por d[on] Ordoño II á la misma Iglesia en 30 de Mayo de 912, tenían que pagar en Galicia al Real Señorío todos los siervos fiscales ó del Real patrimonio restaurados ó declarados libres é ingenuos. Sicuti ceteri ex provincia Gallaeciae tributum quadragesimale peragentes huic Loco Apostolico, quod soliti sunt ad partem Dominicam peraguere. De este tributo cuadragesimal se hace también mención en la Compostelana, lib. I, cap. XCVI, p. 179. Y ¿quévenía á ser el tal tributo? D. Ordoño III, en un privilegio de 11de Noviembre de 952, aclara algo más este punto con las siguientes palabras: Persovant censum fiscalem, sicuti allia plebs commisalia.

Según esto el tributo cuadragesimal que se daba en las tierras de la Iglesia compostelana, venía a se el mismo que se pagaba en los commissos ó encomiendas á los Condes o Magnates que se tenían por Real Concesión ” […][ – en realidade o monarca por mor da Ordinatio limítase a confirmalles a posesión que, dende tempo inmemorial, iure hereditario, xa tiñan na súa familia -], “ lo que a fines del siglo XII se pagaba á los que tenían tales encomiendas, era: cada vecino, excepto los pobres, una talega de 60 puñados de trigo, otra de cebada, ocho dineros y una gallina. (v. Fueros Municipales de Santiago […], t. I, c. IX, ps. 152 y 153) , En esto, pues debía consistir poco más o menos el tributo cuadragesimal, que se pagaba en la Cuaresma, porque siendo esta la época del año en que se preparaban las expediciones militares, necesitabanlos Condes ou Comenderos allegar fondos y recursos para poder incorporarse con su respectiva mesnada á la hueste del Rey.” [N. 42]

.II- O BENEFICIUM : RECOMPENSAR CON TERRAS BASE DO SISTEMA FEUDAL [continuará?]

Escolma das páxinas 41 a 94. Este libro foi editado polo Concello de Narón. 1ª ED xullo de 2002. DL C-158/2002 Concello de Narón 105
Andrés Pena Graña
Arqueólogo

About fidalgosdenaron

André Pena, funcionario de carreira historiador, arqueólogo e arquiveiro do Concello de Narón, é doutor en arqueoloxía e historia antiga e decano do Instituto Galego de Estudos Celtas IGEC. Especializado no estudo das Relixións da Antigüidade; da Relixión Celta e a súa influencia no presente Cristián; da Mitología comparada; das Institucións Celtas e Indoeuropeas; dos Santuarios Celtas; da Orixe pagana e o presente cristián do Camiño de Santiago e de San Andrés e da Historia Antiga, Medieval e Moderna de Galiza.
Esta entrada foi publicada en HISTORIA DE NARÓN E A TERRA DE TRASANCOS. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.